Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Desciende el paro en Galicia en el mes de marzo: 5.412 personas abandonan las listas del paro que registra 252.137 desempleados

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

Galicia pechou o mes de marzo cun descenso de 5.412 persoas desempregadas, o que supón un 2,1% menos que no mes anterior. Deste xeito, o número de inscritos no desemprego sitúase nun total de 252.137 persoas nesta comunidade autónoma. A directora xeral de Emprego e Formación, Ana María Díaz, explicou que esta baixada intermensual sitúa a Galicia como a terceira comunidade autónoma na que máis diminuíu o paro rexistrado en termos relativos, e a cuarta en termos absolutos. É, ademais, o maior descenso intermensual en termos absolutos de toda a serie histórica, isto é, desde 1996.

Valorou tamén a evolución interanual, que xa acumula case un ano e medio de descensos consecutivos, o que confirma a “mellora progresiva” do comportamento do paro iniciado a finais de 2013. Así, de marzo de 2014 a este mes de marzo o número de desempregados descendeu en 24.326 persoas, un 8,8 por cento. Sobre este dato, Díaz López destacou dous aspectos: que é a maior baixada absoluta dos dezasete meses consecutivos nos que se veñen rexistrando interanuais positivas; e que é, ademais, o mellor comportamento interanual dun mes de marzo en toda a serie histórica desde 1996 se se computa en termos absolutos; e desde 2007, computando en termos relativos.

Deste xeito, Galicia sitúase en niveis de paro similares aos que había hai tres anos, o que supón volver a cifras anteriores ás do ano 2012. En España, o desemprego baixou en 60.214 persoas, un 1,33 por cento, ata situarse nos 4.451.939 parados. En termos interanuais, o paro en España baixou nun 7,17%. Deste xeito, Galicia sitúase por riba da media estatal tanto a nivel mensual como interanual.

Por sectores, a principais diminución destes mes concéntranse no sector servizos (-3.030). Tamén baixa na construción (-1.241); a industria (-926); e a agricultura e a pesca (-447). Pola contra, rexístrase un lixeiro aumento no colectivo sen emprego anterior, cun incremento de 232 persoas.

Por provincias, o desemprego baixou en todas elas, principalmente en Pontevedra (-3.077). A continuación sitúase A Coruña (-1.472); Lugo (-546); e Ourense (-317). Na evolución dos contratos, este mes rexistráronse un total de 63.842 contratos, 10.150 máis que no mes anterior. Deste total, 5.879 foron indefinidos (9,21%), e 57.963 temporais (90,79%). No eido dos contratos, tamén se rexistra unha interanual positiva do 25,05%.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de AGE:

“Desde AGE creemos que un goberno que se felicita por estes datos do paro demostra que é un goberno que está alleo a realidade ao sufrimento que están a provocar polas súas políticas por tres cuestións fundamentais.
O desemprego se reduce pero estes datos son moito mais cativos que as persoas que emigran, é dicir, se reduce porque as persoas están a ser expulsadas do país. Pero ademais a este nivel de redución de desemprego so chegaríamos a uns niveis decentes de desemprego, se que hai algún, dentro de quince anos polo que nos están a condenar a 15 anos con cifras de desemprego por encima do 20 por cento e polo tanto non hai nada polo que se alegrar.

A segunda cuestión é o tipo de emprego que se está a crear, absolutamente precario con contratos moitos deles a xornada parcial, que acaban sendo contratos a xornada parcial pero traballando 8 horas, e con salarios moi por debaixo do que debe ser un salario digno. Esta é a realidade, máis do 90 por cento dos traballos que se empregan son absolutamente precarios.

E a última cuestión, é onde se crea o emprego. Acabamos de constatar con estes datos é que o que se está facendo é desindustrializar Galicia, estamos ante un deserto industrial e polo tanto o único emprego que se crea é absolutamente estacional dependente do sector servizos e da hostalería o que significa que este país non ten futuro se creemos que so poderemos ser un país para os servizos. Mentres non recuperemos o emprego industrial e construción e sectores fundamentais como o primario estaremos ante unha situación absolutamente temporal.

Estes datos demostran que ata o 2030 non recuperaríamos os niveis empregos aceptables polo tanto estamos ante un drama e lamentamos que no Partido Popular se faga festa”.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de EU-IU:

Apesares da redución de 244 demandantes de emprego, durante o mes de marzo, analizamos con preocupación tanto os datos de afiliación á seguridade social como de desemprego, ofrecendo unha lectura distinta á dos populares.

Esquerda Unida considera que os datos de afiliación e demanda de emprego certifican o estancamento e a perda de peso económico da Coruña. Ás novas afiliacións á seguridade social de marzo sitúanse na provincia moi por debaixo da media estatal, crecendo nun 0,55% mentres o Estado o fai nun 0,96%. Estes datos poñen novamente de manifesto as maiores dificultades para a xeración de emprego na Coruña.

No que vai de ano, A Coruña perdeu 332 postos de traballo, o que supón un incremento de desemprego superior ao 1,5%, mentres que neste mesmo período a provincia coruñesa xerou emprego, o mesmo que ocorre no conxunto de Galicia se descontamos a perda de postos de traballo da nosa cidade. Para máis inri, a comparación dos datos de afiliación e desemprego poñen de manifesto outro feito dramático, o de que nos derradeiros doce meses existiu na Coruña un 12% de desequilibrio entre altas á seguridade social e oscilación do desemprego, o que significa que 1.000 persoas desapareceron das listas do desemprego sen atopar traballo, un síntoma do desestimento, emigración e envellecemento dos traballadoras e traballadores e dun tecido produtivo en progresiva destrución.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes remarca que, un mes máis, os datos da Coruña son peores que a media galega, que creou porcentualmente o dobre de emprego que a nosa cidade. Mentres na Coruña o descenso de desemprego durante o pasado mes foi do 1,1% en relación ao mes de febreiro, o descenso da medida Galega foi do 2,1%, tamén a media provincial e comarcal foron mellores que os datos da nosa cidade, o que pon de manifesto que a cidade de Negreira actúa cada vez mais como rémora e menos motor económico. Tampouco os datos de contratos a nivel provincial son positivos, xa que foron un 30% peores na provincia que na comunidade autónoma (10,2% fronte ao 14,5%). Consideramos que gran parte da culpa da perda de peso da provincia débese á nefasta xestión de Negreira e a súa nula aposta pola xeración e promoción de actividade produtiva, penalizando esta en favor da aposta falida polo turismo, a festa e o formigón.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “sobran triunfalismos cando estamos con peores datos de emprego que antes de gobernar Negreira, concretamente o desemprego incrementouse máis dun 10%. O que ia a rematar co desemprego, incrementou durante a súa xestión en máis de 2000 persoas as listas do paro”.
R.