El campo de regatas de Verducido llevará el nombre de David Cal, en homenaje al piragüista olímpico gallego

Alberto Núñez Feijóo, que participou no acto de entrega dos Premios do Deporte Galego 2014, onde se rendeu homenaxe a David Cal, anunciou que o campo de regatas de Verducido levará o nome do deportista olímpico.
Feijóo comezou a súa intervención dándolle as grazas a David Cal en nome de todos os galegos: “por levar o piragüismo ás portadas, demostrando que, con homes e mulleres grandes, non hai deporte pequeno; por pasear orgulloso os nomes de Cangas e Galicia por todo o mundo; e por sen quen es, un exemplo para todos, especialmente para os máis novos”.
No tocante aos premiados, o presidente da Xunta tivo palabras de recoñecemento para Javier Gómez Noya, “outro galego universal, que este ano repite distinción con todo merecemento”; e salientou os logros de Vanesa Sotelo, Andrea Ferreiro ou Jaime de Haz e dos equipos como os que forman Alejandra Suárez e Helena Pérez ou Carlos e Antón Paz.
Así mesmo, destacou que deportistas como Susana Rodríguez ou Álex Vidal, e institucións como o Club Baloncesto AMFIV ou a Fundación María José Jove, demostran que o deporte é unha fábrica de valores, un fornecedor de oportunidades para unha sociedade que ten a obriga de protexelo e fomentalo.
Feijóo destacou tamén o traballo do adestrador de halterofilia Ferenc Szabo e do árbitro de balonmán Alberto Rodríguez, o labor informativo de Javier Ferreiro e o patrocinio deportivo de Frinsa.
O titular da Xunta concluíu salientado que, hoxe en día, Galicia é moito máis saudable: “Sómolo xa desde pequenos, aproveitando o labor que realizan as escolas e os clubs de base, entre os que este ano destacaron o CEIP Virxe da Pena da Sela e o Club Carmelitas Vedruna. E, sómolo no noso tempo libre e por iso participamos en eventos cada vez máis multitudinarios como O Marisquiño ou o Circuíto Ribeira Sacra de Carreiras Populares”, aseverou.
R.