Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

El PSdeG denuncia el deterioro de la sanidad pública gallega y el presidente defiende su gestión

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, acusou a Feijóo de “poñer en risco a vida das persoas” a través dos recortes en sanidade. Así o dixo na sesión de control ao presidente que se celebrou hoxe no Parlamento e na que os socialistas preguntaron polo “secuestro” do informe do Comité de Bioética que cuestionaba os recortes nos dereitos á asistencia sanitaria e que provocou sete dimisións no órgano.

O responsable socialista aludiu así á prohibición da venda de vacinas de meninxite B nas farmacias galegas, co que “está asumindo que cada ano dous menores poden morrer e outros seis poden quedar cunha discapacidade permanente”. Criticou esta decisión, contraria a tódolos profesionais de pediatría, e que obriga a unha “peregrinaxe” ás farmacias de Portugal.

Lembrou tamén a denuncia diante da fiscalía, a pasada semana e por parte do colectivo médico, contra os retrasos da Xunta de Galicia que provocaron o falecemento de cinco doentes por non recibir tratamento. Preguntoulle ao presidente da Xunta “canto vale para vostede a vida dunha persoa”, logo de constatar que “detrás das súas decisións hai persoas con risco vital”.

Méndez Romeu lembrou tamén as “historias terribles” de pensionistas e parados que non retiran os medicamentos recetados “porque non os poden pagar” e facer fronte ao copago imposto por Feijóo. Acusou ao presidente galego de “destruír un sistema modélico”, minorando drasticamente o gasto médico, suprimindo as taxas de reposición e impoñendo a xubilación forzosa.

O portavoz socialista sinalou que o goberno galego asinou o ano pasado “100.000 contratos de un día para persoal sanitario”, provocando o empeoramento dos servizos e o auxe das pólizas de seguro privado, que “medran sen cesar porque a xente entende a súa mensaxe do sálvese quen poida”.

Méndez Romeu apuntou á dimisión de sete membros do Comité de Bioética da Consellería de Sanidade, logo de censurar un informe sobre os efectos do recorte do dereito á asistencia sanitaria por parte da Xunta. O goberno galego, puntualizou, tivo “seis meses secuestrado” un documento que revelaba que os recortes “cuestionan a universalidade, a equidade e a gratuidade” da atención sanitaria consagradas en 1976.

O portavoz socialista advertiu que Feijóo “está resultando un dos ideólogos do proceso de mercantilizar a sanidade e rematar coa igualdade”, e lembrou a obriga legal de “atender a todos sen discriminación e pagar a través dos impostos”.

Apuntou que a política de recortes, redución de médicos e camas son a principal razón que provoca o aumento das listas de espera e dos colapsos nas urxencias, mentres o presidente da Xunta “sempre ten unha escusa”, que “cando en xaneiro era a gripe, agora son os doentes, que teñen o mal hábito de poñerse enfermos”.
R.