Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

PPdeG y PSdeG apoyan un nuevo reparto de las iniciativas parlamentarias que suprimen las preguntas de AGE y del BNG al presidente gallego

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación del BNG:

O portavoz do grupo parlamentario do BNG, Francisco Jorquera anunciou tras a Xunta de portavoces, que o BNG estudará emprender accións legais ante o Tribunal Constitucional contra o recorte de dereitos parlamentarios.
O nacionalista afirmou, irónicamente, que no Parlamento galego tivo lugar a primeira medida de impulso democrático anunciadas por Feijóo no último pleno e tamén a escenificación do “futuro pacto PP-PSOE” co acordo da Mesa de recortar tempos e iniciativas ao BNG e AGE baixo o pretexto de que existe na Cámara un novo grupo parlamentario, o grupo Mixto.

O grupo Mixto terá máis intervencións en detrimento só do BNG e AGE. Neste sentido, explicou que no vindeiro período de sesións, o BNG e AGE non poderán defender dúas Proposicións non de lei, unha moción, unha Interpelación, unha pregunta ao Goberno e unha pregunta ao Presidente.
Jorquera insistiu en que o BNG ten os mesmos deputados e deputadas que ao inicio da lexislatura e manifestou o súa oposición rotunda ao recorte de iniciativas “aos compañeiros de AGE” en beneficiou do Grupo Mixto.

O nacionalista cualificou de “mordaza ao Parlamento” a decisión da Mesa xustificando que os plenos serían demasiado longos, o BNG, recalcou Jorquera “non ten ningún problema” para prolongalos “tres días e de maneira semanal”. Para o deputado, o cambio das normas parlamentarias amparado por PP e PSdeG, representa a “conculcación dos dereitos de todos os deputados e deputadas” e a vulneracións das normas parlamentarias asentadas dende os primeiros tempos. Jorquera reiterou que o BNG estudará emprender accións legais contra esta nova disposición.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación del PPdeG:

A viceportavoz do Grupo Popular, Marta Rodríguez Arias, cualificou a proposta da Presidenta do Parlamento sobre o reparto de iniciativas entre os grupos parlamentarios para as sesións plenarias de “necesaria e razoable, baseada no acordo asinado por todos os grupos ao inicio da lexislatura e que atende os dereitos das deputadas do Grupo Mixto escindidas de AGE”.

Marta Rodríguez explicou que a proposta formulada pola Presidenta “responde á nova situación existente no Parlamento galego, logo de que se duplicara o número de deputadas do Grupo Mixto procedentes dunha escisión do grupo de AGE, que agora parece que foi culpa da maioría ou da Mesa do Parlamento”.

“Esta solución está baseada no acordo acadado por todos os grupos parlamentarios ao inicio da lexislatura e de acordo co regulamento da Cámara”, subliñou a viceportavoz popular, quen apuntou que, “independentemente de que o Grupo Mixto saíra das urnas ou non, é un grupo parlamentario que ten os seus dereitos”.

A viceportavoz lamentou “a incongruencia dos voceiros da oposición” no momento de posicionarse sobre esta nova proposta e avanzou que “se ao longo do tempo xurde outra proposta alternativa estamos dispostos a falar e chegar a acordos co resto dos grupos parlamentarios”.

“Consideramos que a solución agora non é sentarnos a modificar o regulamento da Cámara na metade da lexislatura, porque as normas de xogo hai que telas claras antes de comezar”, sinalou Rodríguez Arias. Neste sentido, engadiu que “tíñamos unhas normas de xogo acordadas de xeito unánime ao inicio da lexislatura e ese acordo é o que temos que manter, polo que o que hai que facer é distribuír as iniciativas que corresponden a cada período de sesións en función dos deputados de cada grupo parlamentario neste momento”.

Así mesmo, Marta Rodríguez negou a existencia dun acordo co PSOE para levar adiante esta proposta e considerou “ridículas” as protestas dos outros grupos da oposición cando por exemplo o BNG, con sete deputados, ten dereito a presentar case as mesmas iniciativas que o Grupo Popular, con 41 deputados”. “Hai cuestións que esvaran un pouco por parte da oposición tendo en conta que esta modificación fase para que un grupo teña garantido os seus dereitos en base ao regulamento”, anotou.

Respecto das preguntas ao Presidente da Xunta nas sesións plenarias, Marta Rodríguez recordou que o regulamento non concreta absolutamente nada sobre este asunto, “pero hai un acordo da Mesa aprobado por unanimidade que di que non habería máis de tres preguntas por pleno”. “Se se quere cambiar este acordo, hai que sentarse e falar, e desde o Grupo Popular estamos dispostos ao diálogo”, dixo.

Cuestionada sobre a utilización dos vehículos do parque móbil do Parlamento por parte dos membros da Mesa, Rodríguez Arias lembrou a existencia dun acordo unánime por parte de PP, PSOE e BNG do ano 2011 sobre esta cuestión “que se mantén vixente”.

“Non hai vehículos asignados a ningún membro da Mesa de xeito individual, exceptuando a Presidenta”, indicou a viceportavoz referíndose ás explicacións dadas na Xunta de Portavoces pola Presidencia e engadiu que “son desprazamentos para actividades institucionais e actos de representación ou incidencias”.

Neste sentido, cuestionouse “se este acordo leva catro anos en vigor co apoio do PSOE, non se entende porque denuncian agora que non se está cumprindo” e anotou que “se teñen dubidas, a súa obriga non só é denunciar ese suposto incumprimento, senón dirixirse aos letrados da Cámara e consultar se ese acordo se está a cumprir”.
R.