El presidente de la Xunta lamenta el fallecimiento del expresidente del Gobierno Adolfo Suárez

O titular da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, transmitiu o pesar e a tristeza de todo o pobo galego polo falecemento de Adolfo Suárez, “un presidente que está xa na historia de España e na memoria e no corazón de todos os españois”.
Alberto Núñez Feijóo trasladou á familia e amigos do expresidente o máis sentido pésame e o cariño de toda Galicia polo falecemento do primeiro presidente da democracia, que “logrou cambiar a historia de España”. “Despois dun pasado de enfrontamentos e desquites, Adolfo Suárez inaugura un tempo novo no que a reconciliación convértese na clave do futuro”, destacou, e engadiu que “o milagre da transición democrática leva o seu nome, e a súa herdanza fíxose máis grandiosa co paso dos anos”.
“Da súa man, os españois aprendemos a entendernos, a comprendernos e a camiñar xuntos”, subliñou. Do mesmo xeito, enxalzou a contribución do expresidente para que España recuperara a fe en si mesma. “Con Adolfo Suárez España deixa de ser no mundo sinónimo de conflito ou ditadura, para servir de exemplo a moitos pobos que desexan vivir en democracia”, aseverou.
Ao final, tras recordar os vencellos de Suárez con Galicia, o presidente galego puxo de manifesto as virtudes persoais de Adolfo Suárez como gobernante. “Adolfo Suárez uniu a súa integridade persoal e unha grandeza que se fixo patente tanto nas súas vitorias como nos seus momentos máis amargos”. “Sempre se mantivo erguido”, destacou, e concluíu que por todas esas razóns “sempre será un modelo de político e un modelo de persoa”.
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación del BNG:
O BNG traslada o seu pésame e condolencias á familia do ex presidente do Goberno español, Adolfo Suárez, tralo seu pasamento esta tarde após unha longa e cruel enfermidade. Adolfo Suárez xa pasou a historia do Estado español como habelencioso político que pilotou a Transición. De talante conciliador, soubo superar o seu pasado político e tecer os complexos equilibrios entre os sectores aperturistas do réxime franquista para ir dando pasos cara á democratización do réxime e da propia Monarquía. Con ese proceso impediuse a ruptura democrática que reivindicaba o nacionalismo de esquerdas, e que debería ter permitido a superación da monarquía e o recoñecemento das nacións catalá, vasca e galega.
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Diputación Provincial de Lugo:
A Deputación de Lugo lamenta o falecemento de Adolfo Súarez, expresidente do Goberno de España que fixo posible a transición da ditadura á democracia, e transmite o pésame ós seus familiares e amigos. O organismo provincial suspende a axenda de actos para o luns, 24 de marzo, que será día de loito oficial no país debido á morte do que foi o primeiro presidente da democracia española. A institución luguesa resalta a figura de Adolfo Suárez, que foi capaz de rachar coas ataduras do franquismo para abrir as portas á democracia en España.
Comunicado de prensa remitido por la Clínica CEMTRO de Madrid:
Adolfo Suárez González ha fallecido hoy domingo, a las 15.03 horas, en la Clínica CEMTRO de Madrid, como consecuencia del empeoramiento de su enfermedad neurológica. El primer presidente de Gobierno de la democracia ingresó en la clínica el pasado lunes por una neumonía. Aunque el proceso neumológico remitió, su enfermedad neurológica continuó avanzando hasta el final. La doctora Isabel de la Azuela ha estado a cargo del tratamiento a Adolfo Suárez, en todo momento, tanto en su domicilio familiar como en la clínica.
El doctor Pedro Guillén, fundador y jefe de los Servicios Médicos de la Clínica CEMTRO ha explicado que “ha sido un honor para Clínica CEMTRO tratar, a lo largo de estos años, a un hombre tan ilustre como Adolfo Suárez. A raíz de la amistad que le unía al fallecido Carlos Revilla, que fue político y médico eminente de esta casa, Adolfo y su familia han sido siempre tratados en la clínica con muchísimo cariño. En este último tiempo nos hemos volcado en su cuidado y hemos puesto a su disposición todos los medios posibles para tratar la afección que sufría y aliviar los síntomas que de ella se derivaban”.
Desde Clínica CEMTRO expresamos nuestro más profundo pésame a la familia.
R.