Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

La estrecha relación vital a través de conexiones personales de Julio Cortázar con Galicia, en el centenario de su nacimiento

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O Museo de Belas Artes da Coruña foi o escenario da xornada ‘O soño galego de Julio Cortázar’, coa que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria lle rendeu homenaxe ao escritor arxentino no ano no que se conmemora o centenario do seu nacemento.

“A celebración desta efeméride constitúe unha excelente oportunidade para afondar na estreita vinculación que Cortázar mativo con Galicia e cos galegos, así como na pegada da nosa terra na súa obra literaria”, afirmou o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, durante o acto de apertura. “Con este motivo, a vixencia de Cortázar e da súa literatura queremos poñela de manifesto a través da presenza de Galicia no universo dun dos escritores hispanoamericanos máis relevantes da literatura de todos os tempos”, dixo.

O poeta e narrador Francisco X. Fernández Naval (Ourense, 1956), autor do libro ‘O soño galego de Julio Cortázar’, que lle dá nome á xornada, foi o encargado de afondar nesa relación do escritor arxentino con Galicia e cos galegos. O título da obra, editada por Linteo co apoio da Consellería, fai referencia ao desexo que manifesta o escritor nunha carta que lle escribe ao pintor Eduardo Jonquiéres de vir con Aurora Bernárdez, a súa primeira muller, a Redondela e pasar un tempo pescando, paseando e herborizando como Russeau. Ese soño sérvelle a Fernández Naval de pretexto para realizar unha achega en profundidade á vinculación do escritor arxentino con Galicia.

O programa tamén incluíu a proxección da peza audiovisual ‘Cortázar Galicia’, un proxecto dirixido por Juan de la Colina e baseado nos lugares que Cortázar e Aurora Bernárdez realizan a Galicia nos anos 1956 e 1957. As cartas e outros textos sobre estas viaxes que Julio Cortázar fixo a Galicia son a base desta peza documental, que se apoia en documentación facilitada polo Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) –depositario dos fondos fotográficos e fílmicos de Julio Cortázar–, a Fundación Juan March e a Fundación Luís Seoane.

Favorecer o achegamento ao universo galego dun dos nomes máis destacados da literatura universal foi o obxectivo central desta xornada promovida pola Consellería de Cultura e Educación no remate do ano no que se celebra o centenario de Julio Cortázar.

Fotografía: Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia.
R.