El PPdeG celebra entre el 28 de febrero y el 1 de marzo su convención de cara a las municipales

O secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, anunciou a decisión do partido de celebrar unha Convención municipal os día 28 de febreiro e 1 de marzo, en Santiago de Compostela.
Tras a reunión do Comité de campaña dos populares galegos, Rueda avanzou que a intención non é facer un mitin para falar dende o atril senón unhas xornadas de traballo nas que escoitar á militancia e interactuar coas persoas que traballarán arreo polo partido de cara as vindeiras eleccións.
O obxectivo é actualizar idearios e seguir a ser a forza política de referencia en Galicia. Para iso, o dirixente popular avanzou que o partido poderá falar cos seus dirixentes non só en Galicia senón tamén no Goberno de España. De feito, Rueda asegurou que os populares galegos estarán acompañados nesas datas por dirixentes nacionais, se ben deixou para os próximos días a confirmación de que persoas estarán nesa Convención, á espera de cadrar as axendas de todos eles.
Alfonso Rueda recordou que a celebracións das eleccións andaluzas compromete a dispoñibilidade dos dirixentes do partido. De feito, o propio presidente Feijóo podería recibir peticións para participar na campaña doutros territorios.
Fotografía: PPdeG
R.