Galicia dispondrá de un comité científico-técnico propio sobre el ébola que validará procolos, trajes y formación de profesionales sanitarios

Sobre la propia comisión de seguimiento de la Consellería de Sanidade, Rocío Mosquera subraya que aborda, entre otras cuestiones, "cómo esta el nuevo protocolo modificado del Ministerio y de la Organización Mundial de la Salud". Preguntada por la prensa sobre las protestas de profesionales del Sergas por falta de preparación y materiales para afrontar casos de ébola, la conselleira de Sanidade ha reiterado que "el riesgo de tener un caso de ébola en Galicia es muy bajo".
Mosquera dice que "lo primero es tranquilizar a los profesionales sanitarios y a la población de que no varió el nivel de riesgo" respecto a hace un mes, aunque ha reconocido que el caso de contagio en una auxiliar de enfermería ha llevado a que "la sensación de riesgo y de ansiedad se incrementó, sobre todo, con el personal sanitario".
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
A Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) de Santiago vén de reorganizar e modernizar todo so seu sistema de analíticas achegando aos doentes da área un novo modelo máis áxil, seguro e cómodo, o que incidirá notablemente no adianto do diagnóstico en moitas patoloxías.
Esta reorganización, que supón a integración da meirande parte das determinacións que se realizan nos laboratorios dos servizos de Análises Clínicas, Microbioloxía e Hematoloxía, é posible grazas á incorporación dun moderno laboratorio totalmente robotizado que aglutina nunha única cadea moitas das tarefas que con anterioridade se levaban a cabo en laboratorios separados.
A conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera Álvarez, visitou a nova cadea robotizada, así como os novos espazos de extracción, situados no Hospital Clínico Universitario, e presidiu un encontro con profesionais da xerencia compostelá e responsables de laboratorios doutras áreas sanitarias galegas no que tamén participou o xerente da EOXI, Luis Verde Remeseiro.
A conselleira destacou que tratouse dun proxecto complexo, non só dende o punto de vista asistencial senón tamén de transformación do propio sistema, probablemente un dos máis relevantes. Segundo indicou, o proceso de integración incrementa a eficiencia dos laboratorios; supón unha mellora na xestión dos recursos humanos e materiais; reduce custes; e garante a trazabilidade completa das mostras, o que elimina repeticións, e a redución dos tempos de resposta.
Mosquera salientou que deste xeito este laboratorio se transforma nun referente, primeiro caso en centros públicos, de integración entre hospitais -Conxo, Gil Casares, Clínico e Barbanza- e con Atención Primaria, de onde proceden algo máis da metade das mostras que se analizan cada día, sen que o traslado supoña ningún problema.
“Esta unificación está en liña coas iniciativas máis novedosas e innovadoras do país –salientou-. Convén ademais precisar que a unificación non é unha externalización: a xestión, a dirección e os traballadores serán do Servizo Galego de Saúde”.
As melloras levan aparelladas a creación da petición electrónica única, ferramenta informática que permitirá simplificar e estandarizar as peticións de probas analíticas aos facultativos; a asistencia electrónica no punto de extracción, cunha nova sala totalmente renovada e que dispón de dispositivos informáticos en cada punto de extracción nos que se dá apoio aos profesionais e permiten a optimización da extracción e a trazabilidade da mostra desde o mesmo lugar de orixe; e un punto único de entrada de mostras.
A reordenación tamén permite o desenvolvemento dun sistema de información integrado, que entregará ao facultativo que solicita as probas un único informe consensuado polos distintos especialistas que levan a cabo os procedementos analíticos, o que lle facilitará a decisión diagnóstica ou de tratamento.
Trátase da máis moderna tecnoloxía cun laboratorio totalmente automatizado de máis de 30 metros de lonxitude, no que están integrados o procesos de preanalítica, analítica e postanalítica e no que se leva a cabo todo o procesamento dunhas 2.500 mostras diarias das que se realizan máis de 25.000 determinacións analíticas ao día.
A nova cadea CORE fai unha labor de filtro, de xeito que os resultados que presentan algunha anomalía pasan inmediatamente a unha unidade máis especializada onde se analizan máis especificamente por un equipo multidisciplinario.
O seu labor se completa con unidades funcionais (unidade de reprodución humana; estudio HLA para transplante; alergoloxía; anemias; inmunocitometría, patoloxía molecular, monitorización de farmacoterapia…) para determinacións de elevada complexidade e baixa incidencia. A nova cadea integra as técnicas de hematimetría, bioquímica, hormonas, marcadores tumorais, proteínas e seroloxía; nun só paso pola cadea pódense realizar ata 91 procedementos analíticos diferentes.
1.400 metros cadrados ocupan os novos laboratorios que reducen os tempos de resposta permitindo acadar moito antes o diagnóstico solicitado. Supuxo un investimento de 637.000 euros incluíndo as distintas obras de adaptación dos espazos e a incorporación da nova tecnoloxía, e suporá un aforro do 5% no gasto anual grazas á integración dos procesos que evita duplicidades. A isto hai que engadirlle un aforro do 20% na adxudicación do concurso público, en total 1,8 millóns en dous anos.
Cada día resultan máis determinantes os resultados das mostras analizadas nos laboratorios polas diferentes técnicas, de xeito que dan un servizo de soporte aos profesionais sanitarios na prevención, no diagnóstico, no seguimento e no prognóstico dos doentes. “Co 30% do gasto sanitario influímos no 70% das decisións médicas”, asegurou o xefe do servizo de Análises Clínicas da EOXI de Santiago, Alfonso Benítez,
A inxente labor realizada polos laboratorios guíase polo obxectivo principal de xerar unha información clínica útil, axeitada e xusto a tempo.
Cunha ampla traxectoria de compromiso coa calidade nos laboratorios clínicos da xerencia sanitaria compostelá, ademais da actividade de soporte clínico, tamén se desenvolven tarefas vinculadas coa docencia e a investigación. Na actualidade está a liderar a realización dun estudio de intervención nutricional coa dieta atlántica e outro estudo poboacional transversal de riscos.
Doutra banda, cabe lembrar que a área de Inmunoloxía-HLA (que realiza as probas de histocompatibilidade na procura do doante compatible para o transplante renal e de medula ósea) foi a primeira de España en obter a acreditación de calidade pola norma UNE-EN ISO 15189 pola ENAC, así como laboratorio de Urxencias, tamén acreditado pola Entidade Nacional de Acreditación.
Fotografía: Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia
R.