Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Documentos originales y estudios de varios literatos muestran el legado del Padre Feijóo en una muestra en la Cidade da Cultura

La exposición incluye estudios sobre el autor realizados por Gregorio Marañón, Otero Pedrayo, Curros Enríquez y Eduardo Blanco Amor. Así lo ha explicado este viernes en la inauguración de la muestra el secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, que ha destacado que el objetivo de este proyecto es divulgar y poner en valor el legado del ilustre polígrafo 250 años después de su fallecimiento.

Lorenzo ha remarcado que el Parlamento de Galicia acordó "por unanimidad" favorecer iniciativas dirigidas al conjunto de la sociedad que "ahonden en el conocimiento" de la figura y de la obra del Padre Feijóo, con el fin de "contribuir al desarrollo económico, social, cultural y educativo" de Galicia. En concreto, la primera sección de la muestra incluye "su obra más conocida", 'Theatro crítico universal', junto con las críticas de ésta y la defensa de Frey Martín Sarmiento.

El eje de la segunda sección se centra en "Feijóo más allá de su tiempo" y en el interés actual por su obra, con piezas de homenajes rendidos en Ourense en las décadas de los 70 y los 80 del siglo XIX, según ha informado el secretario xeral de Cultura. Asimismo, como complemento a la acción divulgativa de esta muestra, la biblioteca digital de Galicia, 'Galiciana', acerca a los usuarios la producción bibliográfica del Padre Feijóo. Los interesados podrán consultarla en www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria difunde o legado do Padre Feijoo a través da exposición ‘O ronsel dun sabio’, un proxecto bibliográfico e documental sobre a súa vida e obra que se pode visitar desde hoxe e ata o vindeiro 26 de outubro na Biblioteca e Arquivo de Galicia, na Cidade da Cultura.

A mostra, que foi presentada polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e a directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, Beatriz González Loroño, no día en que se cumpren 250 anos do pasamento do Padre Feijoo, enmárcase na programación que a Xunta de Galicia promove con motivo desta efeméride, “co obxectivo de divulgar e de poñer en valor o legado do ilustre polígrafo”.

Para iso, a exposición consta de reproducións e orixinais de oito documentos e 29 libros que se artellan en dúas seccións. A primeira delas, Feijoo e o seu século, inclúe gravados do intelectual e da súa casa natal, no Pereiro de Aguiar; e a súa obra máis coñecida, o ‘Theatro critico universal’, xunto coa crítica coetánea e a conseguinte defensa que dela se fixo, da autoría de Salvador José Mañer e de Frei Martín Sarmiento, respectivamente. Tamén incorpora obras do Padre Feijoo como as ‘Cartas eruditas, y curiosas’ e os índices e compilacións da súa obra.

O eixo da segunda sección é Feijoo máis aló do seu tempo e céntrase no rexurdir do interese pola súa obra na segunda metade do século XIX. O pensador será obxecto de homenaxes, antoloxías e estudos, e tamén fonte de inspiración. Moitas das pezas deste apartado xiran arredor das homenaxes que lle renderon na cidade de Ourense nas décadas dos setenta e oitenta do XIX, coa celebración dun certame literario e a inauguración dunha estatua. Entre os estudos que se propoñen sobre o autor nesta parte da mostra destacan os de Gregorio Marañón, Otero Pedrayo, Curros Enríquez e Eduardo Blanco Amor.

Segundo explicou o secretario xeral, como complemento á acción divulgativa desta mostra, Galiciana, a biblioteca dixital de Galicia, tamén lles achega aos seus usuarios e usuarias a inmensa produción bibliográfica do Padre Feijoo co creación dun micrositio específico, que se pode consultar en http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es.

Tamén participaron na rolda de prensa as subdirectoras xerais de Bibliotecas e de Arquivos, Cristina Rubal e Marina García, respectivamente, xunto con María del Mar García, xefa do servizo do Arquivo de Galicia, quen, ao remate do acto de presentación, realizou unha visita guiada pola mostra.

A programación sobre Feijoo promovida pola Consellería complétase con diversas iniciativas. Nos próximos días, o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense inaugurará a exposición ‘O Padre Feijoo, cidadán libre da República Literaria’, que se poderá visitar no Centro Social Afundación da cidade das burgas. A mostra pretende chamar a atención sobre os seus aspectos biográficos e a súa obra a través de pezas singulares que se atopan entre os fondos do museo, xunto con obxectos documentais e artísticos procedentes doutras institucións e particulares.

As bibliotecas nodais de Galicia, situadas nas principais cidades, e xestionadas pola Secretaría Xeral de Cultura, tamén se sumarán á efeméride con exposicións bibliográficas sobre o Padre Feijoo, que se acompañan, nalgúns casos, con guías de lectura para apoiar os seus contidos.

A mostra da Biblioteca Pública Ánxel Casal de Santiago de Compostela poderá visitarse ata o 10 de outubro. Na Coruña, a mostra da Bibiblioteca Miguel González Garcés, que permanecerá aberta ata o vindeiro 30 de setembro, compleméntase cunha proxección audiovisual sobre a produción científica do Padre Feijoo. Tamén ata esa data se poderán visitar as exposicións da Biblioteca Pública Juan Compañel de Vigo e da biblioteca nodal de Lugo, que foi depositaria dos 600 volumes da biblioteca feijoniana ata que en 1941 foron devoltos ao Mosteiro de Samos.

Ademais, no marco da campaña de dinamización da lectura Ler conta moito, promovido por Cultura e Educación, o legado do Padre Feijoo tamén estará presente o 26 de setembro, na biblioteca nodal de Lugo, cun obradoiro para achegarlle á mocidade diferentes disciplinas científicas dun xeito lúdico, educativo e dinámico.

A programación tamén inclúe as actividades programadas a través do Arquivo Histórico Provincial de Ourense, que se sumará a esta homenaxe cunha nova entrega do serial de curtametraxes ‘As viaxes do capitán Gardador’, dedicada á figura do Padre Feijoo e ás distintas homenaxes que se lle fixeron ao longo da historia, co fin de dar conta da súa significación para Ourense. Paralelamente, o arquivo realizará unha exposición cos documentos utilizados neste audiovisual, xunto con reproducións de fondos procedentes doutros arquivos xestionados pola Consellería de Cultura e Educación.
R.