La Diputación Provincial de Lugo decreta tres días de luto oficial por la muerte de Francisco Cacharro

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, lamentou o falecemento de Francisco Cacharro Pardo, “unha persoa que, sen dúbida, ocupa unha parte importante na historia desta provincia e desta administración, da que foi Presidente durante 24 anos, dende 1983 e ata 2007”.
Gómez Besteiro expresou e trasladou, no seu nome e no de toda a Corporación Provincial, “as máis sentidas condolencias” e o “pésame sincero” “a toda a súa familia e a amigos”.
O Presidente decretou tres días de loito oficial, que comenzarán esta mesma tarde e ata o martes incluído, durante os cales se suspenden todos os actos públicos oficiais da institución, e as bandeiras ondearán a media asta e con crespón negro.
Gómez Besteiro apuntou que a Deputación ofreceu á familia de Cacharro Pardo instalar a capela ardente no Pazo de San Marcos, unha proposta que foi aceptada polo que esta se situará no Salón de Plenos Provincial. Estará aberta a partires das 18:00 horas de hoxe.
O Presidente avanzou que se está a elaborar unha declaración institucional polo falecemento de Cacharro Pardo, na que se recollerán todos estes acordos.
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación del PP de Lugo:
El portavoz del Grupo Popular en el Senado y presidente del PP de Lugo, José Manuel Barreiro, ha lamentado profundamente el fallecimiento de Francisco Cacharro y ha expresado su más sentido pésame a la familia del histórico dirigente del Partido Popular, que llevó al partido a las más altas cotas de representatividad en la política lucense y gallega.
En opinión del presidente provincial del PP, Francisco Cacharro fue un pilar fundamental en la trayectoria del partido en la provincia, además de haber sido una figura clave en la historia política de la Comunidad Autónoma de Galicia.
José Manuel Barreiro ha destacado la dedicación de Cacharro por los lucenses desde todos los cargos que desempeñó: presidente provincial del PP, presidente de la Diputación de Lugo, concejal del ayuntamiento y senador por dicha provincia desde la legislatura constituyente hasta el año 2008.
Por último, el presidente del PP de Lugo y portavoz de los senadores populares, ha querido destacar la fortaleza del PP de Lugo durante la etapa de Francisco Cacharro y ha recordado que dentro de los múltiples logros que consiguió para la provincia fue la creación del campus universitario en la ciudad.
Tralo falecemento do ex presidente da Deputación de Lugo, Francisco Cacharro Pardo, o GPP lamenta o seu falecemento e expresa o seu pesar a súa familia. O GPP solicitará que a súa figura sexa condecorada coas máximas distincións que poida outorgar a Institución provincial en recoñecemento a súa figura e traxectoria.
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación del PSdeG de la provincia de Lugo:
O Secretario Provincial do PSOE de Lugo, Juan Carlos González Santín, en nome de todos os socialistas da provincia lamenta profundamente o falecemento do que durante máis de dúas décadas fora presidente da Deputación de Lugo, Francisco Cacharro. O secretario provincial destaca que se tratou “dunha persoa de dilatada traxectoria política que ocupou diversos cargos a nivel institucional, e que forma parte xa da historia da política da nosa provincia”.
González Santín mostra as súas condolencias e pésame á familia e allegados do falecido, así como ao Partido Popular de Lugo.
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación del BNG:
O Bloque Nacionalista Galego rexeita que a capela ardente de Francisco Cacharro Pardo se instale no Pazo de San Marcos, sede da Deputación, e desvincúlase das “decisións unilaterais” do presidente da institución provincial, José Ramón Gómez Besteiro, en relación ao pasamento do ex presidente da Deputación desde 1983 a 2007.
O voceiro do Grupo Provincial do BNG na Deputación, Mario Outeiro, mostrou “as condolencias á familia de Francisco Cacharro Pardo polo seu falecemento” pero quixo desmarcarse “por completo” das decisións tomadas por Besteiro, e que o BNG non comparte, en relación tanto á instalación da súa capela ardente na sede da Deputación como aos actos institucionais previstos.

O BNG estima que “non é momento para facer ningunha valoración política dos anos de Francisco Cacharro á fronte da Deputación de Lugo senón unicamente de transmitir as condolencias á familia” pero considera que “os cidadáns e cidadás da provincia de Lugo non queren mirar ao pasado, o que queren é que se siga traballando polo futuro”.
Fotografía 2: http://galegos.galiciadigital.com/es/francisco-cacharro-pardo
R.