Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

La Universidade de Santiago (USC) y varios departamentos de la Xunta colaboran con el sector mejillonero para mejorar la calidad de las aguas

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A Xunta de Galicia, a través das consellerías do Medio Rural e do Mar e de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a Universidade de Santiago de Compostela (USC), a Asociación Galega de Cocedoiros de Mexillón (Agacome) e dez empresas deste sector asinaron un convenio de colaboración para promover accións que melloren as augas residuais mediante a implantación dos sistemas máis eficaces de depuración de acordo coas mellores tecnoloxías dispoñibles en cada caso particular, co obxecto de reducir os parámetros de vertido.

No acto de sinatura estiveron presentes as conselleiras do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, e Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, o reitor da USC, Juan Viaño, o director de Augas de Galicia, Gonzalo Mosqueira, o secretario xeral do Mar, Juan Maneiro, e o presidente da Agacome, Juan Manuel Suárez.

Por medio deste protocolo, que terá unha duración de 12 meses, as empresas asinantes comprométense a mellorar as súas instalacións e adecuar os compoñentes das súas augas residuais antes do seu vertido.

Pola súa parte, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través de Augas de Galicia, comprométese a acreditar, mediante certificados específicos, o grao de cumprimento dos parámetros establecidos na autorización ou permiso de vertido outorgado, unha vez realizados os trámites correspondentes segundo a lexislación vixente.

Pola súa banda, a Consellería do Medio Rural e do Mar establecerá unha liña de axudas para aquelas empresas que se adhiran ao convenio, con cargo ao Fondo Europeo da Pesca (FEP), mediante a publicación dunha orde específica para o financiamento dos proxectos e dos elementos dos sistemas de depuración a implantar, cun financiamento público máximo dun 60% do investimento. Este Departamento da Xunta publicara dita orde nun prazo de tres meses trala sinatura do convenio.

Por último, a USC comprométese a estudar e avaliar as propostas de sistemas de depuración das empresas adheridas ao protocolo e emitir os informes de verificación parciais e final. Os valores-umbral de emisión quedan establecidos en dous dos anexos do convenio ou alternativamente serán os resultantes da aplicación das mellores tecnoloxías dispoñibles, de acordo ao procedemento de verificación tamén recollido no anexo III do protocolo.

Fotografía: Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia
R.