La confianza empresarial repunta un 5.8% en el segundo trimestre en Galicia. Feijóo asegura que el paro juvenil gallego bajó en 2014 más que la media

El presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ha destacado en el pleno del Parlamento que Galicia es la Comunidad Autónoma de España donde más bajó el paro registrado en menores de 25 años en 2014, pasando de los 16.700 parados en 2013 a 13.100, una reducción del 21,5%.
Ante esta cifra, y con el objetivo de garantizar el futuro de los chicos, Feijóo afirmado que el Gobierno gallego seguirá trabajando en el campo de la formación a través de la educación y facilitando la inserción laboral.
En lo tocante al primer aspecto, Feijóo ha destacado que desde 2009 el número de escuelas infantiles creció más doble que en época de bonanza económica. “En plena recesión económica, fuimos capaces de crear casi 4.000 nuevas plazas en escuelas infantiles y con el compromiso de añadir 500 plazas más”, ha aseverado, después de recordar la puesta en servicio de 9.000 plazas de comedores escolares, lo que supone un incremento del 22%; la digitalización de todas las aulas; “y, hoy –ha añadido-, 85.000 jóvenes están estudiando en la enseñanza pública de Galicia una lengua extranjera, incrementamos en 20.000 las plazas en Formación Profesional y Galicia mantiene las tasas universitarias más bajas de España”.
“En definitiva, hoy se puede estudiar mejor en Galicia que en época de bonanza económica; es más barato estudiar en la Comunidad que en el resto de España; hay más aulas con ordenadores, más idiomas y más plazas de FP que en época de bienestar económico”, aseveró a modo de resumen, a lo que ha añadido que hoy Galicia es una de las comunidades en la que menos chicos salieron la otras comunidades o al extranjero, siendo 2007 el año en el que más chicos emigraron (13.000 frente a los 11.700 de ahora).
En el campo de la inserción laboral, el responsable autonómico subrayó que el Plan de empleo juvenil cuenta con cien millones de euros, “de los que ya dispusimos del 50% en la primera anualidad”, y se complementa y se refuerza con el Programa de garantía juvenil, producto del acuerdo alcanzado con la Confederación de Empresarios de Galicia, la UGT y Comisiones Obreras.
Asimismo, y en respuesta a una pregunta de AGE, Feijóo ha afirmado que Galicia viene manteniendo una política de control del endeudamiento y del déficit público y, como prueba de esto, destacó que en el 2014, Galicia es la autonomía que menos incrementó su deuda pública. “Y somos la segunda comunidad que menos incrementó la deuda pública desde 2009, después de la Comunidad de Madrid (Madrid 133%, Galicia 151%), incrementando su deuda pública 70 puntos menos que el promedio de las comunidades (221%)”, ha precisado.
Feijóo ha concluido aseverando que Galicia seguirá recurriendo a la deuda pública autorizada porque cree en la sanidad pública, en la educación pública y en los servicios sociales públicos. “Tenemos deuda pública para mantener los servicios públicos en época de recesión económica y porque estamos gestionando Galicia con 2.000 millones menos cada año. Pagamos en 21 días de promedio, frente al más de 50 días de promedio de otras comunidades. Hicimos 31 centros educativos; 36 centros de salud y tenemos todos los hospitales en obras; 23 centros de día; 72 escuelas infantiles; 38 residencias para mayores; 147 kilómetros en vías de alta capacidad; el 50% del saneamiento de la ría de Ferrol, el 50% del saneamiento de la ría de Vigo y 36 noticias depuradoras”, ha precisado, más detalladamente.
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de AGE:
A “herdanza maldita” de pésima xestión económica de Alberto Núñez Feijóo pesará como unha lousa cando o presidente da Xunta abandone “e marche para México ou Madrid”. Esta foi a conclusión da viceportavoz de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), Yolanda Díaz, que na sesión parlamentaria de control ao presidente interesouse polo descomunal crecemento da débeda pública dende que Feijóo sentou en San Caetano –ano 2009. Apenas conseguiu deste máis ca un descarado exercicio de embustes, datos manipulados e mala educación, sen en que ningún intre a presidencia da Cámara o chamase á orde.
“É vostede o presidente máis caro da historia deste país”, comezou a súa intervención Yolanda Díaz, “cústalle ás galegas e galegos 10.000 millóns de euros de débeda pública”. Aínda que despois engadiu que, segundo cálculos do profesor e economista Xaquín Álvarez Corbacho, a débeda pública real pode alcanzar os 14.000 millóns de euros, xa que cómpre ter en conta as nefastas e denominadas “colaboracións público-privadas”, como o hospital de Vigo, que repercuten nas contas públicas mentres son negocio para empresas privadas.
Se no argumentario do Partido Popular, a economía galega –afirman- está en “recuperación”, a realidade teimuda das cifras amosa outra cousa. O pasado ano, o Produto Interior Bruto medrou sete veces menos que a media estatal. “E vostedes deixaron sen excutar un de cada tres euros dos orzamentos previstos para investimentos”, engadiu Díaz, quen expuxo moi graficamente o estado da débeda pública nos xa seis anos de gobernos de Feijóo: “Dío un informe do Consello de Contas, non eu, a débeda pública medrou dende 2009 un 150%”. A maiores, o mencionado organismo sinala que as cargas financeiras da Xunta pasaron dun 3,9% en 2009 ás actuais dun 28,4%.
Non só iso. O informe do Consello de Contas, para o que Feijóo non tivo en sede parlamentaria máis que desprezos, tamén denuncia a “opacidade” da Xunta cando se refiren á débeda pública, e refírense á “situación insostíbel” da mesma. “Como vai facer vostede”, inquiriu Díaz, “para reducir a débeda e axustala a ese artigo da Constitución pactado con nocturnidade, o 135, que a limita nun 13%?”. Dos cen millóns de euros que custa a política neoliberal extremista do PP ás galegas e galegos, tampouco o presidente conseguiu dar explicación racionais. O Consello de Contas advirte de que Galiza entra na “senda da insostibilidade” e de que Feijóo “contrae débeda para pagar débeda”. A estas advertencias, o presidente da Xunta respondeu retorcendo os números. “Vostede está mentindo na Cámara”, avisouno Díaz.
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación del BNG:
O portavoz do grupo parlamentario do BNG, Francisco Jorquera interpelou ao presidente da Xunta a quen preguntou se continúa pensando que súas políticas colocan a Galiza nas mellores condicións para ser unha das primeiras comunidades en saír da crise.
Para Jorquera de ser así, unha de dúas, ou ben o titular da Xunta vive “nun mundo virtual” ou o IGE e INE están “pagados polo ouro de Moscú” porque a realidade é que Galiza só medrou “un raquítico” o,4% fronte ao 1,2 pronosticado pola Xunta para pechar o ano 2014.
Ademais lembrou que a propia exconselleira Elena Muñoz afirmou en sede parlamentar que o “crecemento será maior en Galiza e a comunidade seguirá converxendo co Estado”. A realidade, afirmou o deputado, é que “a economía galega no 2014 tivo o peor comportamento de todo o Estado español”.
O nacionalista botou man dos datos do INE para afirmar que das 17 Comunidades Autónomas, Galiza é “o faroliño vermello”.
Galiza reduciu o gasto público na última década e vostede segue sendo o campión dos recortes pero as súas políticas,recriminou Jorquera, teñen consecuencias como demostran as caídas do índice de produción industrial e das exportacións, aumentaron as desigualdades e o desemprego e xa hai no noso país un 4,6 de galegos e galegas en situación de pobreza severa, e o 24% en risco de padecela.
O presidente respondeu ao nacionalista que Galiza é a CC.AA que máis reduciu o paro, “estamos recuperando o consumo”, Galiza investiu cinco veces máis que o resto de España, avanzamos nas exportacións e somos a Comunidade Autónoma con menos emigracións de xovenes e menor índice de pobreza. O problema, afirmou Feijóo, radica en que a industria mantivo “un comportamento incorrecto”
Coa súa resposta, dixo Jorquera vostede está a constatar que “vive nun mundo virtual” e desconectado da realidade. Agora resulta que o problema da economía galega é un comportamento incorrecto da industria, “manda chover na Habana”.
A Xunta di que a sanidade galega é mellor hoxe pese a crise, “manda chover na Habana”. O portavoz do g.p do BNG, recomendou a Feijóo que se achegue aos servizos de Urxencias e llo diga aos doentes. Por certo, o día que a Xunta afirmaba o ben que vai a sanidade en Galiza, facíase público un informe que nos sitúa como terceira comunidade con máis privatización sanitaria.
Para o deputado, Galiza está a vivir unha grande crise como reflicten os datos da Seguridade Social cun ingreso de 786 millóns menos pese as novas altas, baixos salarios que reducen dous millóns de euros ao día as cotizacións, o pouco traballo creado é “traballo lixo” e esa, recalcou Jorquera, é a realidade que vostedes non queren ver ou quere ocultar, “Galiza está no fondo do pozo, está estancada economicamente” e vostede segue vivindo “no seu mundo virtual”.
R.