Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

La Xunta decide ampliar los supuestos en los que se podrá solicitar una segunda opinión médica y reduce a 10 días la tramitación de este derecho

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou tras o Consello da Xunta a aprobación do decreto que regula o dereito a pedir unha segunda opinión médica no Servizo Galego de Saúde, con dúas grandes novidades: a ampliación dos supostos e a redución da tramitación deste dereito a só dez días.

No tocante a ampliación dos supostos, Feijóo precisou que se inclúen: a totalidade de neoplasias malignas; tamén se establece, de xeito expreso, a posibilidade de solicitar unha segunda opinión no caso de recidivas tumorais malignas; e, igualmente, no caso de que aparezan novos tratamentos para unha enfermidade previamente diagnosticada e incluída nos supostos que permiten o exercicio do dereito a unha segunda opinión médica.

E, en relación á redución da tramitación, o presidente autonómico salientou que o texto aprobado fixa un máximo de dez días hábiles para resolver a solicitude fronte ao mes de regulación actual, “o que loxicamente contribuirá a diminuír a incerteza dos pacientes nestes casos”.

Nesta liña, precisou que o decreto regula tamén con maior detalle o procedemento para o exercicio da segunda opinión, xa que se incorpora a posibilidade de facela vía telemática e non só de forma presencial como ata o de agora.

Con este texto, Feijóo salientou que a Xunta continúa co desenvolvemento normativo da Lei de Garantías: xa se ten aprobado o relativo ás instrucións previas e hoxe queda listo o decreto sobre o dereito ao exercicio da segunda opinión médica, explicou, logo de avanzar que, con carácter inmediato, tamén se aprobará o correspondente decreto no que se refire ao dereito á libre elección de médico de familia, pediatra e persoal de enfermería no ámbito de atención primaria e de centro hospitalario no conxunto do Sistema galego de Saúde.

Deste xeito, o titular da Xunta aseverou que o Goberno galego cumpre os compromisos que asumiu ao aprobar a Lei de Garantías Sanitarias “e, sobre todo o desenvolvemento lexislativo dunha lei que amplía dereitos e que amplía tamén obrigas para o propio Servizo público de Saúde”.
R.