Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

El presidente de la Xunta compromete su apoyo al lanzamiento de nuevos vehículos de PSA Peugeot-Citroën desde la factoría de Vigo

El presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ha subrayado el objetivo de "reforzar" la alianza entre Galicia y PSA Peugeot Citroën y ha trasladado el "compromiso" del Gobierno gallego para apoyar posibles lanzamientos de nuevos vehículos desde la factoría de Vigo. Así lo ha manifestado después de visitar, acompañado por el conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, el Centro DS World París y el Centro de Realidad Virtual del Automotive Design Network (AND) de la factoría en Vélizy.

"El objetivo es reforzar la alianza entre Galicia y PSA para mostrar el apoyo del Gobierno gallego para optar a ser sedes de nuevos modelos", ha resumido Feijóo, quien ha aludido a los "puntos fuertes" de la candidatura de Vigo. "Puntos fuertes que PSA conoce y que debemos potenciar". Feijóo haincidido en el interés de la Xunta en que Vigo llegue a la fase final de candidatos para "seguir fabricando" nuevos modelos para este grupo, tras recordar que la factoría se encuentra en un proceso de búsqueda de la "mayor eficiencia" para poder competir "no sólo en Europa, sino en el mundo".

El presidente gallego ha señalado que la de Vigo es la factoría de "mayor competitividad" del grupo en toda Europa y ha añadido que se trata de un polo automovilístico instalado en Galicia desde la década de los años 50, "un polo que fue creciendo con más de 100 empresas y 12.000 trabajadores, lo que supone tener las piezas en tiempo real en la factoría de Balaídos". En tercer lugar, Feijóo ha señalado que en Vigo se impulsa la innovación y la investigación a través del Centro Tecnológico de Automoción de Galicia (CTAG).

El presidente ha indicado que la ciudad olívica cuenta con un puerto próximo a la factoría, donde pueden salir todos los vehículos a través de las "autopistas del mar", así como con una de las cinco zonas francas que existen en España, que "está ayudando desde el punto de vista financiero y de inversiones para esta candidatura". Tras agradecer a PSA la invitación a conocer la factoría, el responsable del Gobierno gallego ha subrayado que el viaje a Francia está centrado "exclusivamente" en la automoción, para conocer "los grandes centros técnicos de investigación y de diseño" en Francia de la compañía. y ver "cómo diseñan y cuál es la investigación y la innovación" de la multinacional.

Ha recordado que el sector de la automoción en Galicia supone el 14% del PIB y que hay 12.000 familias que viven de este sector. "Tenemos un gran conjunto de fábricas de componentes de vehículos; son 14.000 las personas que viven haciendo piezas para vehículos multimarca y algo más de 100 empresas. Por tanto, hay un ensamblaje entre los intereses de PSA Peugeot y los intereses de las industrias de componentes".

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, subliñou o obxectivo de reforzar a alianza que Galicia ten desde hai moito tempo con PSA Peugeot “tanto no presente como sobre todo no futuro” e trasladou o compromiso do Goberno galego para apoiar posibles lanzamentos de novos vehículos desde Vigo para o mundo. Así se pronunciou logo de visitar, acompañado polo conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, o Centro DS World Paris e o Centro de Realidade Virtual do Automotive Design Network (ADN) da factoría en Vélizy,

Sobre este aspecto, Feijóo incidiu no interese da Xunta en que Vigo chegue á fase final de candidatos para seguir fabricando novos modelos para este grupo, logo de lembrar que a factoría se atopa nun proceso de busca da maior eficiencia para poder competir non só en Europa senón no mundo. “En consecuencia –abundou- o obxectivo é reforzar a alianza entre Galicia e PSA e amosar o apoio do Goberno galego para optar a ser sede de novos modelos”.

Nesta mesma liña, o titular do Executivo autonómico referiuse aos “puntos fortes” da candidatura de Vigo, “puntos fortes –aseverou- que PSA Peugeot coñece e que debemos potenciar”. “En primeiro lugar, -dixo- estamos falando da factoría de maior competitividade do grupo en toda Europa. En segundo lugar, estamos falando dun polo automobilístico instalado en Galicia desde a década dos anos 50, un polo que foi crecendo con máis de 100 empresas e 12.000 traballadores, o que supón ter as pezas en tempo real na factoría de Balaídos. E, en terceiro lugar, estamos a falar dun lugar, Vigo, no que se fai innovación e investigación a través do CETAG”.

Así mesmo, Feijóo destacou que a cidade olívica conta cun porto próximo á factoría, “onde poden saír todos os vehículos a través das autoestradas do mar”; así como cunha das cinco zonas francas que existen en España, “que está axudando desde o punto de vista financeiro e de investimentos para esta candidatura”.

Logo de agradecer a PSA Peugeot a invitación para coñecer a factoría, o responsable do Goberno galego aseverou que esta viaxe a Francia está centrada exclusivamente na automoción, “para coñecer os grandes centros técnicos de investigación e de deseño en Francia da compañía”. “Ver como deseñan e cal é a investigación e a innovación desta gran multinacional”, dixo, logo de precisar que o sector da automoción en Galicia supón o 14% do PIB. “Hai 12.000 familias que viven deste sector e temos un gran conxunto de fábricas de compoñentes de vehículos; son 14.000 as persoas que viven facendo pezas para vehículos multimarca e algo máis de 100 empresas. Polo tanto, hai unha ensamblaxe entre os intereses de PSA Peugeot e os intereses das industrias de compoñentes”, engadiu.

Fotografía: Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia.
R.