Galicia califica de grave el problema del envejecimiento poblacional y pide que se utilicen fondos europeos para frenarlo

De lo que se trataría, ha explicado el presidente gallego, es de "focalizar los fondos para atajar un problema que se está extendiendo como una mancha de aceite constantemente, que es que los europeos cada año somos más viejos". En este sentido, ha resaltado que Europa es "el territorio más envejecido del mundo", ya que la edad media en la UE es de más de 40 años, en Alemania de 44 años y en Galicia de 45 años. "Es evidente que con el envejecimiento de la población hay mucho más gasto social, más gasto sanitario, más gasto en servicios sociales", ha resaltado Feijóo, y además "una disminución de la capacidad de generar ingresos" debido a la disminución de la población activa.
Durante el periodo presupuestario 2014-2020, Galicia invertirá la mayor parte de los fondos europeos "ya no para hacer infraestructuras, sino para hacer hincapié en la consecución de los objetivos básicos, que son el crecimiento y el empleo". Para ello, los "cuatro vectores fundamentales" en los que se concentrarán los fondos son, según ha explicado Feijóo, la innovación, la tecnología, el apoyo a la pymes y también el medio ambiente. El presidente gallego ha garantizado que en los presupuestos para 2015 habrá dinero suficiente para cofinanciar los proyectos que reciban fondos europeos, a los que Galicia debe aportar el 20% del coste total. "En el anteproyecto de presupuestos en el que ya estamos trabajando, la cofinanciación de todos los fondos europeos quedará garantizada".
Feijóo ha sostenido que para la "modernización" de Galicia ha sido "clave" la política de cohesión de la UE, gracias a la cual ha recibido 19.000 millones de euros entre 1996 y 2013. Con estos fondos, invertidos básicamente en infraestructuras, Galicia ha crecido medio punto extra del PIB cada año y tres décimas más durante el último periodo y ha creado aproximadamente 18.000 empleos, según los datos señalados por el presidente. "Galicia era uno de los territorios más aislados de Europa y hoy, desde el punto de vista de vías de alta capacidad, de carreteras, de redes de saneamiento y abastecimiento de aguas y también desde el punto de vista de plataformas logísticas, de polígonos industriales, de instalaciones portuarias, es una región europea que está por encima de la media del resto de regiones europeas", ha subrayado el presidente de la Xunta. "Hemos sido una de las regiones que mejor ha gestionado los fondos durante todo su periodo de vigencia".
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
O presidente da Xunta propuxo, durante a súa participación en Bruxelas, no VI Foro da Cohesión “Promoción do desenvolvemento e o bo goberno nas rexións e cidades da UE”, que os factores demográficos como o envellecemento teñan un maior peso “neste período e na próxima programación de fondos europeos”.
“Ademais dos retos económicos, de crecemento e emprego, Europa ten que enfrontarse ao reto demográfico. Europa é hoxe o territorio más envellecido do mundo, cunha idade media superior aos 40 anos, sendo a idade media dun alemán, por exemplo, superior aos 44 anos”, aseverou. Incidiu en que cun envellecemento da poboación hai moito máis gasto social, máis gasto sanitario e máis gasto en servizos sociais, o que supón unha diminución da capacidade de xerar ingresos, “posto que unha poboación envellecida consume moita máis sanidade, máis servizos sociais e máis pensións”.
Nesta liña, tras destacar que os graves problemas de envellecemento da poboación afectan a rexións de diferentes países de Europa como Francia, Alemaña, Dinamarca, Irlanda e España, Feijóo lembrou que o País Vasco e Galicia están dentro dun grupo de rexións que están a estudar o envellecemento da poboación en Europa. “Estamos a facer unha serie de propostas para dinamizar o medio rural, para plantexar unha vida saudable e buscar crecemento a través do emprego. En definitiva, focalizar os fondos para atallar un problema que se está a estender como unha mancha de aceite que é que os europeos cada ano somos máis vellos, cun número de nacementos en relación co número de mortes invertido. E, unha pirámide de poboación invertida non é futuro e Europa ten que seguir sendo un lugar de futuro”, manifestou ao respecto.
Cofinanciamento “garantido” nos Orzamentos de 2015
O mandatario galego tamén avanzou que no anteproxecto de Orzamentos no que está a traballar a Xunta para o vindeiro ano, 2015, “o cofinanciamento de todos os fondos europeos quedará garantido”. A este respecto, lembrou que Galicia mantivo algo que, recoñeceu, “non foi fácil”: a posibilidade de cofinanciar cada proxecto cun 80% de fondos europeos o que, segundo explicou, “soamente se deixa ás rexións que non chegaron ao 90% de renda per cápita”. “No noso caso estamos por enriba desa porcentaxe, sen embargo, mantemos ese privilexio de tan só ter que cofinanciar con fondos propios o 20% do total do investimento”. Polo tanto, abundou, “é prioritario, nos Orzamentos de 2015, garantir o cofinanciamento de todas as iniciativas financiadas con fondos europeos”.
De cara ao novo período, 2014-2020, Feijóo destacou que Galicia xa é unha rexión desenvolvida. “Superamos o 90% da renda per cápita en termos de PIB e, polo tanto, xa demos o salto a unha rexión desenvolvida”, aseverou, ao que precisou que “a pesar diso, conseguimos manter o 80% dos fondos, e temos aínda 4.000 millóns de euros ata o ano 2020”.
Ante este panorama, o responsable autonómico avanzou catro obxectivos prioritarios, baseados todos nun: políticas de crecemento e de emprego. “Imos investir o 60% dos fondos en innovación, en tecnoloxía, en pequena e mediana empresa e en medio ambiente. Estes son os obxectivos básicos nos que imos seguir impulsando as políticas, xa non para facer infraestruturas, si para facer fincapé na consecución dos obxectivos básicos, que é o crecemento e o emprego, e para iso entendemos que a innovación, a tecnoloxía, o apoio á pequena e mediana empresa e tamén o medio ambiente son catro vectores fundamentais”, asegurou.
Rigor na xestión e seleccionar correctamente os obxectivos
O titular da Xunta agradeceu novamente á Comisión Europea “a invitación cursada a Galicia como único territorio do conxunto de España para estar presente neste foro”.
Subliñou que para Galicia foi clave a política de cohesión que se vén desenvolvendo na Unión Europea. Non en van, desde 1986 ata o ano 2013, a comunidade recibiu 19.000 millóns de euros. “Isto permitiunos, claramente, a modernización do noso territorio, a modernización das nosas infraestruturas, a modernización dos portos, das estradas, os saneamentos ou o abastecemento de augas; tamén as axudas ás pemes, a creación de emprego... Poderiamos dicir que con eses 19.000 millóns Galicia creceu no entorno de medio punto máis de PIB cada ano, e neste último período medramos 3 décimas de PIB máis cada ano”, aseverou, logo de referirse, tamén, a creación aproximadamente de 18.000 empregos e ao investimento en infraestruturas.
O presidente da Xunta lembrou que Galicia era un dos territorios máis periféricos de Europa e hoxe é un dos territorios, desde o punto de vista da alta capacidade, de estradas, de redes de saneamento e abastecemento de auga; e tamén desde o punto de vista de plataformas loxísticas, de polígonos industriais e de instalacións portuarias, “unha rexión europea que está por enriba da media do resto de rexións europeas”.
Así mesmo, precisou que esa política exixe rigor na xestión dos fondos e seleccionar correctamente os obxectivos deses fondos, “e creo que por iso Galicia está hoxe aquí, sendo unha das rexións que mellor xestionou os fondos durante todo o seu período de vixencia”, concluíu.
Fotografía: Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia
R.