Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

La conselleira de Sanidade comparecerá en el Parlamento de Galicia para explicar la situación del servicio público de urgencias hospitalarias

El PPdeG aseguraba en esa reunión no tener ningún inconveniente en apoyar la petición del PSdeG para que comparezca la conselleira de Sanidade para hablar de los servicios de urgencias en los hospitales gallegos. El portavoz del PPdeG, Pedro Puy, ratificó la solicitud del PSdeG pero rechazó las presentadas por AGE y el BNG ya que pedían la comparecencia del presidente, Núñez Feijóo.

El portavoz parlamentario socialista, José Luis Méndez Romeu, valoró esta decisión de aceptar la comparecencia y celebró la "sensibilidad" del PPdeG con el tema sanitario, aunque lamentó que no se vaya a debatir ni la situación del sector lácteo, ni de los combustibles ni el paro.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:

A Deputación Permanente do Parlamento de Galicia aprobou a petición dos socialistas galegos para celebrar un Pleno extraordinario que inclúa a comparecencia da conselleira de Sanidade para dar conta do colapso sanitario e da prestación da vacina da hepatite C. Os socialistas galegos esíxenlle á conselleira “explicacións e toma responsabilidades” e ao presidente da Xunta que “retire á conselleira e comece unha nova política sanitaria”.

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, advertiu que a crise sanitaria, evidenciada por unha epidemia habitual de gripe, é “consecuencia directa de catro anos de recorte sistemático das plantillas, deterioro das condicións asistenciais e redución dos orzamentos”. Censurou que a conselleira se manteña unicamente “preocupada de que non escape unha soa oportunidade de privatizar un servizo público sanitario”.

Criticou a indiferenza amosada polo goberno galego “fronte ao sufrimento dos cidadáns que abarrotan os hospitais, as salas de espera, os corredores, poñendo de manifesto ata qué punto está deteriorado o sistema”. A mesma indiferenza, dixo, está a demostrar diante do sufrimento dos doentes de hepatite C, que ven cómo o goberno incumpre o seu compromiso para prestarlles o medicamento que cura a doenza.

Logo de coñecer a aprobación da solicitude de comparecencia, a viceportavoz do Grupo Socialista, Carmen Gallego, sinalou que a conselleira asistirá ao Pleno “arrastrada pola presión política exercida polos socialistas no mes de xaneiro e polos profesionais da sanidade que denunciaron o colapso e o caos sanitario que se está a producir en Galicia”.

Gallego reclamou “explicacións e asunción de responsabilidades” por parte da conselleira que está a xestionar os recortes de Feijóo e que deixaron ao sistema sanitario con 4.000 prazas menos de profesionais sanitarios. Estes recortes converten ao Hospital da Coruña nun “hospital de campaña”, colapsan o Meixoeiro ou permiten altas temerarias en Ourense, como exemplos da situación “caótica” de todos e cada un dos centros galegos.

Feijóo e a conselleira, dixo, son os responsables das xubilacións forzosas e masivas de médicos aos 65 anos, de non incorporar a ninguén con praza en propiedade, de manter unha taxa de reposición do 3 por cento, facer un contrato por cada 28 xubilacións e que os profesionais acumulen ata 26 contratos nun só mes.

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, tamén reclamou as comparecencias do goberno galego polos prezos dos combustibles, da crise do sector lácteo ou do fracaso das políticas de creación de emprego, que foron rexeitadas polo PP. Acusou ao goberno galego de levar “40 días sen responder na Cámara” logo da última sesión do mes de decembro para “fuxir de dar explicacións sobre os problemas do país”.

Dixo que a estratexia do goberno galego é converter ao Parlamento “nun muro das lamentacións e non no espello das arelas que preocupan aos cidadáns”, como consecuencia do “noxo” que o presidente da Xunta demostra pola Cámara lexislativa. Feijóo “fuxe” de dar conta da súa responsabilidade política diante dunha Cámara que utiliza para “escenificar en período preelectoral os problemas que lle preocupan”.

Criticou así que rexeite dar conta do prezo dos combustibles, cando Galicia é a segunda Comunidade Autónoma co prezo mais elevado por mor do imposto autonómico aplicado por Feijóo. Mentres, os transportistas galegos ven cómo o executivo escatima a devolución de 800 millóns de euros que foron cobrados irregularmente que si lles devolve ás grandes empresas.

Tampouco comparecerá a Xunta para dar conta da súa “total indiferenza e inoperancia” á hora de aplicar o “paquete lácteo”, como se coñece ao conxunto de medidas propostas pola UE para paliar o fin do sistema de cotas. Este desleixo provocará a “catástrofe” derivada da imposición dunha nova multa por sobreprodución e a supresión da produción dos gandeiros de Galicia, primeira produtora de leite.

A día de hoxe os gandeiros deben afrontar, dixo, o fin das cotas e unha multa cos prezos do leite mais baixos do Estado e ao albur da industria, que se nega a asinar contratos de recollida de leite, sen negociar os prezos e coa ameaza de non recoller o produto.

Finalmente, tamén rexeitaron a comparecencia do presidente da Xunta para dar conta do fracaso da súa política de creación de emprego, logo de que a EPA constatara a semana pasada este “manifesto fracaso da creación de emprego e da política industrial”. Sinalou que Galicia “ten creado 200 novos postos de traballo no que vai de lexislatura cando temos 270.000 parados”.
R.