El presidente de la Xunta refuerza las conexiones de Galicia con Pemex durante su visita a México

Núñez Feijóo ha asegurado que abandona el país "ciertamente optimista y confiado" en que a lo largo de los próximos meses se irá conformando "esta posibilidad de nuevos contratos". En México, ha remarcado que aprovechó para mantener una reunión a mayor nivel con la dirección general de Pemex, tanto con el director general, Emilio Lozoya, como con sus principales directivos; en primer lugar para agradecer lo ya conseguido y, en segundo término, para profundizar en más posibilidades de negocio y de construcción naval. "Más posibilidades, en definitiva, de dar empleo a los astilleros gallegos", ha remarcado, para añadir que su viaje también sirvió para constatar que "el mundo del petróleo es todo un sector económico de una enorme importancia en el mundo".
El número de plataformas y de barcos complementarios de apoyo a cada una de ellas se vincula con "todo un sector económico e industrial". "Y Galicia tiene que estar ahí, tenemos que incorporarnos y tenemos que buscar nuestro hueco en el sector del petróleo tomando como referencia Pemex como nuestro aliado estratégico".
El presidente de la Xunta ha subrayado, además, que su presencia en México permitió "profundizar" en las relaciones con el Gobierno del país, en concreto con el departamento de Desarrollo Agrario, Territorial y Urbano, que dirige Jorge Carlos Ramírez Marín. Feijóo ha puesto de relieve las necesidades de México de "seguir construyendo" más edificaciones y viviendas, y de rehabilitar espacios urbano. En este punto, ha expresado su confianza en que también las empresas gallegas puedan tomar parte de esos proyectos. "La relación con el ministro del ramo es una relación cordial y yo espero que empresas consultoras, y empresas de ingeniería y de dirección y seguimiento de obra puedan tener oportunidades, igual que empresas constructoras gallegas".
Panamá
El presidente gallego eviaja a Panamá, donde desarrolla también una agenda institucional y económica con el objetivo de "repetir el planteamiento de abrir" la economía gallega, de "seguir exportando más" y de que su balanza comercial "cada vez sea más positiva en exportaciones".
El objetivo autonómico es que la globalización de la economía gallega "no sólo sea" vender a los países de la UE sino, sobre todo, "abrirla a los países de América e intentar conseguir inversión americana, mexicana y panameña.
"Es un viaje económico e institucional y para visitar la colectividad", ha resumido el presidente gallego, quien ha recordado el "entrañable" encuentro que mantuvo con los emigrantes gallegos en México en el Centro Galego del país, en el homenaje al que fue presidente de la institución durante 12 años, Luis Piñeiro.
El conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, que acompaña a Feijóo en este viaje, ha asegurado que la Xunta sigue centrando su política económica "en el emprendimiento, en la innovación y en la internacionalización", apoyando a las empresas para "alcanzar mayor competitividad e impulsando la presencia de los empresarios gallegos" en el exterior. Conde ha defendido que esa competitividad "se tiene que plasmar en los mercados internacionales, ganando cuota de mercado y, por tanto, acercando los productos a mercados internacionales como es el caso de México o de Panamá". En este sentido, ha abogado por hacer "un esfuerzo conjunto" entre las empresas y la Administración para "ganar cuota de mercado" y para seguir "creciendo y creando empleo".
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que a viaxe que realizou a México ten servido para afondar no compromiso de construción naval entre Pemex e os estaleiros galegos, que abre a posibilidade de novas contratacións e máis traballo conxunto coa petroleira mexicana. “Teño que dicir que xa neste momento podemos confirmar que ampliamos o compromiso de construción naval entre Pemex e os estaleiros galegos e temos xa, por que non, que pensar en ampliar, sobre o xa conseguido, posibilidades de novas contratacións e de traballo conxunto”, subliñou.
Ao rematar a súa estadía en terras mexicanas para poñer rumbo a Panamá, o mandatario galego expresou a súa satisfacción polos avances acadados na viaxe, onde tivo a oportunidade de visitar as instalacións petrolíferas da multinacional. “Ímonos certamente optimistas e confiados en que isto vai poder facerse e que ao longo dos vindeiros meses iremos conformando esta posibilidade de novos contratos”, manifestou.
En México, concretou, “aproveitamos para ter unha reunión a maior nivel coa dirección xeral de Pemex, tanto co director xeral -Emilio Lozoya Austin- como cos seus principais directivos; en primeiro lugar, para agradecer o xa conseguido e, en segundo lugar, para afondar en máis posibilidades de negocio, máis posibilidades de construción naval. Máis posibilidades, en definitiva, de dar emprego aos estaleiros galegos”, remarcou.
Segundo afirmou, a viaxe serviu para constatar tamén “que o mundo do petróleo é todo un sector económico dunha enorme importancia no mundo”. O número de plataformas e de barcos complementarios e de apoio a cada unha delas, dixo, “é todo un sector económico e industrial, e Galicia ten que estar aí, temos que incorporarnos e temos que buscar o noso oco no sector do petróleo tomando neste caso como referencia a Pemex como o noso aliado estratéxico”, aseverou.
O presidente da Xunta precisou, ademais, que a súa presenza en México permitiu afondar nas relacións co Goberno do país, en concreto co departamento de Desenvolvemento Agrario, Territorial e Urbano, que dirixe Jorge Carlos Ramírez Marín.
Neste sentido, Feijóo puxo de relevo as necesidades de México de seguir construíndo máis edificacións e vivendas, e de rehabilitar espazos urbanos. E, neste punto, expresou a súa confianza en que tamén as empresas galegas poidan tomar parte deses proxectos. “A relación co ministro do ramo é unha relación cordial e eu espero que empresas consultoras, e empresas de enxeñaría e de dirección e seguimento de obra poidan ter oportunidades, igual que empresas construtoras galegas”.
O mandatario galego emprende agora viaxe cara a Panamá, onde desenvolverá tamén unha axenda institucional e económica co obxectivo de “repetir o platexamento de abrir a nosa economía, de seguir exportando máis, de que a nosa balanza comercial cada vez sexa máis positiva en exportacións e que a globalización da economía galega non só sexa vender aos países da UE senón, sobre todo, abrila aos países de América e suposto, tentar conseguir investimento americano, investimento mexicano e panameño, en Galicia”, sinalou.
Trátase, en definitiva, dixo, “dunha viaxe económica, institucional” e, tamén, dixo, unha viaxe para visitar a colectividade galega en ambos os dous países. Lembrou, así, o encontro “entrañable” que mantivo estes días cos emigrantes galegos en México no Centro Galego do país, na homenaxe ao que foi presidente da institución durante 12 anos, Luis Piñeiro. “Polo tanto, -agregou-, máis economía, máis capacidade de exportacións galegas e máis relacións entre o Goberno galego, e o Goberno mexicano e o Goberno panameño”.
Pola súa banda, o conselleiro de Economía e Industria, que acompaña ao presidente da Xunta nesta viaxe, Francisco Conde, asegurou que a Xunta segue centrando a súa política económica “no emprendemento, na innovación e na internacionalización”, apoiando ás empresas para acadar maior competitividade e impulsando a presenza dos nosos empresarios no exterior.
Precisou que esa competitividade “tense que plasmar nos mercados internacionais, gañando cota de mercado e, polo tanto, achegando os nosos produtos a mercados internacionais como é o caso de México ou de Panamá” e, neste sentido, avogou por facer “un esforzo conxunto entre as empresas e a Administración para gañar cota de mercado, e para seguir crecendo e creando emprego”.
Fotografía: Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia
R.