Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

El presidente de la Xunta anuncia que comparecerá en un pleno extraordinario para informar sobre las medidas de impulso democrático

La Xunta de Galicia ha solicitado la celebración de una sesión extraordinaria del pleno del Parlamento gallego en la que comparezca el presidente del Gobierno autonómico, Alberto Núñez Feijóo, para informar sobre las "medidas de impulso democrático". En una nota de prensa, la Consellería de Presicencia y la Vicepresidencia de la Xunta, a través de la Dirección Xeral de Relacións Institucionais, ha tramitado la solicitud en el Parlamento de Galicia con la que, según el Ejecutivo gallego, cumple su compromiso de comparecer en la Cámara autonómica y tratar de consensuar estas iniciativas con la oposición.

Sin embargo, los partidos de la oposición con representación en el Parlamento gallego ya criticaron la comparecencia. La viceportavoz de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), Yolanda Díaz, dice que se trata de "política cara a la galería" por parte de Núñez Feijóo, y de "una puesta en escena para decir hacemos algo cuando la realidad de nuestro país exige políticas contundentes". AGE insiste en que también le gustaría que se debatiera sobre los colapsos en las urgencias sanitarias. En un sentido similar se pronunció la representante del PSdeG, Carmen Gallego, que pide una comparecencia del presidente de la Xunta para hablar de los "problemas reales" de Galicia como el colapso sanitario o la situación de los enfermos de hepatitis C. La diputada socialista, sin embargo, acusa a la Xunta de "intentar tapar" estas cuestiones y no "hablar en seriio de la corrupción", por lo que dice no estar dispuesto a pactar "medidas de maquillaje" para que parezca que Feijóo está preocupado sin haber dado explicaciones previas. Sobre posibles consensos también se pronunció el BNG quien, a través de Francisco Jorquera, avanzó que pedirá que el debate sobre corrupción conlleve la presentación de propuestas de resolución con "un debate específico" y confía en que Feijóo "no confunda impulso democrático con recorte de derechos".

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A Xunta de Galicia vén de solicitar a celebración dunha sesión extraordinaria do Pleno do Parlamento galego, na que compareza o presidente do Goberno autonómico, Alberto Núñez Feijóo, para informar sobre as medidas de impulso democrático.

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a través da súa Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, rexistrou no Parlamento a petición para que se convoque, no mes de xaneiro, un pleno extraordinario no que se aborden as medidas de impulso democrático avanzadas nos últimos meses.

O presidente da Xunta de Galicia cumpre así o seu compromiso de comparecer na Cámara para abordar este debate e tratar de acordar coa oposición estas iniciativas.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación del PPdeG:

“Con independencia de que o pacto sexa bo, o que debemos é tomar medidas de impulso democrático sen subordinalas á existencia dun acordo”, manifestou o portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, respecto da solicitude de comparecencia do Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo rexistrada esta mañá.

Puy manifestou que “o pacto é posible, pero a consecución deste acordo non debe retrasar a adopción das medidas de impulso democrático necesarias”. Neste sentido, engadiu que, en función de que estas propostas “conleven a tramitación ou modificación dalgún texto lexislativo, ao longo dese proceso buscaremos integrar posturas e posicións de todos os grupos”.

Así mesmo, considerou “perentorio” comezar a falar directamente “dalgunhas cuestións que sabemos que é conveniente facer”, polo que considerou negativo que “o obxectivo do pacto condicione a existencia de decisións”.

O portavoz popular salientou o traballo que se está a desenvolver no Parlamento galego durante este período non ordinario, “que vai culminar coa celebración dun pleno extraordinario para a comparecencia do Presidente para dar conta das medidas de impulso democrático que vai propor o Goberno galego”.

Así, Puy lembrou que o pasado 12 de xaneiro reuniuse a Mesa da Comisión 7ª para a cualificación de emendas á totalidade do Proxecto de lei de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia, o 13 de xaneiro constituíuse a Ponencia do Proxecto de lei de garantía da calidade dos servizos públicos e hoxe mesmo tivo lugar a Mesa da Comisión do Consello de Contas para a cualificación das propostas de resolución e recomendacións aos Informes de Fiscalización.

A esta actividade sumarase a reunión da Xunta de Portavoces que terá lugar mañá para tratar a solicitude do Grupo Parlamentario de celebración de sesións de Comisións non permanentes de estudo para a igualdade e os dereitos das mulleres; de estudo para a igualdade e os dereitos das mulleres; e para o seguimento das políticas relativas á discapacidade e elaboración de novas propostas a prol da integración das persoas con discapacidade. Así mesmo, o 27 de xaneiro está convocada a Ponencia do Consello de Contas para os Informes de fiscalización que se están tramitando.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de AGE:

O grupo parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), asegura que “o PP está a pular por un novo orde social no que a terceira parte da sociedade queda excluída de poder ter manter un mínimo de calidade de vida grazas as políticas impulsadas polo Goberno galego, “e xa o conseguiron” como sinalou o deputado Juan Manuel Fajardo en rolda de prensa. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e a conselleira de Traballo, Beatriz Mato, convertéronse nos “mercaderes de corpos que poñen a disposición do mercado laboral as persoas para que as empresas podan explotalas e maltratalas laboralmente”. Deste xeito datos como os que destacan que en Galicia estanse a traballar de media o 25 por cento das horas de xornada laboral sen cobrar ou a importante diminución dos salarios no ano pasado, quedan xustificados xa que responden a estratexia e o plan marcado pola Xunta de Galicia e que remata co escenario de escravitude no que xa estamos a vivir no noso país.

O deputado Juan Manuel Fajardo presentou as liñas de traballo do grupo parlamentar de AGE para este ano no tocante as áreas de traballo e servizos sociais que continuarán a priorizar a defensa das persoas e dos seus dereitos por enriba dos intereses das empresas ou da banca. Así mesmo, AGE continuará a destapar as continuas estafas do Goberno galego coas que trata de enganar de xeito consciente e premeditado á cidadanía, vendendo como grandes medidas para mellorar as condicións de vida o que na realidade se converterá nunha trampa máis que os levará ao “inferno do emprego” ou directamente a exclusión social negando calquera tipo de axuda económica. Éste é o caso do Plan de emprego para menores de 25 anos e parados de longa duración que non é máis que “outra estafa do PP á cidadanía galega”, asegurou o deputado de AGE. A realidade é que a partida anunciada polo goberno de Núñez Feijóo para este plan é o mesmo que deixaron de executar do orzamento do 2014 en materia de emprego. De feito os datos reflicten que dos 5 millóns destinados a emprego apenas se executaron 216.000 euros o que leva a afirmar que “o compromiso de Feijoo co emprego é de boquilla, o único compromiso que ten é con el mesmo e a súa carreira a Madrid”.

Esta mesma estratexia publicitaria a atopamos no tocante ao programa de contratación de persoas nas listas da Renda de Integración de Galicia (Risga) que non só se trata dun programa arbitrario que o Goberno galego está a empregar con carácter electoralista para afianzar nos seus cargos aos alcaldes do PP, senón que ademais está a forzar a estas persoas a ter que aceptar calquera tipo de condición laboral e oferta baixo a ameaza de que non o facer serán expulsados das listas da Risga. O grupo de AGE solicitou xa información sobre o tipo de contratos que se ofertan e condicións laborais e pedirá á Inspección de Traballo que realice un seguimento destas contratacións a fin de impedir que se vulneren os dereitos laborais destes traballadores.

Juan Manuel Fajardo considerou “indecente o que está a facer o PP logrando que por primeira vez na historia da democracia existan en situación de desemprego case o mesmo número de persoas que cobran algún tipo de prestación que as que non non están a ingresar nin un so euro nos seus fogares”. Este feito provocou un aforro de 298.000 millóns de euros durante o ano pasado e que non se está a investir na mellora das condicións de vida das persoas acabar. Por este motivo, AGE presentará iniciativas orientadas a lograr que estes case 300.000 millóns de euros “roubados dos petos dos desempregados” sirvan para loitar contra situación de “dramatismo social” que estamos a sufrir no noso país. “O presidente da Xunta de Galicia dicía no seu discurso de Nadal que os galegos e as galegas ían notar no peto a suposta mellora económica da que tanto falan. A realidade do que están a notar é a man de Feijóo e da conselleira que lles rouban a carteira para despois saír anunciando axudas en forma de esmola que están financiadas con estes cartos roubados” afirmou o deputado de AGE.

As propostas do grupo parlamentar de AGE para este ano irán encamiñadas polo tanto a loitar contra os continuos ataques do Goberno galego á cidadanía con propostas como a presentación das bases para un plan de emprego que garanten un cambio de rumbo e xerar emprego de calidade e respectuoso cos dereitos laborais. Así mesmo, AGE continuará a traballar no establecemento da Renda Básica Universal en Galicia como único medio para garantir a liberdade das persoas xa que “cando hai fame e miseria non existe liberdade, e o Goberno Feijóo é o culpable da perda da liberdade de milleiros de persoas no noso país”.

O deputado de AGE, Juan Manuel Fajardo, rematou a súa comparecencia ante os medios destacando dúas cuestións concretas nas que o seu grupo continuará a traballar nos vindeiros meses con iniciativas para acabar co importante incremento de accidentes laborais rexistrados en Galicia pese a ser o momento no que menos empregados hai ante a destrución de postos de traballo na Industria ou na construción impulsada polo Goberno galego do PP. E por outra banda, a loita contra a pobreza enerxética que no só é a responsable da morte de case 1.000 persoas todos en Galicia “que están a morrer por causa do frío”, senón que está a incrementar o número de incendios en vivendas xa que “a xente que non pode pagar a factura de enerxía recorre a mecanismos baratos para tentar quentar as súas casas pese aos riscos e que en máis dunha ocasión, están a provocar accidentes e mortes”.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación del BNG:

O portavoz do BNG no Parlamento galego, Francisco Jorquera manifestou que o BNG, denunciou no seu momento o incumprimento do compromiso de Núñez Feijóo a comparecer no Pleno do Parlamento para explicar os casos de corrupción que salpicaban ao seu partido, e ante o anuncio da comparecencia,“alegrámonos da rectificación”.

O nacionalista lembrou que o BNG tamén criticou a inhabilitación durante o mes de xaneiro da actividade parlamentaria e congratulouse de que a “insistencia” da oposición obrigara a Feijóo a rectificar e solicitar a comparecencia pero non advertiu, “para un lavado de cara ou fuxida cara adiante” facendo ver que fai mentres os escándalos que salpican o seu partido, tamén en Galiza como peza clave na trama Gürtell e Barcenas, salpican ao seu propio goberno.

Jorquera considerou que se falamos de impulso democrático, Feijóo presentará propostas pero volveu a advertir que “non debe confundir impulso democrático con recorte de dereitos”. Neste sentido, salientou as manifestacións reiteradas do propio Feijóo e do Partido popular que apuntan a modificar o regulamento da Cámara, “non para profundar na democracia senón para recortar o dereito de liberdade de expresión dos e das deputadas”, agardamos, recalcou Jorquera, que esta non sexa a pretensión de Feijóo.

Finalmente, anunciou que o BNG proporá na Xunta de Portavoces que o debate conleve a presentación de “propostas de resolución de todos os grupos” nun debate especifico para as propostas.
R.