Navantia Fene logra un contrato de 90 millones de euros y casi 500 empleos para la construcción de 29 estructuras de anclaje para Iberdrola

O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, resaltou que a elección de Navantia, por parte de Iberdrola, para o desenvolvemento do proxecto de eólica mariña de Wikinger amosa a competitividade do estaleiro abrindo as portas á diversificación industrial, tanto da compañía pública como de Ferrolterra.
Neste sentido, Conde destacou a importancia dunha “moi boa noticia polo impacto directo que ten en termos de investimento e de emprego na comarca de Ferrol”. Así, o proxecto permitirá a participación de Navantia nun contrato por valor de case 90 millóns de euros e que xerará máis de 600 empregos durante os próximos 20 meses.
O estaleiro público, incidiu o conselleiro, dispón dunha “importante oportunidade de diversificación” nun mercado estratéxico como é o da enerxía offshore. Neste escenario, proseguiu, “Navantia debe seguir traballando para impulsar a súa política comercial, ao igual que o resto de estaleiros privados, e nese esforzo os seguiremos acompañando”.
O titular de Economía e Industria sinalou que “este éxito” se suma aos “diferentes contratos que os estaleiros privados acadaron tamén esta semana”, de forma que o naval galego segue a consolidar a súa recuperación.
Así, no caso concreto de Navantia, os estaleiros públicos de Ferrol teñen pedidos por máis de 600 millóns de euros. Unha cifra que se une á dos estaleiros privados, que están negociando ou xa materializaron novos contratos por máis de 800 millóns. “Nestes momentos xa hai máis de 1.400 millóns de euros contratados e en desenvolvemento en Galicia vinculados con sector naval”, sinalou Conde.
R.