Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

El Gobierno gallego decide revisar al alza su previsión de crecimiento en 2014 e incrementarla en cuatro décimas, hasta el 1.2% del PIB

La Xunta de Galicia ha mejorado cuatro décimas su previsión de crecimiento para la economía gallega en el ejercicio de 2014, hasta el 1,2% del Producto Interior Bruto (PIB), a tenor de las revisiones realizadas por organismos nacionales e internacionales. Así lo ha avanzado en el pleno del Parlamento la conselleira de Facenda, Elena Muñoz, quien ha valorado que en la Comunidad, además, "se está creando empleo por primera vez desde que comenzó la crisis", de acuerdo con las cifras publicadas esta misma jornada por el Ministerio de Empleo, relativas al paro registrado y a la afiliación a la Seguridad Social.

En una comparecencia a petición propia para exponer los resultados del objetivo de estabilidad presupuestaria de 2013, que la Comunidad gallega cumplió al cerrar en un 1,1%, Muñoz ha augurado que, gracias "al trabajo realizado" por el Gobierno autonómico, no serán necesarios "mayores ajustes" para volver a ceñirse a los límites marcados por el Ejecutivo estatal (1% para 2014)

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A conselleira de Facenda, Elena Muñoz Fonteriz, anunciou no Parlamento que a Xunta prevé que o PIB galego medre un 1,2% no actual exercicio, catro décimas máis que o estimado inicialmente nos Orzamentos para 2014, mentres que a previsión de consenso para o PIB español sitúa o seu crecemento no 1,1%.

Nunha comparecencia a petición propia para informar sobre o cumprimento do obxectivo de estabilidade orzamentaria en 2013, Muñoz Fonteriz recordou que os orzamentos vixentes
–presentados o pasado mes de outubro- incluíron unhas previsións “moi prudentes”, e que nos últimos meses se constatou unha mellora das previsións de España e de Galicia.

É por isto que o Instituto Galego de Estatística (IGE) prevé un crecemento do PIB galego do 1,2% neste exercicio –fronte ao 0,8% estimado inicialmente-, unha décima por riba do previsto para o conxunto de España (1,1%). O crecemento “será de novo maior en Galicia, co cal a comunidade tal e como fixo nestes últimos anos seguirá converxendo co Estado”, sinalou a conselleira.

Na súa intervención, Elena Muñoz Fonteriz lembrou que Galicia xa tivo en 2013 un mellor comportamento económico que a media de comunidades, e puxo en valor que Galicia foi quen de ter unha mellor evolución do PIB nos últimos anos ao tempo que reduciu o seu déficit público máis que o conxunto das autonomías. En concreto, o seu déficit en 2013 situouse no 1,1%, unha décima menos que o límite autorizado polo Consejo de Política Fiscal y Financiera (CPFF) e catro décimas menor que a media de comunidades.

A conselleira explicou que en 2013 Galicia seguiu comportándose mellor que o resto de comunidades, priorizou de novo o gasto social e a prestación do servizos públicos, e mantivo o maior esforzo investidor posible e a súa autonomía financeira. Tamén lembrou que esas eran precisamente as prioridades fixadas na presentación dos Orzamentos do pasado ano, o que demostra que “en 2013 cumprimos co comprometido”, recalcou.

De feito, os tres departamentos que aglutinan o gasto social (as consellerías de Sanidade, Cultura e Educación e Traballo e Benestar) tiveron unha execución por un importe total superior aos 6.500 millóns de euros, cumprindo así o obxectivo de que algo máis de 3 de cada 4 euros do orzamento fosen para gasto social. Esta porcentaxe estase a incrementar ano tras ano dende 2009, e xa supón case 10 puntos máis que hai cinco anos.

Muñoz Fonteriz enmarcou esta mellor evolución da economía galega no traballo feito dende 2009 a prol da estabilidade orzamentaria e a consolidación fiscal. É por isto que Galicia terá que facer este ano "un esforzo catro veces menor que a media", xa que só terá que reducir o seu déficit unha décima, ata o 1% do PIB. "Os feitos dannos a razón e, grazas a este rigor, estamos entre as tres comunidades que sufriu con menor virulencia a crise ", destacou.

Na súa comparecencia parlamentaria, a conselleira salientou igualmente que Galicia foi unha das dúas comunidades que logrou en 2013 aforro bruto positivo. En concreto, pechou o exercicio cun aforro de algo máis de 70 millóns de euros, sendo a primeira vez que se acada dende o exercicio 2009.

Ademais, destacou que Galicia liderou en 2013 algúns indicadores económicos en España, coma o Índice de Produción Industrial ou o comercio exterior. As exportacións medraron na Comunidade galega un 11,7%, máis do dobre que a media estatal, e superaron os 18.400 millóns de euros. "Tanto as exportacións como a balanza comercial galega en 2013 foron as máis altas da historia da comunidade", subliñou.

A titular de Facenda informou asi mesmo da execución do Orzamento da Xunta no exercicio 2013. Galicia sitouse como a segunda comunidade autónoma cun maior esforzo investidor, case o dobre que a media. Ademais, foi a terceira comunidade cun maior investimento por habitante, de forma que por cada euro de medio que se investiu, en Galicia ampliouse a 1,87 euros.

Tamén explicou que este alto nivel de execución foi acompañado de elevados niveis de pagamentos das obrigas. O nivel de pagos en Galicia superou o pasado ano o 81%, 14 puntos máis que o conxunto das autonomías.

En canto á execución, a Xunta acadou en 2013 unha porcentaxe de execución do gasto non financeiro do 100,3% do seu orzamento inicial, catro puntos máis que en 2012 e 2,6 puntos máis que a media de comunidades neste exercicio. Pola súa banda, o orzamento de ingresos de 2013 tivo unha execución do 101,2%, rexistrando máis ingresos que no exercicio anterior pola maior achega do sistema de financiamento e por unha mellor xestión dos fondos comunitarios.

R.