El BNG propone la celebración de plenos de tres jornadas matinales para optimizar el funcionamiento de los debates en el Parlamento de Galicia

O Grupo parlamentario do BNG rexistrou un recurso dirixido á Mesa do parlamento para que este órgano “reconsidere o acordo polo que se recortan dereitos parlamentarios”.
O recurso de reconsideración, dixo o portavoz parlamentario, Francisco Jorquera, tenta anular un acordo que incumpriu todas as garantías procidementais, “non figuraba na orde do día da Xunta de portavoces, nin foi aportada documentación” e as normas foron cambiadas “arbitralmente”.
Jorquera cualificou o acordo de “discrecional e discriminatorio” por aplicar unhas normas para o Grupo popular e o socialista e outras para o resto dos grupos contrarias ao establecido polo regulamento e este prevalece sobre calquera acordo da Mesa porque é “unha lei”.
O portavoz do G.p do BNG explicou que o acordo obedece a nova composición da Cámara por mor da crise de AGE e a marcha de dúas deputadas para o grupo Mixto, “O BNG, PP e PSdeG non sufriron alteración algunha no seu número de deputad@s” e a novo acordo “atenta contra o pluralismo e dereitos dos grupos parlamentares”.
Contra o acordo, o BNG propón celebrar tres xornadas matinais plenarias, cumprir o artigo 28 para que todos os grupos gocen dos mesmos dereitos: “que os plenos se desenvolvan en tres xornadas matinais sucesivas” reservando as tardes para outras tarefas parlamentarias. Es nova planificación ordena de maneira máis racional sos debates e a súa cobertura informativa.
Por outra parte, Jorquera tamén defendeu que a ordenación dos debates obedezan a especialización dos temas a tratar en cada xornada, “diferenciando as medidas de impulso e de control ao Goberno”.
R.