Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Los grupos de la oposición en el Parlamento de Galicia defienden 115 enmientas a los presupuestos públicos de 2015

Los presupuestos de la Comunidad Autónoma gallega para 2015 afrontaron su último debate en el Parlamento de Galicia donde se han discutido las 115 enmiendas presentadas por los grupos de la oposición: 45 del PSdeG, 30 de AGE y otras 40 del BNG. Los portavoces de las fuerzas opositoras han pedido un "cambio de rumbo" porque creen que las cuentas previstas para 2015 provocarán más desigualdad y más pobreza en Galicia y lamentan que este debate sea un trámite estéril ante la apliación de la fuerza mayoritaria del PPdeG.

Entre las principales críticas de la oposición destaca la defensa de una política fiscal que busque incrementar los ingresos de la hacienda pública a través de la creación de impuestos, como el que contemplan para las grandes superficies o las bebidas azucaradas, así como el incremento del gravamen a las rentas más altas. Medidas que han sido rechazadas por el PPdeG que se ha defendido de las críticas de AGE asegurando que quieren ayudar a los gallegos a superar las consecuencias de la crisis.

La oposición también acusó al Gobierno gallego de facilitar la existencia de "trabajadores pobres" ante la precarización que sufren las condiciones laborales y la caída de salarios experimentada. También pide que se incorpore al dictamen los cambios destinados a incrementar la transparencia, el control de fondos públicos y los servicios de carácter social. El portavoz del BNG invitó al PPdeG a salir a la calle y preguntar a la ciudadanía su opinión sobre la afirmación del presidente del Gobierno central, Mariano Rajoy, para quien la crisis "ya es historia".

El PPdeG, ante estas críticas, sostiene que Galicia pudo necesitar un FLA (Fondo de Liquidez Autonómica) inmediato, un rescate, durante el primer año de gobierno de Feijóo debido a la gestión realizada por el anterior bipartito. Insiste en asegurar que Galicia está "mucho mejor ya no solo que España, sino que la media de la Unión Europea" en lo que respecta a igualdad, pese a admitir "deterioro" en los últimos años.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación del BNG:

No debate sobre o Proxecto de lei de orzamentos xerais de Galiza para o 2015, o portavoz do grupo parlamentario do BNG, Francisco Jorquera defendeu corenta emendas o articulado destinadas a establecer como prioritario o gasto social, blindar os servizos públicos e crear emprego.

Para o deputado, “hai marxe, dentro do estreito corsé actual, para facer outras políticas” polo que reclamou “un cambio de rumbo” centrado nas reformas fiscais, asegurar o gasto social e non recorrer a colaboración público-privada para financiar servizos públicos básicos e evitar que “se faga negocio” á costa dos servizos e infraestruturas públicas hipotecando ademais a Facenda como aconteceu coa autovía da Costa da Morte.

Jorquera defendeu operar sobre os ingresos ante o “medre escandaloso das desigualdades e exclusión social”. Para isto, dixo, resulta urxente mellorar a equidade e progresividade do sistema fiscal e dende o BNG propoñemos reducir o mínimo exento do imposto de patrimonio ata os 300.000 euros e incrementar o tipo impositivo para os grandes patrimonios.

Jorquera tamén pediu establecer un imposto sobre os grandes establecementos comerciais, como existe noutras comunidades, o que proporcionaría á Facenda galega uns ingresos anuais de 25 millóns de euros. Un imposto sobre depósitos bancarios aplicábeis ás entidades que operan en Galiza, que segundo o nacionalista aportarían 165 millóns de ingresos adicionais así como unha escala progresiva no IRPF “elevando o gravame nas rendas máis altas”.
Todas estas reformas impositivas, afirmou, permitirían incrementar a “recadación en máis de 250 millóns de euros”.

En Galiza, explicou, o número de desempregad@s alcanza cifras históricas polo que resulta urxente reforzar os servizos públicos e impulsar “políticas contracíclicas” que favorezan a recuperación.

“As nosas emendas propoñen corrixir as limitacións de emprego público e elevan a taxa de reposición do 50% ao 100%”.

Outras emendas, engadiu van encamiñadas a recuperar o poder adquisitivo dos empregad@s públicos, “por unha razón de xustiza”. A Xunta e o Goberno central, denunciou, fixeron recaer sobre este colectivo os recortes orzamentarios e estes recortes salariais serven de referencia ao sector privado.

Jorquera insistiu no novo modelo social implantado onde vivir dun salario non garante vivir unha vida digna, “as súas políticas contraen a demandan, reducen o consumo e dificultan a recuperación”, recalcou.

Ademais, esixiu restituír “integramente as pagas extraordinarias e o aboamento íntegro da paga extra de Nadal do 2012”.

Sobre este asunto, cualificou de “tomadura de pelo” que a Xunta presente agora un abono, en dous exercicios, do 25% desta paga como “unha graciosa concesión” cando o fai baixo a aplicación de sentenzas favorábeis aos traballador@s.

O parlamentario do BNG propuxo transferir ás universidades galegas os fondos necesarios para o abono integro da paga extra do 2012 e evitar a súa “asfixia” económica coas retribucións adicionais contempladas no artigo 35.

No mesmo sentido, defendeu que as universidades poidan, durante o 2015 proceder á provisión temporal de postos de persoal docente e investigador para cubrir as necesidades.

Montes comunais, punto de partida para un novo modelo forestal. Nesta materia, propuxo incorporar unha nova disposición que modifique a Lei de Montes para asegurar a continuidade dos montes en man común, co fin de impedir entregar a súa xestión a empresas privadas co escusa de “falsas débedas” das comunidades de Montes con convenios ou consorcios coa Administración.

O parlamentario reiterou que só “cun cambio de rumbo político ” será posible mudar a realidade. Os orzamentos que presenta a Xunta para o 2015 representan “máis ruína e precariedade para o noso País,” concluíu.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación del PPdeG:

O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, apoiou no Pleno do Parlamento os orzamentos “rigorosos” da Xunta de Galicia para 2015, “feitos cunhas previsións de crecemento da economía que vai estar favorecida tanto polo entorno español como internacional”. Ademais, criticou as emendas presentadas pola oposición “que queren incrementar a carga impositiva, esquecendo o efecto contractivo que iso implica, ou volver a xerar un déficit como o de 2009, que é o que está a condicionar a carga de débeda que temos neste momento”.

Pedro Puy afirmou que as medidas implantadas polos gobernos do Partido Popular non pretenden “suicidar ao pobo, nin nos queremos suicidar politicamente, ao contrario, o que queremos é axudalo a superar as consecuencias dunha crise”. Neste sentido, lembrou que “España é o país da zona euro que máis medra e os titulares na actualidade son que o G-20 considera a España un exemplo de recuperación”. “Algo ten mudado na economía galega: antes subía o paro rexistrado, agora baixa; antes as afiliacións baixaban e agora aumentan; e antes o PIB caía e agora medra”, apuntou.

“Estamos a debater uns orzamentos que por primeira vez soben o teito de gasto respecto do ano anterior e aproveitan ao cen por cento este teito de gasto”, manifestou o portavoz popular. Neste sentido, destacou que “manteñen o compromiso co cumprimento do déficit público, onde Galicia é unha das dúas comunidades que menos se endebedou na crise; caen os gastos en xuros da débeda; e, todo iso, cumprindo o pacto do Consello de Política Fiscal e Financeira e sendo a única comunidade que sen ser de réxime foral non acudiu ao FLA”.

“Vostedes din que non entramos no FLA porque sería o que necesitaría o primeiro ano de xestión da Xunta de Galicia por parte dunha coalición variopinta de forzas de esquerda, un rescate porque con esas contas que nos presentan e coas emendas que nos presentan ese sería o resultado da alternativa orzamentaria”, sinalou.

O portavoz popular salientou, ademais, que o orzamento “é claramente social: 8 de cada 10 euros dedicado a sanidade, educación e servizos sociais”, ao tempo que anotou que hai un 6 por cento máis de recursos destinados ao emprego, un 45 por cento máis para a Risga e máis investimento para infraestruturas sanitarias e tecnoloxías. “Todo isto, mantendo o investimento en estradas e autovías, así como en obras de saneamento importantes, como a nova depuradora de Vigo.”, dixo

Puy explicou que as contas para 2015 manteñen “unha política fiscal de loita contra a fraude, incrementando algúns tributos que teñen unha clara vocación de compensar polos danos medio ambientais e facendo activo un sistema fiscal para reducir as situacións de pobreza e axudar ás persoas que máis o necesitan: incremento na dedución por nacemento ou adopción, rebaixas ás familias que invistan en enerxías renovables ou incrementando aos transportistas a exención do céntimo sanitario”.

Respecto das emendas presentadas polos grupos da oposición, Pedro Puy fixo referencia especial ás presentadas polo Grupo Socialista porque “afectan á transparencia á marxe dos acordos que estamos intentando chegar co Partido Socialista en materia de corrupción; falan de financiamento universitario á marxe dos acordos que se están negociando entre a Xunta e as Universidades para establecer un marco estable de financiamento universitario; e falan de xestión administrativa, con algunhas cuestións que nos parecen moi dubidosas como eximir da presentación de determinados requisitos para optar a subvencións nun momento no que hai que ser máis prudentes”.

“Ademais, se trata dun conxunto de emendas que queren incrementar a carga impositiva, esquecendo o efecto contractivo que iso implica”, sinalou o portavoz popular. En concreto, criticou que propoñan incrementar o imposto do patrimonio, “cando é o segundo máis alto de España; establecer impostos sobre as grandes superficies, que serán trasladados ao consumidor; un novo imposto aos depósitos bancarios, cando saben que está a ser lexislado polo Estado; ou subir o IRPF cunhas taxas a un grupo de persoas que en Galicia practicamente non existe e que implicaría unha recadación reducida”, manifestou o portavoz popular.

No ámbito dos gastos, Puy indicou que as emendas da oposición suporían “volver a xerar un déficit como o de 2009, que é o que está a condicionar a carga de débeda que temos neste momento”. “Non se trata diso, se trata de manter a solvencia das contas públicas e non deixar por mala orzamentación gastos que os que veñan por detrás teñan que apandar”, apuntou.

“A débeda da comunidade autónoma está controlada”, asegurou Pedro Puy, quen concretou que o ratio débeda-PIB se incrementa menos que o resto das comunidades autónomas (1,1 fronte a 2,9) e a débeda galega se incrementa un terzo da media das comunidades autónomas.

R.