Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

El PSdeG propone una reforma legislativa que incluye una reducción de las vacaciones de los diputados en el Parlamento de Galicia

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:

Os socialistas galegos presentaron unha proposición de Lei para reformar o Regulamento cun conxunto de 25 propostas concretas para mellorar o funcionamento da Cámara e achegala á cidadanía. Propoñen obrigar á comparecencia dos conselleiro no caso de non entregar a información requirida polos grupos ou a constitución de Comisións de Investigación a petición dunha terceira parte dos deputados e deputadas.

Tamén solicitan aumentar os períodos de sesións eliminando as “vacacións” parlamentarias de xaneiro e xullo, considerados inhábiles, reducindo os días de inactividade dos 90 actuais a 40. Ademais, contemplan a posibilidade de que nos procedementos de elaboración de leis sexa posible requirir da Xunta os antecedentes ou documentación axeitada.

A proposta obriga á posta en marcha dun portal de transparencia onde publicar a xestión, gastos e actuacións do Parlamento, onde figure a asistencia dos deputados e deputadas ás sesións, publicar as súas declaracións tributarias e informar sobre as subvencións dos grupos parlamentarios ou a execución orzamentaria da Cámara. Tamén prevén unha maior participación da cidadanía a través da Comisión de Peticións.

Finalmente, os socialistas propoñen definir a situación do Grupo Mixto, no que se diferencie aos deputados procedentes de opcións políticas que non acadaron os cinco deputados necesarios para constituír grupo propio dos deputados sen adscrición política, procedentes da escisión doutro grupo parlamentario.

A viceportavoz do Grupo Socialista, Carmen Gallego, fixo unha radiografía da situación socioeconómica de Galicia logo de seis anos de xestión de Feijóo, nos que constatou que “os galegos cada vez viven peor”. Engadiu que “nin un só dato” ou indicador revela unha mínima mellora da situación da cidadanía galega, mentres o goberno galego esfórzase por tender “cortinas de fume”.

O goberno de Feijóo supuxo, pola contra, que 101.100 galegos mais quedaran sen traballo e 50.000 fogares carezan de calquera tipo de ingreso, mentres a Xunta só garante a renda social para 10.000 persoas. Neste contexto, o goberno de Feijóo “non ten feito nada para impulsar o emprego” nin para defender aos sectores industriais ou os coñecidos como “sectores refuxio” da economía galega.

Pola contra, o único que acadou a facer foi “aprobar unha batería de leis inútiles, centradas na publicidade e a propaganda para tapar a realidade” da situación socioeconómica dos galegos e das galegas.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PPdeG:

O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, afirmou que a proposta de reforma do Regulamento formulada polo Grupo Socialista “é un documento apresurado e conxuntural á raíz doutras decisións e circunstancias que aconteceron nesta Cámara recentemente, así como de resposta a iniciativas que ten anunciado o Grupo Popular”. Neste sentido, considerou “chamativo que o Partido Socialista se abstivera hai dous meses cando se debateu unha reforma do regulamento a proposta do BNG”, o que incide no seu carácter improvisado e que nalgúns casos vai en contra das correntes de opinión actuais.

Puy recordou que, na sesión plenaria celebrada o 2 de decembro de 2014, o BNG defendeu unha iniciativa instando á reforma do Regulamento do Parlamento. “Naquela iniciativa o Grupo Socialista abstívose, cando moitas das propostas que presentaba o BNG eran semellantes ás que agora formula o PSOE”, indicou o portavoz popular, quen indicou que “non hai un acordo acerca de cara onde debe camiñar esa reforma, que todos entendemos debe ser consensuada”. Por este motivo, o portavoz popular considera que esta proposición de lei “é unha apresurada reforma feita a raíz doutras iniciativas que ten anunciado o Grupo Popular", como a proposición de lei de participación cidadá na actividade lexislativa e non lexislativa nesta Cámara.

Ademais, Pedro Puy engadiu que “introduce algunha cuestión que vai absolutamente en contra das correntes de opinión actual, como que se reforce o papel das direccións dos partidos políticos e dos grupos, de xeito que poidan expulsar a un deputado e mandalo ao limbo que é o grupo de non adscritos, que conviviría co Grupo Mixto”. “Esta é unha forma de reforzar o papel dos partidos nun momento no que todos estamos pensando en potenciar a capacidade dos representantes públicos de actuar conforme a súa conciencia”.

Cuestionado sobre a posibilidade de que un terzo dos deputados poidan crear comisións de investigación ao longo dunha lexislatura, Pedro Puy considerou “unha perversión do principio da maioría que un terzo dos deputados decidan facer filibusterismo parlamentario e abrir infinitas comisións de investigación sobre calquera tema”. “Resulta chocante que quen rexeitou algo que era razoable, como que 25 deputados puideran solicitar dúas comisións de investigación por lexislatura, agora propoñan que ese mesmo número de deputados poidan aprobar indefinidas e infinitas comisións de investigación nesta Cámara”, anotou.

Respecto da nova distribución de iniciativas para as sesións plenarias, Puy asegurou que “a proposta da Presidencia foi aceptada por todos os membros da Mesa e na Xunta de Portavoces manifestáronse a favor da iniciativa os representantes do Grupo Popular, Grupo Socialista e Grupo Mixto”.

O portavoz popular negou que haxa redución de iniciativas e de tempos para os grupos da oposición. Respecto aos tempos, explicou que, respecto ao grupo maioritario, a oposición verá incrementado o tempo de que dispón no Pleno como consecuencia da existencia do Grupo Mixto, “que ten dereito de acordo co regulamento ao mesmo tempo de intervención que teñen os demais grupos da Cámara”.

“En relación ao número de iniciativas, tampouco ten variado respecto ao que se pactou ao inicio da lexislatura: tres interpelacións, oito preguntas, tres preguntas ao Presidente e oito proposicións non de lei”, lembrou. Deste xeito, asegurou que “ese pacto mantense, o que variou é que o reparto de iniciativas faise doutra maneira como consecuencia de que un grupo da oposición dividiuse e o novo grupo parlamentario ten os seus dereitos segundo o Regulamento”.

Referíndose en concreto ao Pleno desta semana, Puy sinalou que das 28 iniciativas que se inclúen na orde do día 22 corresponden aos grupos da oposición (9 ao PSOE, 6 a AGE, 6 ao BNG e 1 ao Grupo Mixto) fronte a 4 do grupo maioritario, ao que se suma o debate dun proxecto de lei e unha comparecencia do vicepresidente da Xunta. “Non se silencia a ninguén e moito menos aos grupos da oposición que en total suman unha porcentaxe arredor do 80 por cento das iniciativas debatidas”, apuntou.

Pedro Puy dixo que “en absoluto hai un silenciamento da oposición” e anotou que “o Parlamento non pode estirar os seus tempos indefinidamente en función das pelexas e das divisións dos grupos da oposición, porque estaríamos facendo un fraco favor tanto á institución parlamentaria como de respecto ao que se merecen os votantes, que elixiron a uns deputados formando parte dunhas listas e que, por razóns non sempre ben explicadas, decidiron formar parte agora do Grupo Mixto, que lles resulta máis conveniente tanto desde o punto de vista económico como desde o punto de vista do seu protagonismo nos plenos”.

Respecto dun suposto adianto das eleccións autonómicas, o portavoz popular manifestou que “estamos comezando a vencer a crise e inverter esa tendencia que nos deixaron os socialistas de destrución de emprego”, polo que “o que se require é estabilidade política”.

Neste sentido, lamentou que “noutros lugares de España hai persoas do PSOE que antepoñen as circunstancias electorais propias do seu partido, como non deixar consolidar opcións que parece que lle discuten boa parte do seu electorado, e provocan que os seus cidadán teñen que votar nun prazo de dous meses en dous procesos electorais, cando non era necesario”.

“Esa circunstancia non se da en Galicia, onde hai un goberno estable, unha maioría estable, un grupo parlamentario que comparte a labor que se está a facer desde o Goberno, que apoia ao Presidente e que é tremendamente solidario na xestión da crise máis dura que tivo un Goberno autonómico”, sinalou, polo que “o que corresponden neste momento é seguir traballando como estamos a facer no que vai de lexislatura para seguir creando as condicións que nos permitan saír da crise”.
R.