Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

El presidente de la Xunta sigue defendiendo la venta de NCG a Banesco y dice que se enteró de la situación de las antiguas cajas gallegas por el Rey

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, valorou no pleno do Parlamento o feito de que “por fin” todas as forzas políticas recoñezan o crecemento da economía galega e garantiu o compromiso do Goberno autonómico para seguir traballando neste obxectivo.

“Hoxe pregúntanme por unha entidade financeira que xa non dá perdas e por unha economía galega que xa deixou de decrecer, algo inédito”, aseverou, en alusión ás preguntas dos grupos, logo de incidir en que por primeira vez a economía galega medrou desde o ano 2010.

Nesta liña, salientou que, “na Comunidade, hoxe, hai 22.500 persoas menos nas oficinas de desemprego e 15.000 afiliados máis á Seguridade Social. Temos menos paro que o ano pasado, que hai dous anos e que hai tres. O sector servizos subiu un punto e medio e o sector primario volveu subir un 1,1. E estase recuperando o consumo e as exportacións”.

Non obstante, durante a súa intervención, Feijóo explicou o comportamento do PIB no 2014 referíndose á situación do sector naval e da automoción. E, neste senso lembrou, a modo de exemplo, que mentres no sector do automóbil, España crece o 8,5%, Galicia decreceu un 1% e, no naval, os estaleiros non puideron durante dous anos producir barcos como consecuencia do tax-lease.

Diante destas cifras, Feijóo salientou que a Xunta seguirá traballando nestes sectores. “Nunca negamos os problemas da automoción e do naval e por iso nos puxemos a traballar e imos seguir traballando e, neste momento, en Vigo hai un compromiso de PSA-Peugeot Citröen de facer novos modelos a partir de 2017 -un compromiso de 600 millóns de investimento-; e, na industria do naval hai 1.300 millóns de contratos en execución ou asinados”.

En resposta á pregunta sobre a entidade financeira Abanca, Feijóo salientou que, mentres outras comunidades quedaron sen entidades financeiras radicadas no seu ámbito territorial, Galicia mantén unha entidade financeira “radicada en Galicia, con emprego en Galicia, con oficinas en Galicia e producindo efectos positivos en Galicia”. “Desde sempre a postura deste Goberno foi clara. Nós pretendiamos manter en Galicia unha entidade financeira estable, vinculada con Galicia, solvente e socialmente comprometida. Manter o emprego, manter a maior parte da rede de oficinas e manter a obra social. Ese era o compromiso e a oferta que gañou a poxa cumpría eses requisitos”, abundou.

Feijóo concluíu resaltando que o consumo das administracións públicas subiu seis veces máis que a media de España -0,1% en España e 0,6% en Galicia-. “É dicir, a Xunta e as administracións públicas investiron moito máis en Galicia que no resto do país; pagamos aos provedores un mes antes que no resto das comunidades; os galegos debemos moito menos diñeiro que a media dos españois e mantivemos os nosos servizos públicos sen acudir aos 90.000 millóns que España puxo para as administracións públicas”, lembrou, insistindo en que Galicia, durante a recesión económica, “tivo unha fortaleza superior ao resto das comunidades e hoxe está nunha posición de optimismo” en relación coa economía deste ano 2015.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de AGE:

“Se a vostede lle aplicáramos a Lei de Emprego Público que está a tramitar este Parlamento e que pretende avaliar os traballadores públicos, estaría despedido, señor Feijóo”, iniciou a súa intervención na sesión de control Yolanda Díaz, “porque agora sabemos o que fixo en 2014: fixo pouco e fixo mal”. A viceportavoz de Alternativa Galega de Esquerda referíase, por exemplo, ao crecemento da economía galega, 3,5 veces menor que o da española. “A economía galega vaise facendo cada vez máis pequena e apenas temos capacidade produtiva. Vostede é responsábel do diferencial negativo respecto do Estado”, concluíu Díaz.

En 2014, só tres comunidades autónomas do Estado español destruíron emprego. Á cabeza encontrouse Galicia. “Mentres España crea emprego, de mala calidade, precario, vostede destrúeo”, afirmou a parlamentaria de AGE. O pasado ano este país pechou con 2.200 traballadores e traballadoras menos, con 6.500 menos con contrato indefinido e con 1.700 menos con contrato a xornada completa. “Vostede está pagando con esta política de destrución o seu currículo de mal xestor”, engadiu.

Máis alá do seu habitual funambulismo cos datos e cifras referidos ao grave estado da economía galega –así o certifican economistas de todas as tendencias políticas e teóricas-, Feijóo realizou un inusual, e seguramente involuntario, de sinceridade: admitiu o fracaso da súa política industrial en dous sectores tan centrais como o naval e a automoción. Iso si, fíxoo ao seu xeito, como se o asunto non fose con el e eludindo toda responsabilidade. “Vostede non pode dicir que o sector naval e a automoción non funcionan, non ten lexitimidade para dicilo, se non rectifica as súas políticas”, indignouse Yolanda Díaz, quen lembrou o traballo de oposición de AGE a respecto da emerxencia no naval: “Temos as gradas baleiras, hai pobreza, e están a desmantelar o sector público naval”.

A viceportavoz de Alternativa Galega de Esquerda rematou a súa intervención na sesión de control parlamentario ao presidente da Xunta cunha mención á liquidación planificada das caixas de aforros.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación del BNG:

O portavoz do grupo parlamentario do BNG, Francisco Jorquera acusou o Presidente da Xunta de perpetrar “un pelotazo ás arcas públicas” coa venda da entidade financeira Novagalicia Banco con 9.000 millóns de euros públicos para saneala dos que non serán recuperados “ni un só euro”.

A través da pregunta de control, o parlamentario tamén se referiu, entre outras cuestión, ao pago dun millón de euros públicos como resultado de non responder a Xunta ás reclamacións de Pescanova así como a venda “a prezo de ganga” de Barreras a Pemex.

Concretamente sobre esta negociación, Jorquera lembrou que o BNG advertiu da intención da petroleira mexicana de mercar o estaleiro galego para transferir a México o seu coñecemento tecnolóxico e un ano despois, afirmou, Pemex anuncia que retira a carga de traballo de Barreras, vostede, “segue vendendo fume e a Galiza por parcelas”.
R.