Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

La Ciudad de la Cultura de Galicia acoge una representación especial de Romeo y Julieta, en versión marionetas y la Real Filharmonía de Galicia

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria porá en escena no Museo Centro Gaiás unha orixinal versión do ‘Romeo e Xulieta’ de William Shakespeare interpretada pola Real Filharmonía de Galicia e monicreques de gran formato. Deste xeito, a Cidade da Cultura adiántase á celebración do Día Internacional da Danza ofrecendo o sábado 25 de abril unha novidosa versión dunha das traxedias máis coñecidas e admiradas de todos os tempos, ‘Romeo e Xulieta’, a través do ballet composto polo ruso Sergei Prokofiev.

A escenografía contará coa propia Real Filharmonía de Galicia, que interpretará quince pezas da música descritiva do ballet de Prokofiev mentres os monicreques se moven sobre o escenario, dándonos a cada momento a tensión dramática das escenas. Estamos ante unha obra moi visual onde a principal protagonista é a música e na que orquestra, actores e monicreques se interrelacionan ata formar unha unidade narrativa.

‘Romeo e Xulieta’ está pensado para todos os públicos a partir de 9 anos e terá lugar o 25 de abril a partir das 19 horas no Museo Centro Gaiás.

As entradas xa están á venda no Punto On da Cidade da Cultura e en www.ataquilla.com a un prezo de 5 euros máis gastos de xestión (6 euros en billeteira o día do espectáculo). Para este espectáculo, a Cidade da Cultura conta con varias promocións que só poderán mercarse no Punto On ou a través do teléfono de Ataquilla 902 504 500: a entrada familiar (catro entradas por 15 euros) e o bono 3x2 (tres entradas por 10 euros).

Fotografía: Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia
R.