El secretario general del PSdeG intentará que Galicia esté en el proyecto de Pedro Sánchez

"Hoy es el día de que el secretario general descanse, es el candidato más votado, y queda tiempo para pensar en eso", ha manifestado, en declaraciones a los medios, Gómez Besteiro, quien aguarda un congreso de "unidad" para ratificar a Pedro Sánchez y que se "configure un alternativa de gobierno de lo que no quieren los socialistas", que son "las políticas de la derecha y del PP que tanto daño hacen en España y Europa".
Para Besteiro, el objetivo "prioritario" va a ser "contribuir a que sea un congreso fuerte", y ha incidido en que "hoy es el día" de "analizar que las primaras no tienen marcha atrás" (en referencia a este tipo de procesos para la elección de cargos, como ocurrió en su caso también) y de observar que los socialistas consiguieron "un magnífico resultado y participación", ya que, pese a ser un domingo de julio, la gente "acudió a votar".
Nota de prensa del PSdeG:
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, mostrouse moi satisfeito do proceso de primarias do partido socialista, do que dixo “non é a fin dun camiño, senón o comezo para que o PSOE volva TER responsabilidades de goberno e para cambiar a vida dos cidadáns e da maioría social que tan mal o está a pasar coas políticas da dereita”. Besteiro compartiu as palabras do futuro secretario xeral dos socialistas, Pedro Sánchez, para traballar nun proxecto “en positivo, en clave de unidade e de fortaleza”.
“Creo que pensa en facer unha executiva forte, e apoiaremos para que Galicia e os problemas dos galegos estean presentes nese proxecto. Galicia vai contribuír para un Congreso de unidade”, do que “o PSOE saia máis forte e que se configure como unha alternativa de goberno ante o que non queremos, e o que non queremos son as políticas da dereita, que tanto dano están a facer á xente en Galicia, en España e en Europa”, afirmou Gómez Besteiro.
O socialista destacou a gran participación, aínda máis alta en Galicia que no resto de España –tres puntos máis con case un 69% de participación-, e destacou o traslado do método “a la gallega” e que a militancia galega é a única que xa tiña experiencia no proceso. “Ese exercicio que se está facendo por segunda vez, participar nunhas primarias libres, abertas e democráticas, ten un efecto positivo na participación dos militantes”, destacou.
Besteiro felicitou a Eduardo Madina e a Pérez Tapias, que fixeron “unha magnífica campaña, estiveron en Galicia, contaron o seu programa falaron do futuro do PSOE”, e trasladoulle a súa felicitación a Pedro Sánchez, “porque obtivo un moi bo resultado e creo que ademais o mellor resultado aínda o consigue despois do proceso electoral, nas súas primeiras palabras como candidato gañador, nas que fai un chamamento á unidade e reflicte moi ben o que cremos moitos socialistas; que a primarias non son un fin en si mesmo senón un instrumento para pomelo ao servizo dun partido pero sobre todo dunha sociedade”. Así o secretario xeral do PSdeG insistiu: “Todo o que estamos facendo internamente vai dirixido a volver a situar os problemas da maioría social deste país no centro de todas as decisións, esa maioría social que tan mal o está pasando e para a que o PSOE ten tanto que dicir e que aportar en España e en Galicia”.
“Vexo o futuro do PSOE francamente ben, quero ser construtivo e positivo, vou traballar para que o PSOE que sae deste proceso sexa un partido máis forte, creo que hai un relevo xeracional absolutamente natural, sen ruptura pero cunha nova xeración que está chamada a liderar este partido dunha forma natural, que é o que máis me satisface, e creo que iso vai contribuír a que o PSOE volva ocupar a posición central que ten”, afirmou.
Así mesmo, destacou “que case un 70% da militancia votase”, o que “quere dicir que os agoreiros que dicían que non ía haber participación se equivocaron”, que o feito de que “aqueles outros partidos como o que nos goberna en Galicia non afronten un proceso libre, decidido e democrático de votación dos seus militantes” significa “que lle teñen medo á participación”.
Besteiro destacou o “gran éxito da militancia en Galicia e en España” e afirmou que “unha participación do 70% quere dicir que os militantes están con este proceso e que non hai volta atrás, absolutamente. É o que quere a militancia e o que quere a sociedade, ser escoitada. Indícalles a outros partidos o que deben facer, falar menos de rexeneración e de cuestións meramente formais e entrar no fondo dos asuntos”.
Fotografía: https://www.flickr.com/photos/psdeg-psoe/14651683492/in/photostream/
R.