La deuda gallega se incrementa un 8% en el año 2014 y alcanza los 9.961 millones de euros, representando e 18% del PIB

Galicia é a comunidade de réxime común que menos incrementou o seu endebedamento no ano 2014, e a consecuencia disto o diferencial positivo coa media autonómica ampliouse ata os 4,4 puntos, o maior da historia da Autonomía ao peche do ano.
Segundo reflicten os datos do Banco de España, Galicia é a autonomía onde menos medrou a ratio de endebedamento no último ano (1,2 puntos), mentres que a media das comunidades autónomas aumentou o dobre (2,4 puntos) respecto ao remate do ano 2013.
En concreto, a Xunta de Galicia rexistra ao peche do cuarto trimestre de 2014 unha ratio de débeda/PIB do 18,0%, polo que segue ampliando o diferencial positivo con respecto á media autonómica, que se sitúa no 22,4%. Este diferencial vén crecendo ano a ano dende 2009.
Deste xeito, a Comunidade galega pecha o 2014 cunha ratio de débeda/PIB por debaixo da do conxunto das autonomías. En contraste, Galicia era en 2008 a cuarta autonomía con maior endebedamento público, cunha ratio superior á media autonómica.
Tendo en conta a ratio global de débeda -incluíndo a das empresas públicas- o diferencial positivo é aínda maior, de 4,8 puntos. Segundo os datos do Banco de España, a ratio de débeda/PIB das empresas públicas en Galicia é do 0,1%, moi inferior ao conxunto de comunidades (0,5%).
De feito, o endebedamento das empresas públicas da Administración galega reduciuse no último ano á metade, pasando dunha ratio débeda/PIB do 0,2% ao 0,1%. Compróbase así que Galicia segue apostando pola transparencia e non concentra endebedamento nas empresas públicas, cunha redución acumulada do 75% dende 2009.
A Comunidade galega vén mantendo unha política de control do endebedamento e do déficit público, e é a terceira autonomía que menos incrementou a súa débeda dende 2009.
R.