Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

El Parlamento de Galicia decide reconsiderar el reparto de iniciativas tras las protestas de la oposición

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación del PPdeG:

O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, expresou a súa esperanza en que “haxa un axuste no acordo da Mesa do Parlamento sobre as iniciativas dos plenos, de xeito que non haxa grupos que se poidan sentir discriminados”. “Nós estamos a ceder e estamos a sufrir tamén as consecuencias das divisións en AGE e, a partir de aí, haberá que buscar unha solución á distribución de iniciativas nos Plenos, porque se non hai acordo haberá que aplicar estritamente o Regulamento e os que pensan que poden ganar con este lío ao final acabarán perdendo, porque o Regulamento marca unha tendencia cara un reparto proporcional das iniciativas”, Pedro Puy.

Puy recordou que existe un acordo unánime dos grupos de inicio da lexislatura que conleva un desenvolvemento das ordes do día con oito proposicións non de lei, tres interpelacións, tres preguntas ao Presidente da Xunta e outras oito preguntas a membros do Goberno galego. “Este acordo se altera no momento en que se pasa a catro grupos parlamentarios e implica un alongamento das ordes do día, que levou á Mesa a establecer un novo reparto dos cupos entre os grupos da oposición”, apuntou.

“Creo que todos temos que asumir as consecuencias do problema xerado por un grupo que se escindiu e que o regulamento recolle dereitos para os deputados do novo Grupo Mixto”, manifestou Puy, quen salientou que “coa existencia do novo grupo, o PP está cedendo espazo, tempos e capacidade de iniciativa”. En concreto, o portavoz popular puxo como exemplo os tempos de intervención reais de cada grupo Parlamentario no último pleno celebrado os días 10 e 11 de febreiro: o Goberno galego falou 141 minutos; o Grupo Popular, 114 minutos; o PSdeG, 178 minutos; AGE, 139 minutos; BNG, 136 minutos; e o Grupo Mixto, 98 minutos. “Somos o segundo grupo que menos falou na sesión plenaria, como consecuencia de respectar os dereitos que todos os grupos teñen recoñecidos”, sinalou Pedro Puy. Ademais, engadiu que “no xogo de tempos entre Goberno-Grupo maioritario e grupos da oposición a comparativa é de 4 horas e 16 minutos fronte a 9 horas e 20 minutos”.

Por este motivo, afirmou que “confío nos bos oficios da Presidencia para axustar o acordo da Mesa de tal forma que ningún grupo se sinta prexudicado”. “Este debate é pouco construtivo e edificante, polo que a predisposición do PP ao acordo é máxima, cedendo tempos e permitindo unha desproporción moi grande entre o número de iniciativas que propón a oposición e as que propón a maioría”, sinalou.

Respecto da proposición de Lei de iniciativa lexislativa popular e participación cidadá no Parlamento de Galicia rexistrada polo Grupo Popular, Pedro Puy indicou que “estamos dispostos a analizar todas as emendas que se presenten na procura dun acordo”. Neste sentido, situou o límite en que as emendas “sexan congruentes co que é o papel da Cámara e a súa función representativa, fomentando a participación da cidadanía”.

“É bo que nesta materia tamén sexamos capaces de buscar un acordo que, partindo do noso texto, implique cambios importantes que poden introducir dinámicas non coñecidas nos máis de 20 anos de existencia desta Cámara”, dixo.
R.