La Xunta compromete una financiación adicional de 4 millones de euros para apoyar la investigación en las universidades gallegas

El presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ha anunciado la puesta en marcha de un programa de acción "pionero", dotado con casi 4 millones de euros para servicios generales de apoyo a la investigación en las universidades gallegas. El presidente gallego también ha confirmado la intención de la Xunta de mantener los criterios de reparto de fondos públicos en función de los resultados de las universidades, y ha destacado el esfuerzo del gobierno por dar "estabilidad financiera" a estas instituciones en tiempos de "recesión y crisis".
Feijóo ha apostado por los "modelos de colaboración" entre las universidades gallegas y ha recordado la importancia de que se cree el Consorcio Interuniversitario, en el que la Xunta "valorará" participar. A ese respecto, el presidente gallego ha apuntado que esa presencia podría "interrumpir la autonomía universitaria".
Las universidades gallegas han marcado sus principales retos para el curso 2014-2015, que pasan por conseguir mayor financiación por parte de la Xunta, por la eliminación de la tasa de reposición y por solucionar la "anomalía" de dos años de descenso salarial. Así lo ha manifestado el rector de la Universidade de Vigo, Salustiano Mato, durante su intervención en el acto de apertura del curso, en el que ha hecho hincapié en el esfuerzo que ha hecho el sistema universitario gallego en los últimos. Ha recordado que las universidades gallegas llevan "dos años de ventaja en descenso salarial con respecto al resto del Estado español", y que "se les ha recortado más a los más productivos". "Somos los únicos", ha señalado el rector vigués, y ha subrayado que se trata de una "anomalía" a la que "de debería buscar solución en los presupuestos del 2015".
También ha advertido a la Xunta de que, si las universidades se comprometen a ser mejores y más eficientes, la administración autonómica "tiene la obligación de apostar", dedicando "más recursos" al sistema universitario gallego. En esta línea, ha puntualizado que hay que ser "más ambiciosos" en los programas de becas, puesto que los que hay, en las actuales circunstancias, se han revelado "insuficientes".
Otra de las demandas, ya recurrrente, planteada por Salustiano Mato, es la eliminación de la tasa de reposición (que limita la contratación de funcionarios a solo el 10 por ciento de las plazas que quedan vacantes), una tasa "letal", que propicia una "fuga sistemática de cerebros", y que, según el rector vigués, "impide retener y atraer talento". Además de estos perjuicios, se produce un captación activa de investigadores gallegos por parte de otros países, "perdiendo toda una generación de investigadores e investigadoras".
Mato ha subrayado, por otra parte, la importancia de desarrollar la Ley Gallega de Universidades, para poner en marcha medidas que modernicen las universidades, como la constitución del Consorcio Interuniversitario de Galicia, la especialización de los campus, o la actualización de los estatutos para adaptarse al Espacio Europeo de Educación Superior.
La mejora de la oferta académica es otro de los objetivos que ha destacado Mato, quien ha apuntado que las universidades gallegas han hecho "los deberes" , y tienen un mapa de titulaciones más eficiente. Por ello, "es el momento de incrementar la oferta de estudios universitarios", ha sostenido, con nuevos títulos que no existen y que tienen demanda social creciente.
Nota de prensa Universidad de Vigo (UDV):
Pasaban uns minutos das 12 do mediodía cando, acompañada polos acordes do tema Freedom do Sacred Concert de Duke Ellington, interpretado polo Coro Universitario, a comitiva académica formada polos togados e togadas das tres universidades galegas, xunto con os seus reitores, os presidentes dos consellos sociais e o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, entraban no salón de actos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais do campus de Vigo, que acolleu o acto de inauguración do curso 2014/2015 do Sistema Universitario Galego (SUG).
Unha ampla representación de membros das institucións académicas e da sociedade civil asistiu á inauguración oficial do curso na que o presidente da Xunta e o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, coincidiron á hora de destacar o papel de referente que as institucións académicas teñen para a sociedade galega. “Temos que estar aí coa xente, subministrando información, facendo diagnoses serias e contrastadas, achegando criterio, sendo en definitiva o que nos piden e que mesmo nas enquisas a cidadanía considera un referente”, dixo Mato, que comezou o seu discurso enumerando os seis retos aos que considera as universidades deberán facer fronte este curso.
En relación co primeiro deles, a taxa de reposición, que limita a autorización para a contratación nas administracións públicas a só o 10% das prazas que quedan vacantes por mor de xubilacións e outras circunstancias, o reitor cualificouno de “letal para as universidades”, dado que ademais de perder persoal, impide reter e atraer talento. O reitor que avogou pola supresión da taxa nos orzamentos de 2015, apunto que si “entre todos non somos capaces de convencer ao Ministerio de Facenda, debemos atopar unha solución específica”.Un novo Plan de Financiamento do SUG 2016-2020 “que prime os resultados na distribución de recursos”; o desenvolvemento da Lei galega de universidades; o incremento a partir de 2015 da oferta de estudos universitarios “introducindo, grazas ao mellor uso dos nosos recursos materiais e humanos, novos títulos que non existen no SUG, pero si teñen demanda social”; a internacionalización e uns programas de bolsas máis ambiciosos, completan a relación de retos fixados polo reitor vigués, que tamén demandou ao presidente da Xunta unha solución ao descenso salarial que sofren os traballadores e traballadoras das universidades.
Mato rematou a súa intervención lembrando que este curso as universidades de A Coruña e Vigo celebran o 25 aniversario da súa creación, “poucas decisións políticas resultaron tan determinantes para o noso desenvolvemento económico e social”, afirmou o reitor en relación coa segregación das institucións académicas coruñesa e viguesa.
Pola súa banda o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou na súa intervención a posta en marcha dun programa de acción pioneiro, dotado con case catro millóns de euros para servizos de apoio á investigación nas universidades do SUG, coa finalidade de “apoiar o papel dos investigadores universitarios e converter o actual modelo, onde os servizos de apoio a esta actividade son secundarios e dispersos, nun modelo integral e profesionalizado”. Na súa intervención o presidente da Xunta confirmou a intención do executivo galego de manter os criterios de reparto de fondos en función de resultados, ao tempo que destacou o esforzo do goberno galego por da estabilidade financeira ás universidades en tempos de crise. Así mesmo, Núñez Feijóo avogou polos modelos de colaboración entre as universidades, garantes do coñecemento e da liberdade, nunha Galicia, que asegurou “sinte que a universidade é o seu mellor tesouro”.
O acto comezou coa lectura da lección inaugural redactada polo docente e investigador Ramón Hermida, titulada Cronoterapia da hipertensión: novo paradigma para previr o risco cardiovascular, á que deu lectura o seu colega Artemio Mojón, ao estar ausente Hermida por causas familiares. Na súa exposición Mojón analizou a incidencia das enfermidades cardiovasculares, responsables na Unión Europea do 40% das mortes que se rexistran, e detallou os traballos realizados polo grupo de investigación dirixido por Hermida, que se orientan a reducir os riscos cardiovasculares. Anos de investigación que confirmaron á presión arterial de descanso como o principal índice de risco de problemas cardiovasculares, así como os beneficios que aos enfermos lles reporta tomar a medicación antes de deitarse en lugar de facelo ao erguerse pola mañá.
O acto de apertura deste novo curso contou coa presenza de numerosos persoeiros da vida política, social e empresarial. Entre os asistentes, o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez; a presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo; o alcalde de Vigo, Abel Caballero; o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro; a secretaria da Mesa do Congreso Carmela Silva; o voceiro do BNG Xavier Vence e os deputados no Congreso Olaia Fernández Davila, Telmo Martín.
Tamén estiveron presentes os ex reitores da Universidade de Vigo, Luis Espada, Domingo Docampo e Alberto Gago; o ex reitor de Coruña, José Mª Barja e o ex reitor da USC, Juan Casares Long, así como varios vicerreitores das tres universidades galegas, o reitor da Universidade de Minho, Antonio M. Cunha, o pro-reitor de Porto, Carlos Brito e Argimiro Rojo, presidente do Tribunal de Garantías da Universidade de Vigo.
O acto contou tamén coa presenza de Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega; Carlos Varela, fiscal superior de Galicia; Antonio Coello, subdelegado do Goberno en Pontevedra; Xesús Alonso Montero, presidente da Real Academia Galega; José Manuel Fernández Alvariño, presidente da Confederación de Empresarios de Galicia; Javier Garrido, presidente do Club Financiero de Vigo e Luis Quinteiro, bispo da Diócese Tui-Vigo.
Fotografía: Universidad de Vigo (UDV)
R.