Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Desciende el tiempo medio de espera a 17.5 días, en el caso de pacientes muy graves, y a 49.5 en el de graves, en la sanidad pública gallega

Los pacientes del Servizo Galego de Saúde (Sergas) con enfermedades muy graves han registrado en el primer trimestre del año 2014 un tiempo medio de espera de 17,5 días, dos menos que hace un año y 25 menos que en 2009; mientras que la demora para los graves de prioridad II fue de 49,5 días, 20 menos que en el mismo periodo de 2013 y el "mejor dato" desde que hay registros trimestrales. Lo ha ratificado el presidente gallego, Alberto Núñez Feijóo, quien ha avanzado algunos datos de las listas de espera que se publica el 25 de abril. También ha resaltado que la actividad quirúrgica en el primer trimestre superó las 38.000 operaciones en los quirófanos del Sergas, lo que al igual que la reducción de espera para pacientes graves constituye una cifra "récord".

En la rueda de prensa posterior al Consello de la Xunta, ha subrayado que hay 25.000 gallegos menos esperando una primera consulta en los hospitales de la comunidad y ha concretado que se registra una demora media de 40,4 días, 10 menos que hace un año y 24 por debajo de la cifra computada en 2009, cuando el actual jefe del Ejecutivo entró en San Caetano. Pese a admitir la dificultad de cumplir "el cien por cien" de los objetivos fijados, Feijóo se ha mostrado satisfecho con estos datos y ha agradecido el trabajo de los profesionales, a los que ha pedido también colaboración para continuar bajando el gasto farmacéutico.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou, na rolda de prensa do Consello, a redución das listas de espera no primeiro trimestre deste ano, cunha espera media de 17,5 días para os pacientes máis graves (dous menos que hai un ano e 25 menos que en 2009) e de 49,5 nos casos graves, 20 días menos que no primeiro trimestre do ano 2013.

Se ben aínda non se cumpren os obxectivos marcados ao 100%, Feijóo recoñeceu que coa colaboración dos profesionais sanitarios se está a lograr mellorar a situación e avanzar cara aos obxectivos marcados. Nesta liña, subliñou que as actividades cirúrxicas no primeiro trimestre de 2013 superaron as 38.000 operacións nos quirófanos do Sergas, “o dato máis alto desde que hai rexistros nun trimestre”; e, sobre as esperas para primeira consulta, salientou que a media é de 40,4 días (dez menos que hai un ano e 24 días menos que en 2009).

Diante destas cifras, o responsable do Goberno galego avogou por seguir traballando e defendendo o Sistema sanitario público, dotándoo de maior racionalidade; “e para iso temos que seguir diminuíndo o gasto farmacéutico”, dixo, ao que engadiu a aposta pola tecnoloxía.

Sobre este último punto, Feijóo garantiu o compromiso da Xunta coa innovación na Sanidade; unha aposta que permite mellorar, segundo recordou, este servizo público.

Ao fío disto, destacou a sinatura dun convenio de colaboración entre o Ministerio de Sanidade, a Consellería de Sanidade e a entidade pública Red.es, cunha achega adicional de 6,6 millóns para seguir incorporando as TIC á Sanidade pública durante os anos 2014 e 2015, e co obxectivo de levar a cabo actuacións como: a implantación da receita electrónica interoperable, o despregue completo do sistema da historia clínica dixital e a mellora do sistema de identificación de usuarios, todo elo no marco do Sistema Nacional de Saúde.

Coas actuacións previstas neste convenio avánzase cara á integración da información a nivel nacional, de forma que calquera usuario poida ter garantido un seguimento completo da súa saúde en toda España, así como o acceso a medicamentos en todas as farmacias do país.

Feijóo lembrou que a aposta polas novas tecnoloxías está a permitir dar máis servizos aos profesionais, como proba a Oficina Virtual do Profesional, que permitiu unha redución de prazos en xeración de listas de contratación a tres meses, desde a inscrición ata a baremación automatizada; ou o expediente electrónico, a través do cal se rexistraron 1,5 millóns de méritos, cunha media diaria de accesos de máis de 7.000.

Outras das vantaxes que ofrecen as novas tecnoloxías son a Formación non Presencial, a través da plataforma de tele-formación Mestre, á que accederon máis de 30.000 persoas durante 2013, que se repartiron entre os 113 cursos dispoñibles.

Así mesmo, afondar na innovación está a dar máis facilidades aos usuarios que contan cun total de 16 servizos públicos sanitarios a través de internet. Os cidadáns poden realizar diversos trámites, relacionados coa tarxeta sanitaria, a solicitude de cita previa, o acceso á historia clínica, a subscrición a noticias e recordatorios de citas, o servizo de suxerencias, queixas e reclamacións etc.

Feijóo precisou que toda a poboación galega pode acceder ao sistema unificado de petición telefónica de cita previa, ao que engadiu que “o 10,5% das citas previas para os centros de saúde, é dicir, máis de tres millóns de citas, son tramitadas xa a través da páxina web do Sergas”. Tamén durante o ano 2013 tramitáronse case o 49% das citas procedentes dos centros de saúde concertadas telematicamente cos hospitais.

Ademais, a prescrición electrónica acadou o 97,5% e o 100% da dispensación é xa electrónica. Grazas á e-receita desde 2009 diminuíron en 3,3 millóns o número de consultas administrativas nos centros de saúde.

Por último, o presidente da Xunta subliñou tamén que, cada día, os profesionais realizan 162.000 accesos a historias clínicas e imaxe dixital, efectúan 340.000 dispensacións electrónicas e escriben 100.000 anotacións nos sistemas das historias clínicas do Sergas.

Durante o 2013 realizáronse máis de 35 millóns de accesos á historia clínica electrónica. E a imaxe dixital está presente no 100% dos centros de saúde, ata o punto de que o 96,4% da imaxe médica xerada no Sergas é dixital.
R.