Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Feijóo apuesta por los conselleiros de Educación e Facenda como candidatos a las alcaldías de Ourense y Vigo, respectivamente. El PPdeG renueva el 57% de sus candidatos

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PPdeG:

O Comité Electoral do PPdeG recibiu as propostas dos órganos municipais ou provinciais competentes sobre as persoas que encabezarán as listas do partido ás vindeiras eleccións nas sete principais cidades de Galicia.

Os candidatos das catro capitais de provincia serán Carlos Negreira por A Coruña, Jaime Castiñeira por Lugo, Jesús Vázquez por Ourense e Jacobo Moreira por Pontevedra. Respecto ás outras tres grandes urbes da Comunidade, os alcaldes de Santiago e Ferrol, Agustín Hernández e José Manuel Rey Varela, optarán a un novo mandato e serán os cabezas de cartel do PPdeG nas próximas eleccións. Pola súa banda, a conselleira de Facenda, Elena Muñoz, será a encargada de liderar a candidatura dos populares na cidade de Vigo.

Isto supón que o PPdeG renove os seus candidatos en catro das sete cidades respecto aos cabezas de cartel que presentou na anterior cita electoral, o que supón un 57,1% de renovación. Repiten os candidatos e alcaldes de A Coruña e Ferrol, así como o aspirante de Lugo, que obtivo en 2011 a porcentaxe máis alta de voto do PPdeG nas sete cidades aínda que non serviu para obter unha maioría suficiente para gobernar.

Os aspirantes das outras catro cidades debutan como cabeza de cartel nestas eleccións, aínda que todos eles teñen participado noutras listas electorais. De feito, os catro formaron parte das candidaturas que presentou o partido de cara as últimas eleccións autonómicas. Tres deles (Hernández, Muñoz e Moreira), acompañando na lista de Pontevedra a Alberto Núñez Feijóo. O outro candidato, o de Ourense, foi número 1 na lista desa provincia nese proceso electoral de 2012 no que o PPdeG recolleu de novo o apoio maioritario das urnas.

Fotografía: Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia
R.