La Xunta relanzará la etiqueta de Galicia Calidade como imagen global de la economía gallega
Feijóo asegura que el Gobierno diseñará una estrategia para relanzarla -en el exterior a través de Galicia Quality- con el fin de unificar en Galicia Calidade el resto de sellos que destacan el valor de productos agroalimentarios, entre otros, de la comunidad o servicios turísticos. Como ejemplo, ha señalado que a los que ya tengan distinciones como las 33 denominaciones de origen, las indicaciones geográficas protegidas o los establecimientos con la 'Q' de calidad se les facilitará la adhesión y se potenciará que otros nuevos cumplan los requisitos.
La marca Galicia Calidade será, así, un instrumento "único" que emplearán todos los departamentos de la Xunta en sus acciones promocionales de la economía y que estará al servicio de los agentes económicos de la comunidad, clústers, cámaras de comercio, organizaciones sectoriales y sellos de calidad. Según Feijóo, esta iniciativa aportará "muchos beneficios", entre los que ha destacado sobre todo que evitará "las duplicidades" de acción, al permitir concentrar en una sola las distintas iniciativas puestas en marcha desde distintos ámbitos, para acreditar la diferenciación y la calidad de los productos y servicios hechos en Galicia. "Vamos a concentrar nuestra presencia en el resto del país y, sobre todo, internacionalmente en un único sello", ha remarcado el presidente, convencido de que esta "globalización" incrementará la capacidad de negociación con los canales de distribución y "añadirá valor" al sello porque da a la comunidad "visibilidad económica en el mundo". "Galicia tiene que estar unida a la calidad, tenemos esa marca consolidada y tenemos que actualizarla, replantearla y hacer un trabajo útil para ponerla en valor".
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou na rolda de prensa do Consello o impulso dunha estratexia para o relanzamento da marca Galicia Calidade co obxectivo de convertela na imaxe global da economía galega. O mandatario autonómico sinalou que se trata dun novo plantexamento para reforzar esta marca centrado na calidade e na diferenciación como claves para incrementar as posibilidades das empresas e dos produtos galegos no exterior.
Feijóo subliñou que Galicia conta cunha gran vantaxe para poder destacarse, que é a de contar cunha marca consolidada, coñecida e de recoñecido prestixio, como se ten acreditado nos máis de 20 anos de historia. “Contamos cun instrumento pensado precisamente para que os produtos feitos en Galicia se recoñezan por unha das súas características máis salientables, que é a calidade”, un instrumento, agregou, que ten demostrado ao longo das últimas décadas a súa eficacia e utilidade.
Nesta liña, resaltou que coa posta en marcha desta estratexia global poderán acollerse baixo o paraugas de Galicia Calidade todos os produtos e servizos que conten cunha calidade certificada, porque esta marca, explicou, será tamén un instrumento único para a Xunta, xa que todos os departamentos do Executivo, como Economía e Industria, Medio Rural ou Turismo, o empregarán en todas as súas accións promocionais da economía de Galicia. De igual xeito, subliñou que será tamén un instrumento ao servizo dos axentes económicos da comunidade como clústers, cámaras de comercio, organizacións sectoriais e doutros selos de calidade.
No tocante as principais liñas de actuación, o titular da Xunta referiuse a dúas: a promoción e a certificación.
No eido da promoción, insistiu en que o obxectivo é buscar que a imaxe de Galicia Calidade sexa a marca global e única da economía de Galicia, incrementando deste xeito o seu impacto nas principais feiras nacionais e internacionais, e nas distintas misións comerciais. É dicir, que os distintos axentes acudan sempre baixo o amparo deste selo como paraugas que agrupa a todos os produtos e servizos de calidade certificada.
Para acadar este fin, Feijóo destacou a necesidade de facer un esforzo de unidade tamén no segundo piar: a certificación. E, neste sentido, avanzou que con esta estratexia estenderanse as posibilidades para integrarse dentro do selo Galicia Calidade.
Así, por exemplo, no caso dos produtos agroalimentarios ou do mar, daranse máis facilidades para o acceso dos que xa contan cunha certificación de calidade, como poden ser: as 33 denominacións de orixe ou indicacións xeográficas protexidas, a agricultura ecolóxica, ou marcas de calidade de peixe. E, no caso das empresas do sector servizos, tamén se facilitará a integración baixo esta marca das empresas que contan cun selo de calidade internacionalmente admitidos, como pode ser nos establecementos turísticos a Q de calidade ou a ISO.
Así mesmo, asegurou que se reforzará a estratexia para que produtos ou servizos que non forman parte nin de Galicia Calidade nin doutros selos de certificación poidan incorporarse acreditando os requisitos necesarios.
Segundo Feijóo, esta iniciativa achegará moitos beneficios entre os que destacou, fundamentalmente, que evitará as duplicidades de acción, ao permitir concentrar nunha soa as distintas iniciativas postas en marcha, desde distintos eidos, para acreditar a diferenciación e a calidade dos produtos e dos servizos feitos en Galicia. “Imos concentrar a nosa presenza no resto do país e, sobre todo, internacionalmente nun único selo”, incidiu.
Ademais, salientou que incrementará a capacidade de negociación cos canais de distribución e engadirá valor ao selo de Galicia Calidade porque, segundo subliñou, “nos dá visibilidade económica no mundo”. “Galicia ten que estar unida á calidade, temos esa marca consolidada e temos que actualizala, replantexala a facer un traballo útil para poñela en valor”, dixo.
Feijóo asegurou que a nova estratexia “permitirá, en suma, que todos traballemos con unidade de acción” para que cando se fale de Galicia en termos económicos se fale de calidade dos nosos produtos ou servizos. “Son os emprendedores e os traballadores os que trasladan a confianza no sector económico de Galicia, e o nome dese bo facer de Galicia é o nome de calidade”, concluíu.
R.