Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

El primer código ético prohíbe aceptar regalos y obsequios institucionales de más de 90 euros

El Gobierno gallego ha aprobado su primer código ético que prohíbe a los miembros del Ejecutivo, a los altos cargos, al personal eventual y a los empleados públicos aceptar "regalos", así como obsequios institucionales que superen el valor de 90 euros. Además, tener una cuenta en un país considerado "paraíso fiscal" será motivo de cese inmediato para cualquier alto cargo. Lo ha anunciado el presidente gallego, Alberto Núñez Feijóo, en la rueda de prensa posterior al Consello de la Xunta, en la que ha explicado que todos los altos cargos y personal eventual deben asumir desde "hoy mismo" los principios incluidos en este código, mientras que, en el caso de los empleados públicos, se "comunicará" para su evaluación a la Mesa de Función Pública.

Feijóo ha dado por hecho que los sindicatos estarán "básicamente" de acuerdo con los principios del código, que establece algunos matices para los empleados públicos -por ejemplo, a diferencia de los miembros del Gobierno, sí podrán percibir una remuneración por participar con una ponencia en un congreso-, de forma que se podrá aplicar en este ámbito.
Aunque inicialmente había dado a entender que sólo los funcionarios ligados a las mesas de contratación se verían afectados por el mismo, ha concretado que "afecta a todos los empleados públicos de la Comunidad", toda vez que un trabajador de estas características que no esté "en un servicio de contratación o en un tribunal" puede pasar incorporarse en cualquier momento en un proceso de este tipo.

Feijóo también ha insistido en que las empresas que contraten con la Administración deberán someterse a este código ético y, tras ser preguntado sobre como encaja en el mismo el hecho de que él cuando era líder de la oposición viajase en un vehículo prestado por Citroën y que dicha empresa pueda contratar con la Administración, ha replicado que él no aceptó "ningún coche de nadie". "Lo que aceptó el PP fue, con las mismas condiciones que otros responsables políticos en Galicia titulares de otras administraciones, la misma situación en relación a un vehículo. Exactamente igual que otros titulares de otras administraciones que siguen utilizándolo y que además me parece bien, dado que están ahorrando dinero a sus administraciones".

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

Dentro da aposta pola transparencia, o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, subliñou a aprobación, no Consello da Xunta, dun código ético da Comunidade, que fixa de forma clara e concreta os criterios de conduta e a responsabilidade das persoas que exercen funcións públicas na Administración autonómica.

“Como representantes públicos, os xestores dos cartos de todos os galegos, todas as persoas que exercemos a actividade pública e administrativa estamos obrigados ao cumprimento das leis. Pero ademais tamén debemos asegurar un comportamento ético exemplar e honorable ante lagoas ou zonas que a lei deixa a libre interpretación dos responsables públicos”, aseverou, ao que engadiu que iso é o que pretende este código ético; “orientacións claras e concretas que permitan desenvolver as obrigas legais e os principios éticos que todos asumimos como ineludibles na práctica diaria da responsabilidade política ou da responsabilidade administrativa”.

Entre os aspectos que se concretan no documento, Feijóo destacou, en relación ao correcto uso dos bens da administración, que o código detalla de forma específica e pormenorizada que todos os medios, materiais e recursos que se poñen a disposición de calquera persoa que traballe na Administración se dediquen exclusivamente para o exercicio do seu cargo e só durante o horario e o tempo que desempeñe ese cargo.

Así mesmo, o texto encárgase tamén de que non haxa ningunha marxe para que un cargo ou empregado público poida valerse da súa posición en beneficio persoal: nin no eido administrativo, por exemplo para axilizar trámites; nin no eido económico, para obter vantaxes de calquera tipo en entidades que manteñan relacións coa administración; nin no eido fiscal onde, por exemplo, será causa de cese automático e irrevogable ter aberto unha conta bancaria nun paraíso fiscal. Como terceiro aspecto global destacable cómpre salientar a decisión de prohibir o que se entende por regalos, e de regular de forma concreta e restrinxir de forma clara o que pode ser entendido como cortesía institucional.

Nesta liña, Feijóo adiantou a aprobación dunha proposta máis restritiva que a fixada para a Unión Europea a este respecto. De tal xeito que só se poderán aceptar aqueles obsequios oficiais ou de carácter diplomático que se poidan intercambiar no transcurso dun acto público ou dunha misión institucional; os conceptos pola presenza en ponencias, congresos ou actos similares de carácter científico ou cultural; e, en todo caso, deberán rexeitarse cortesías que superen os 90 euros.

No caso de que existan dúbidas, o código establece a inmediata devolución á persoa ou entidade remitente. E, cando esta sexa imposible, o servizo de inspección deberá decidir o destino final, por exemplo, para unha ONG.

Ademais destes tres puntos máis destacables, o presidente da Xunta explicou que o documento tamén detalla outros eidos “nos que xa vimos actuando desde hai tempo”: refórzanse as cautelas e as garantías nos procedementos de contratación e nos procesos selectivos de persoal, “de tal xeito que sempre que sexa posible a selección de preguntas deberá ser aleatoria”; e incorpóranse os criterios de aplicación nas viaxes oficiais ao estranxeiro que xa estaban debulladas, pero que se inclúen neste texto para que exista un único código ético.

En relación ás inauguracións, e tal e como o Goberno galego vén facendo desde 2009, o código establece ademais que as placas inaugurais de actos oficiais da Xunta non inclúan cargos do Goberno, nin ningún outro cargo da administración autonómica.

Por outra banda, establece tamén que os membros do Consello da Xunta non poderán percibir retribucións por impartir ponencias nun congreso ou noutro evento de similares características.

A modo de resumo, Feijóo incidiu en que este código ético vai máis alá do marco xurídico vixente, xa que desenvolve os principios da lexislación, amplifícaos e concrétaos para facilitar a súa aplicación na práctica diaria da actividade pública administrativa.

Así, ademais de facilitar o traballo dos empregados públicos e de reforzar a dimensión ética na adopción de decisións e no desempeño da actividade administrativa ordinaria; este documento sirve de referente para o correcto exercicio das responsabilidades públicas, co único compromiso do interese xeral.

Sobre o ámbito de aplicación, o titular da Xunta precisou que este documento será aplicable de forma inmediata aos membros de goberno, aos altos cargos e ao persoal eventual nomeado polos altos cargos e o goberno da Xunta; “e será levado tamén á Mesa de Función Pública para consultar e pedir opinión ás organizacións sindicais dado que tamén afecta aos empregados públicos”.

Así mesmo, terá que ser asumido de forma explícita por todas aquelas empresas que contraten coa Xunta: ben en notificación directa ao Rexistro de Contratistas ou ben en documentación específica en cada unha das ofertas que presenten á Administración pública.
R.