La Xunta y el Estado preparan la visita de la OCDE a Galicia para valorar la implantación de las medidas de racionalización

O vicepresidente da Xunta,Alfonso Rueda e a vicepresidenta do Goberno, Soraya Sáenz de Santamaría, mantiveron unha reunión na Moncloa co fin de preparar a próxima visita a Galicia da OCDE onde analizarán o cumprimento do Informe CORA na nosa comunidade.
Alfonso Rueda destacou que no marco do cumprimento do CORA, a nosa comunidade é un exemplo de boas prácticas xa que leva executadas ou en vías de execución o 91,1 por cento das medidas que o Estado recomendou a todas as CC.AA. españolas. Ademais, a maioría das medidas que o Ministerio propón no seu Informe dende o ano 2013, xa foran adoitadas en Galicia dentro do proceso de racionalización administrativa iniciado no ano 2009. Por este traballo levado a cabo na nosa comunidade, Galicia foi elixida xunto á comunidade de Murcia para a vista que membros da OCDE realizarán a España a finais deste mes
Galicia foi a primeira comunidade en actuar ante a crise emprendendo unha profunda reforma da Administración reducindo a súa estrutura e eliminando duplicidades, polo que cando o Goberno puxo en marcha o CORA, a nosa comunidade xa estaba traballando en parte destas medidas, por todo iso estamos á cabeza no obxectivo de lograr unha Administración máis moderna, máis eficaz e máis racional, ca máxima de gastar mellor, eliminar duplicidades e maior calidade do servizo, acadando así unha maior administración para os nosos cidadáns.
O pasado mes de xuño de 2013, o Goberno estatal puxo en marcha a súa proposta para a Reforma das Administracións Públicas – o denominado informe CORA, un proxecto encamiñado a lograr unha administración mais eficiente, racional, eficaz e transparente. E que incorporaba unha batería de medidas encamiñadas a eliminar duplicidades coas CCAA e dentro do propio Estado; eliminar trabas, simplificar procedementos e facilitar o acceso dos cidadáns á Administración; mellorar a xestión de servizos e medios comúns, e racionalizar a Administración institucional, tanto no plano normativo como mediante a supresión e integración de entidades públicas.
Entre as principais medidas implantadas e avances no ano 2014 na nosa comunidade podemos destacar a entrada en vigor da lei 14/2013 de 26 de decembro de racionalización do sector publico autonómico de Galicia que incorpora todo un conxunto de medidas en dous dos ámbitos mais relevantes do Informe CORA, como son a administración instrumental e a contratación pública; a posta en marcha en xaneiro do das medidas tendentes á posibilitar que os empregados públicos poidan facer uso da flexibilidade horaria e do teletraballo no desenvolvemento das súas funcións.
Ademais, co lanzamento do “Plan de Axilización Administrativa”, Plan Achega 2014-2016, aprobado polo Consello da Xunta o pasado mes de febreiro, aproximase a Administración á cidadanía mediante a adopción das medidas necesarias para incorporar todos os procedementos administrativos á sede electrónica da Xunta de Galicia, reducir os tempos de resolución, simplificar trámites e facilitar a presentación de documentos non susceptibles de supresión, axilizando así a prestación dos servizos públicos á disposición dos cidadáns. Una vez culmine a súa implantación, máis de 900 procedementos haberán sido revisados, simplificados, reducidos os seus prazos, eliminadas as cargas inxustificadas e postos a disposición da cidadanía na sede electrónica.
En abril de 2014, deuse un novo impulso á modernización, racionalización e simplificación dos procedementos administrativos a través da modificación das “Guías para a habilitación electrónica de procedementos administrativos e convocatorias de subvencións” que foran aprobadas en Consello da Xunta no ano 2013. Así o obxectivo é seguir avanzando na redución de trámites e cargas burocráticas, ademais de facilitar a relación entre os cidadáns e a Administración, contribuír á reducir os custos administrativos das actividades empresariais e axudar a mellorar a competitividade das empresas grazas á promoción da sede electrónica como canle preferente na tramitación administrativa. Entre as novidades mais salientables que incorpora a nova versión das guías de habilitación de procedementos destacan a obrigatoriedade naqueles procedementos que teñan como destinatarios entidades locais, de utilizar a sede electrónica como único canle para a presentación das súas solicitudes e a adaptación aos novos sistemas transversais de tramitación dispoñibles, como son a notificación electrónica de Galicia e a plataforma de interoperabilidade pasaXe.
En xuño de 2014 a Xunta de Galicia aprobou o “Plan de Mellora da Contratación Pública” co obxectivo de acadar unha maior eficiencia e un maior aforro para a administración na contratación de servizos, obras e subministracións e unha redución dos trámites para o contratista, garantindo os pagamentos en tempo e forma, a concorrencia entre ofertas e a elección da mellor.
Tamén aprobouse a Terceira fase de Avaliación de Entidades dependentes da Xunta de Galicia. O Consello da Xunta autorizou o pasado mes de setembro, a implantación da folla de ruta para cada un dos 32 entes que foron obxecto de análise, a través da execución das correspondentes medidas de reestruturación, mellora ou extinción dos mesmos.
Desta forma, Galicia foi a primeira comunidade autónoma en completar a revisión e a avaliación da administración instrumental dependente da Xunta de Galicia iniciada no ano 2009 actuando sobre un total de 160 entidades dependentes da Administración autonómica Galega.
R.