Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

La Xunta apuesta por las gasolineras independientes para que bajen los precios

El Gobierno gallego simplificará los trámites para la apertura de las nuevas estaciones de servicio en la comunidad, que podrán obtener la licencia en unos seis meses frente a los 18 de media que hasta ahora duraba el procedimiento. Para lograrlo, los informes requeridos para la tramitación se gestionarán mediante una "ventanilla única" de Industria; además se impulsará la instalación de gasolineras independientes. El objetivo de estas iniciativas, que se concretarán a través de un proyecto de decreto del que han informado este jueves el presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, y la titular de Facenda, Elena Muñoz, es favorecer el incremento de la "competencia" en la comunidad y bajar los precios.

Este paso llega tras ratificar un informe del Consello Galego de Competencia que "hay un problema" en Galicia, que encabeza, junto con Balerares, el ránking estatal de precios "más altos" de combustible antes de impuestos "sin una razón objetiva" y pese a tener una refinería en su territorio. El precio medio del litro de gasóleo de automoción sin tributos es 2,4 céntimos superior que la media española. Dicho informe confirma que los "problemas de competencia existentes" en el mercado español "se agudizan en Galicia" al existir un nivel de concentración del mercado minorista once puntos superior a la media estatal, lo que afecta a la economía y familias de la comunidad, sometidas a un precio más elevado.

Feijóo ya había avanzado que se adoptarían medidas recientemente, tras denunciar que las grandes operadoras pactan los precios. Este jueves, la titular de Facenda ha ratificado que la Administración gallega reforzará el control sobre los contratos de suministro para certificar que están adaptados al nuevo marco legal, y para que ningún operador supere el 30 por ciento de la cuota de mercado por provincia. Así, quedarían salvaguardados los intereses de las gasolineras independientes garantizando que "ninguna empresa tenga una posición de dominio".

Al margen de simplificar la tramitación para nuevas estaciones de servicio, la Xunta tomará medidas para facilitar la creación de suelo destinado a la instalación de gasolineras, específicamente en carreteras autonómicas y en polígonos industriales, y favorecerá la implantación de estos establecimientos en centros comerciales e hipermercados. Y es que el informe constata que las estaciones de servicio independientes, especialmente las ligadas a hipermercados, ofertan precios más bajos, pero estas tienen en la actualidad "menos peso" en Galicia que en el conjunto del Estado. También se reforzarán los criterios de competencia en los procedimientos de concesión o autorización de estaciones de servicio, "ponderando de forma favorable y con un peso significativo" que la empresa solicitante no esté presente en el término municipal o en el tramo de carretera próximo a la gasolinera.

El Consello Galego de Competencia impugnará los actos y disposiciones de las administraciones públicas que supongan "obstáculos" a la apertura de nuevas estaciones de servicio, dado que las autoridades de competencia están facultadas para "impugnar los actos y disposiciones" con rango inferior al de ley "que resulten contrarios a la libre competencia". También ha recomendado que las estaciones de servicio independientes pongan en marcha una central de compras, ya que entre sus "principales problemas" está su falta de poder negociador para firmar contratos de abastecimiento de combustible. Frente a ello, una central de compras permitiría a las estaciones de servicio abastecerse "en mejores condiciones", lo que les dejaría "un mayor margen" para competir en precios. Además, Feijóo y Muñoz se han comprometido a "mejorar" la información a los consumidores sobre los precios en las estaciones de servicios más cercanas.

La Xunta ha concretado que Feijóo remitió una carta en la que explica al presidente de la Comisión Nacional de los Mercados y la Competencia que el Gobierno gallego está siguiendo "con especial atención" el expediente sancionador abierto a varias distribuidoras por posibles prácticas "restrictivas" de la competencia. Igualmente, el mandatario autonómico se ha puesto a su disposición para "colaborar" en el desarrollo de este expediente para que se resuelva de forma satisfactoria.

En cuanto a las medidas para paliar la concentración que la Xunta había intentado adoptar en la pasada legislatura pero que finalmente fueron frenadas por afectar a competencias estatales, Muñoz ha explicado que el año pasado el Gobierno aprobó un decreto que permite "el desarrollo normativo" de las comunidades. Con este "desarrollo normativo" ha vinculado las medidas presentadas este jueves. "Somos de las primeras comunidades en dar este paso. Cuando pudimos actuar, actuamos".

El precio medio del gasóleo de automoción antes de impuestos se situó en el mes de abril en 74,7 céntimos por litro en Galicia, es decir, 2,4 céntimos por encima de la media de España, y muy por encima del coste que tiene en países como Portugal, Francia y Alemania. Además, la comunidad ya era en diciembre de 2013 la autonomía con el gasóleo sin impuestos más caro de España. Al cierre del año, el precio medio del litro antes de impuestos era 1,4 céntimos más caro que en diciembre de 2012, la mayor subida de toda España y el doble que la media española (0,6 céntimos) en este periodo.

El Gobierno gallego, en base al informe del Consello Galego de Competencia, ha concluido que esta situación se debe a la falta de competencia en un sector en el que tanto la capacidad de refinado, como logística y distribución se concentran básicamente en tres operadoras. Es más, Muñoz ha destacado que las cuatro provincias gallegas presentan un índice de concentración de estaciones pertenecientes a grandes grupos de distribución superior a la media, por lo que el Ejecutivo de Feijóo entiende que el descenso del precio pasa necesariamente por elevar los niveles de competencia en el mercado y apostar por las gasolineras independientes.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A Xunta de Galicia vai levar a cabo medidas para elevar a competencia na venda retallista de combustibles de automoción e reducir os prezos, logo de constatar que Galicia é a comunidade co prezo do litro de gasóleo antes de impostos máis elevado da Península. Estas actuacións responden ás recomendacións que establece o Consello Galego da Competencia (CGC), e que se recollen nun informe que presentou ao Consello da Xunta a conselleira de Facenda, Elena Muñoz Fonteriz.

O informe do CGC confirma que os problemas de competencia existentes no mercado español agudízanse en Galicia ao existir un nivel de concentración no mercado minorista 11 puntos superior á media estatal. É por isto que o descenso do prezo dos carburantes de automoción pasa necesariamente por incrementar a competencia no mercado, elevando o número de estacións independentes e de hipermercados.

Entre as actuacións que levará a cabo a Xunta –dentro da marxe de manobra que teñen as administracións autonómicas neste eido– figura a simplificación de trámites administrativos. Así, a Xunta iniciou hoxe a tramitación dun decreto da Consellería de Economía e Industria que permitirá crear unha xanela única para a apertura de novas gasolineiras.

Este decreto establece un procedemento integrado que rebaixará o tempo de tramitación dos proxectos a un máximo de 6 meses, o que axilizará a posta en marcha de novos proxectos e suporá un efecto dinamizador nas economías locais.

Ademais, a Administración galega reforzará o control sobre os contratos de subministración para certificar que están adaptados ao novo marco legal, e para que ningún operador supere o 30% da cuota de mercado por provincia. Deste xeito salvagárdanse os intereses das gasolineiras independentes garantindo que ningunha empresa teña unha posición de dominio.

Tamén se adoptarán medidas para facilitar a creación de solo destinado á instalación de estacións de servizo, especificamente en estradas autonómicas e en polígonos industriais, e facilitará a implantación destes establecementos en centros comerciais e hipermercados. O informe constata que as estacións de servizo independentes, especialmente as ligadas a hipermercados, ofertan prezos máis baixos, pero estas teñen na actualidade un peso menor en Galicia que no conxunto do Estado.

Ao mesmo tempo, a Administración galega reforzará os criterios de competencia nos procedementos de concesión ou autorización de estacións de servizo, ponderando de forma favorable e cun peso significativo que a empresa solicitante non estea presente no termo municipal ou no tramo de estrada próximo á gasolineira.

O Consello Galego de Competencia impugnará os actos e disposicións das administracións públicas que supoñan obstáculos á apertura de novas estacións de servizo, dado que as autoridades de competencia están facultadas para impugnar os actos e disposicións con rango inferior ao de Lei que resulten contrarios á libre competencia.

Finalmente, o Consello Galego da Competencia recomenda tamén que as estacións de servizo independentes poñan en marcha unha central de xestión de compras, xa que un dos principais problemas cos que se atopan estes establecementos é a súa falta de poder negociador á hora de asinar contratos de abastecemento de combustible. Unha central de xestión de compras permitiría ás estacións de servizo abastecerse en mellores condicións, o que lles deixaría unha maior marxe para competir en prezos.

Ademais, este organismo tamén recomenda potenciar a información aos consumidores sobre os prezos nas estacións de servizos máis cercanas.

Ademais de levar a cabo actuacións dentro da súa marxe de manobra, a Xunta dirixiuse xa á Comisión Nacional de los Mercados y la Competencia (CNMC) para trasladarlle a súa preocupación polo feito de que Galicia estea entre as comunidades co prezos do gasóleo antes de impostos máis elevados da Península.

A través dunha carta, o titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, explicoulle ao presidente deste organismo que o Goberno galego está seguindo con especial atención o expediente sancionador aberto pola CNMC a varias empresas distribuídoras por posibles prácticas restritivas da competencia, e púxose a súa disposición para colaborar no desenvolvemento deste expediente para que se resolva satisfactoriamente.

O prezo medio do gasóleo de automoción sen tributos en Galicia situouse no mes de abril en 74,7 céntimos/litro, o que supón 2,4 céntimos máis que a media española. Galicia ten polo tanto o prezo do gasóleo sen impostos máis alto da Península, a pesar de que a tributación na Comunidade galega é a mesma que se aplica na actualidade en preto do 85% do territorio español.

Ademais, a Comunidade galega xa era en decembro de 2013 a autonomía co gasóleo sen impostos máis caro de España. Ao peche do ano o prezo medio do litro de gasóleo antes de impostos era 1,4 céntimos máis caro que en decembro de 2012, a maior suba de toda España e o dobre que a media española (0,6 céntimos) neste período.

O informe do Consello Galego de Competencia relaciona este feito co maior nivel de concentración do mercado que hai en Galicia respecto ao resto de España. De feito, as catro provincias galegas presentan un índice de concentración de estacións pertencentes a grandes grupos de distribución superior á media. É por isto que o descenso de prezo pasa necesariamente por elevar os niveis de competencia no mercado.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

Logo de coñecer o informe definitivo do Consello Galego da Competencia ao respecto dos prezos do gasóleo na Comunidade autónoma, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, adiantou o impulso dunha batería de medidas para tentar elevar a competencia na venda retallista de combustible e baixar os prezos.

Durante a rolda de prensa do Consello, Feijóo subliñou que o informe confirma que os problemas de competencia existentes no mercado español se agudizan en Galicia, ao existir un nivel de concentración no mercado minorista 11 puntos superior á media estatal. E isto se traduce en que os galegos soportamos os prezos do gasóleo máis elevados de España antes de impostos.

Sobre este segundo aspecto, o prezo medio do gasóleo sen tributos en Galicia sitúase 2,4 céntimos máis por litro que a media española. E, ao peche do pasado exercicio 2013, o prezo medio do litro do gasóleo antes de impostos era 1,4 céntimos máis caro que en decembro de 2012, a maior suba de toda España e o dobre que a media española.

Ante esta situación, incidiu en que o Goberno galego impulsará unha serie de medidas: tanto reiterando ante os órganos competentes que avalíen esta situación e actúen; como actuando directamente dentro da marxe de manobra que a Xunta ten, para elevar a competencia e baixar os prezos do gasóleo en Galicia, actuando no ámbito dos operadores.

No tocante ás medidas directas, Feijóo afirmou que a Xunta actuará nunha dobre dirección: máis facilidades para a apertura de estacións de servizo independentes, que ofertan prezos máis baixos dos que teñen o resto das gasolineiras; e, en segundo lugar, reforzando o control nos contratos de subministración e os criterios de competencia nas licitacións.

Máis polo miúdo, destacou a simplificación de trámites administrativos para abrir unha estación de servizo, co visto e prace hoxe dun proxecto de decreto que permitirá a creación dunha xanela única para a apertura de novas gasolineiras.

Este decreto establece un procedemento integrado que rebaixará o tempo de tramitación dos proxectos a un máximo de 6 meses.

Así mesmo, facilitarase a creación de solo específico para novas gasolineiras; promoverase a apertura das gasolineiras nos centros comerciais (non en van Galicia é unha das comunidades autónomas con menor ratio de gasolineiras en centros comerciais); e á hora da concesión ou autorización ponderarase de forma favorable e cun peso significativo que a empresa solicitante non estea presente na zona onde queira instalarse.

“E imos dar máis facilidades para unha maior competitividade para que ningún operador supere o 30% da cota de mercado por provincia”, engadiu.

Así mesmo, e tal e como xa anunciara hai unhas semanas, Feijóo lembrou que o Goberno galego puxo este asunto en coñecemento da Comisión Nacional de Competencia para que o investigue e actúe en consecuencia. “Transmitímoslles o noso desacordo con esta situación e que na nosa opinión teñen que actuar, investigar, inspeccionar e tomar decisións dado que son o único órgano competente desde o punto de vista legal para actuar”, afirmou.

Consciente de que solucionar esta situación non depende exclusivamente do Goberno galego, Feijóo apelou á vontade dos operadores “para poñer o prezo do gasóleo como mínimo na media do resto de España”.

Pola súa parte, a conselleira de Facenda, Elena Muñoz Fonteriz, sinalou que Galicia ten “un problema de competencia” no sector da venta retallista de combustible de automoción, e advertiu de que esta situación “está afectando aos galegos e tamén está afectando á competitividade da nosa economía”.

É por iso que a Xunta adopta “medidas concretas” que van na liña das recomendacións efectuadas polo Consello Galego da Competencia. Estas actuacións enmárcanse “no eido normativo, administrativo, técnico e no da competencia”, detallou a titular de Facenda.
R.