Protesta estudiantil en Galicia contra el decreto 3+2 de reforma universitaria

O BNG apoiou as demandas dos estudantes de ensino medio e universitario que saíron a rúa nas cidades do páis para defender un “ensino público digno e de calidade” ameazado polos recortes e polos cambios normativos promovidos polo PP desde o Goberno central e desde a Xunta, que supoñen un ataque sistemático a unha educación universal e de calidade.
Como última mostra, a proposta do 3+2 para a obtención dun título universitario que, na práctica, supón devalar o ensino universitario e encarecer o acceso a unha formación académica de calidade obrigando ás familias a pagar para que os fillos e fillas podan completar os estudos superiores con masters, cuxo custe de matricula pode chegar a triplicar as taxas dos cursos de grao. Na práctica, supón pechar a porta ao alumnado con menor recursos, con independencia da súa capacitación académica.
O Bloque secundou a protesta coa presenza dunha representación encabezada polo portavoz nacional, Xavier Vence, na manifestación celebrada en Santiago e reitera a súa posición de apoio ao ensino público, como estratexia para un país que aposte polo coñecemento para o desenvolvemento económico e como mecanismo de igualdade e xustiza social.

Nota de prensa do Gabinete de Comunicación de Esquerda Unida:
EU secunda as mobilizacións convocadas en todo o Estado ante as reformas en educación superior que expón o goberno do PP. EU mostra o seu total apoio ás mobilizacións e a folga estudantil contra o Decreto 3+2 e a reforma universitaria. Denunciamos que esta norma provocará que o acceso á formación superior sexa inasumible para a gran maioría das familias ante o elevado custo dos másteres, eliminaranse carreiras, devaluará o título de grao e provocará o despedimento de profesorado na UDC e nas universidades do conxunto do Estado. Cercenará a igualdade de oportunidades na educación e provocará o desmantelamento do tecido universitario; tan importante unha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria; e tan vital para o crecemento económico e o cambio de modelo produtivo.
Esquerda Unida fai un chamamento a toda a comunidade universitaria, movementos sociais e cidadanía da Coruña para esixir a derrogación do decreto de ordenación dos estudos universitarios. Se o recente incremento dun 66% nas taxas, a redución da contía das bolsas e o endurecemento dos requisitos para logralas supuxo a expulsión de 45.000 estudantes da Universidade por non ter diñeiro, con este decreto expulsarase a moitos máis (hoxe dos 1,4 millóns do total de estudantes universitarios, só ao redor de 100.000 poden estudar un máster). A situación está a afectar especialmente a nosa cidade, xa que as matriculacións caen este ano en 1.348 persoas na UDC e dobran a media do Estado.
Silvia Cameán, gañadora das primarias abertas de EU, indicou que “a sociedade ten que movilizarse unida para defender a Universidade Pública da agresión de Wert. O 3+2 leva aparellada a exclusión dos fillos e fillas de moitos traballadores do acceso a estudos universitarios e a expulsión masiva de profesorado universitario cando se suprima un curso enteiro nos graos”.
R.