Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

La huelga universitaria moviliza a estudiantes, docentes y trabajadores administrativos en contra de la reforma de titulaciones y el decreto 3+2

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:

A secretaria de Organización do PSdeG-PSOE, Pilar Cancela, e o secretario de Educación, Vicente Docasar, participaron na protesta contra a reforma universitaria encetada polo goberno central co apoio da Xunta e en defensa do ensino público. Os responsables socialistas participaron na protesta convocada por estudantes e profesores en Santiago de Compostela.

Os socialistas galegos comparten a “enorme preocupación e alarma” que está a provocar a reforma en toda a comunidade educativa galega, conformada por profesores, estudantes, familias, sindicatos e a propia conferencia de reitores.

Neste sentido, reclámanlle a Rajoy e Feijóo que “escoiten e atendan ás demandas da Conferencia de Reitores das Universidades Españolas e da Plataforma en Defensa do Ensino Público”, que reclaman “a paralización desta contrarreforma universitaria”.

O PSdeG reclama así a retirada do Decreto 43/2015 que reforma as ensinanzas universitarias e urxe a constitución dunha comisión na Conferencia Xeral de Política Universitaria e do Consello de Estudantes Universitarios para conformar un informe sobre os efectos desta reforma promovida polo Ministerio de Educación.

Os socialistas galegos transmiten a súa oposición á reforma encetada por Rajoy e Wert “coa complicidade activa de Feijóo” obviando o diálogo co conxunto da comunidade educativa e “sen escoitar absolutamente a ninguén”. Considera “unha barbaridade” unha reforma deste calado, sobre o contido e duración das titulacións universitarias, “sen ter feito previamente unha avaliación rigorosa da implantación do Plan Bolonia”.

Tanto Cancela como Docasar amosáronse “frontalmente en contra” dunha reforma “que vai permitir que un mesmo título poida ter duracións diferentes, facendo que perda coherencia o sistema universitario e devaluando gravemente a calidade do ensino”.

Sinala que o verdadeiro obxectivo é “reducir o número de docentes, dificultar o acceso aos estudos superiores ás persoas con mais dificultades económicas e favorecer os intereses das universidades privadas”. Rexeitaron unha reforma que “camiña cara unha universidade de dúas velocidades, unha para as familias con medios económicos, que poidan pagar dous anos de master, e outra sen master para as familias medias e humildes.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:

O BNG rebautiza o decreto Wert do 3+2 como “decreto do 3 sen 2” porque na práctica significará que a maior parte d@s estudantes só cursarán graos de tres anos pero non terán acceso aos dous cursos de postgrao porque non serán capaces de sufragar as elevadas matrículas dos master, que non contarán con bolsas.

Na manifestación en Santiago a favor do ensino público universitario, o portavoz nacional, Xavier Vence, denunciou que este cambio na titulación “degrada a calidade do ensino superior, abre a porta á universidade privada e bota do sistema a miles de universitarias e universitarios”.

Para o Bloque é “imprescindible” manter a duración dos cinco anos para garantir unha “formación de calidade”, e considera irrelevante a estrutura interna das titulacións sempre que se garanta que todos os alumnos e alumnas que reúnan os requisitos académicos teñen acceso a universidade.

“A estrutura interna é o de menos sempre que se manteña a formación de cinco anos”, subliñou Vence, “pero o PP quere tres anos e que só unha pequena parte acabe facendo os masters, para iso pon taxas moi altas para as matrículas dos postgraos e non hai bolsas para esa fase, o que fará que a maior parte curse só tres anos, formación absolutamente insuficiente que non te prepara para o mercado de traballo”.

O Bloque salienta que unha universidade de calidade “é unha aposta de futuro”. A política do PP de “desmantelala” impulsa “un modelo de sociedade desigual, regresiva e de volta ao pasado”, advertía Vence, tras lamentar que a Xunta se pregue ás directrices que marca Madrid en vez de apostar por un proxecto con máis universidade, máis investigación e máis coñecemento.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de CC.OO. Galicia:

O 24 de marzo é unha xornada de folga e mobilización no ensino universitario. A folga conto co apoio de CCOO-Ensino e outras organizacións sindicais e estudantís que se unen contra as políticas do ministro Wert, especialmente contra o chamado «3+2», un proxecto para que as carreiras (graos) duren unicamente tres anos, aos que se sumarían outros dous dun posgrao.

A Federación de Ensino de CCOO sinala que os «elevados prezos» dos estudos de posgrao e as maiores dificultades para o acceso ás bolsas van provocar que os cambios que introduce Wert convertan en «clasista» o acceso á educación superior e, polo tanto, unha diminución significativa do número de estudantes universitarios.

Por último, CCOO-Ensino denuncia que xunto ao «3+2» haberá un recorte de máis de mil millóns, que se engadirá aos 1.500 que xa perderon as universidades entre o 2010 e o 2014.
R.