Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

El Gobierno gallego defiende el nuevo paquete lácteo. La oposición critica que la Xunta no ataje imposiciones de precios de la industria

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A Xunta e o Goberno Central fan unha defensa efectiva e real do sector lácteo, que se plasma en iniciativas normativas como a modificación do paquete lácteo, e non “en papel mollado, senón nos boletíns oficiais”. Así o defendeu no Parlamento a conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, quen advertiu que o cambio desta norma vén avanzar na capacidade de negociación dos gandeiros e supón outro paso máis na mellora da cadea de construción dos prezos do leite.

Rosa Quintana sinalou ademais que como demostración deste compromiso se ten reunido en multitude de ocasións co sector e cos seus representantes, pero que nunca vai facer nada en contra dos seus intereses “como se fixo no pasado meténdolle un calote ao sector bateeiro de 3,9 millóns de euros por falar de fixación de prezos”, en contra das advertencias das autoridades de Competencia, advertiu a conselleira.

Sobre o prezo do leite, a titular de Medio Rural e Mar destacou que mentres a baixada no 2014 foi de 39 a 32 céntimos, dende decembro do 2007 a xuño do 2009 este indicador baixou de 46 a 25 céntimos, e “daquela non pasaba nada”, espetou. Tamén indicou que no seu momento os contratos homologados cualificáronse como un “fito histórico” e “resulta que agora son tres reais decretos publicados no Boletín Oficial do Estado os que lles dan toda a forza aos diferentes axentes do sector”.

A conselleira puntualizou que a Administración ten que adoptar unha posición neutral e procurar un sector produtor, unha industria e unha distribución fortes, para que o sector lácteo teña futuro. E engadiu que “non pode haber desequilibrios nos diferentes elos da cadea de valor”.

Ao defender o paquete normativo do lácteo, Rosa Quintana preguntou ironicamente se non será casualidade que “a industria diga que vai recorrer o real decreto porque resulta que favorecemos ao sector produtor”.

En relación coa evolución do sector, a conselleira recoñeceu que nos últimos anos baixou o número de explotacións, advertindo que a produción, pola contra, aumentou en máis de 80 millóns de litros. De feito, lembrou, tamén se incrementou o número de vacas por explotación, así como a superficie agraria útil por explotación. Deste xeito chegou á conclusión de que o sector produtor medrou en Galicia un 8,3%, mentres que en Asturias diminuiu un 6,3% no período 2009 a 2013.

Sobre o cambio da normativa, a conselleira lembrou que se publicou un real decreto no ano 2012 e que no 2015 “fomos quen de modificalo porque entendíamos que tiña determinadas lagoas que se estaban utilizando para extorsionar ao sector produtor”. Por iso –engadiu– “o cambiamos e en tres anos correximos o rumbo e publicamos as normas que outros países xa tiñan publicado de antes”. Quintana preguntouse “onde estivo o goberno do señor Zapatero cando xa tiña que ter publicado este desenvolvemento do paquete lácteo?”, un feito que contrapuxo coa xestión da actual ministra de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e do Goberno da Xunta.

En todo caso, a conselleira advertiu que reforzar a capacidade de negociación e darlle ferramentas ao sector ten que sustentarse nunha acción fundamental, que é a responsabilidade de negociar das organizacións de produtores lácteos, non dos gandeiros directamente. Engadiu que para que esta normativa sexa efectiva ten que haber negociacións e se non as hai das OPLs “esta medida sería inviable porque non pode atender á mediación de milleiros de contratos”.

Por último, Rosa Quintana reafirmou que tanto a Consellería que dirixe coma o Goberno de Galicia “estivo, está e estará traballando a prol do noso sector lácteo valéndonos dun valor fundamental de traballo: a unidade e a disposición a colaborar coas organizacións agrarias desde unha posición de respecto e xusta valoración das súas iniciativas”.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación del PSdeG:

Tras fracasar las medidas del Gobierno para mejorar la posición negociadora de los productores de leche, el Grupo Socialista pide al gobierno que vuelva a modificar el último Real Decreto aprobado sobre el sector de la leche, el RD 125/2015 de 27 de febrero, para garantizar la recogida y que elabore un plan de inspecciones que asegure el cumplimiento de toda la normativa.

Así lo reclama en su nueva Proposición no de Ley, fruto de una autoenmienda, porque el Gobierno dejó fuera del nuevo Real Decreto muchas de las reivindicaciones del sector, que son necesarias para su supervivencia, iniciativa que defenderá esta tarde en la Comisión de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente, la diputada por Lugo Margarita Pérez Herraiz.

“De no tomar medidas como las que proponemos los socialistas con esta nueva Proposición no de Ley –advierte Pérez Herraiz- la supervivencia del sector lácteo será muy difícil”. “El Gobierno de España no tomó las decisiones oportunas para que el sector pudiera estar preparado tras la desaparición del sistema de cuotas de producción”, denunciará la diputada gallega, porque “la modificación del Real Decreto que regula las relaciones entre productores e industria que hizo el Gobierno de Rajoy se hizo tarde y no es suficiente, y lo que es peor, no hay garantía de su cumplimiento”.

Alertará también de que las industrias siguen presionando a los productores de forma individual para que firmen los contratos en las condiciones fijadas unilateralmente por la industria, ante el riesgo de no recogida del producto.

Además, incidirá en que -tras mes y medio de entrar en vigor el nuevo RD aprobado por el Gobierno del PP y 15 días después de desaparecer el sistema de cuotas- “nos encontramos, especialmente en Galicia, con que las industrias y los primeros compradores de leche están entregando a los ganaderos ofertas de contratos con precios por debajo de los costes de producción (hasta 20 céntimos por litro) muy por debajo de los precios que se pagan en otros países y por un volumen inferior a la capacidad productiva”.

En la iniciativa se pide al Gobierno “que vuelva a modificar” el RD sobre el lácteo para “que se incorpore como referencia de volumen objeto del contrato la leche producida en los últimos 12 meses anteriores al mismo, garantizando la recogida y prohibiendo un doble precio para este volumen”, “que la mediación sea obligatoria y efectiva, con facultades reales de arbitraje y sanción” y “que se recupere la obligación de que los contratos tengan tres copias para que una de ellas quede en la Interprofesional Láctea”

Los socialistas reclaman además “elaborar un Plan de Inspecciones claro y con seguimiento periódico en las superficies comerciales para vigilar el cumplimiento de la Ley de la cadena alimentaria; de control de las importaciones y de cumplimiento del RD 125/2015”. Asimismo, “elaborar un programa de ayudas a los productores de leche que les ayude a adaptarse al mercado sin cuotas y a establecer un seguro de rentas”, “establecer un foro permanente de productores, industria y distribución del sector lácteo liderado por el Ministerio de Agricultura”, “definir y regular un sistema de trazabilidad de la leche y de los productos derivados del sector lácteo en España” y “mejorar el sistema de etiquetado para que permita al consumidor valorar la procedencia de la leche”.

También, “que el Gobierno proponga a la Comisión de la UE que active medidas de mercado ante la gravedad de la situación de crisis de precios”, y “la actualización de los precios de intervención pública de leche en polvo y mantequilla para cubrir costes de producción de los ganaderos”

En su intervención en la Comisión, Pérez Herraiz reclamará además que se revierta en los ganaderos la sanción de 88 millones de euros que Competencia impuso a la industria por manipulación del mercado. Y recordará que el Gobierno utilizó como amenaza por posible sobreproducción los datos de la última campaña, para advertir de que “el Gobierno debe facilitar los datos de producción del mes de marzo, porque de lo contrario estaría realizando una seria manipulación de la campaña electoral”.

Asimismo, apuntará que en una respuesta parlamentaria el Gobierno reconoció que ‘el sector lácteo es estratégico desde el punto de vista social y económico y con una presencia clave en gran parte de las zonas rurales, especialmente en Galicia’. “Si el Gobierno considera que el sector lácteo es estratégico en Galicia y en España, -señalará la diputada lucense- el PP tiene ahora la ocasión de aprobar esta PNL del Grupo Socialista para corregir las medidas que tenían por objeto mejorar la capacidad de negociación de los productores, pero que se está probando que no están cumpliendo dicho objetivo”.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación del BNG:

A portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Olaia Fernández Davila, dirixiuse á Ministra de Agricultura, Isabel García Tejerina, para reprocharlle que non tiveran feito nada para solventar a situación dos baixos prezos do leite en orixe.

“Vostedes non fixeron nada e agora vostede non me acaba de respostar nada”, espetou a deputada do BNG á Ministra. Tejerina na súa resposta a Davila limitouse a sinalar que levaban máis de tres anos adoptando medidas, unhas medidas xa coñecidas e que foron ineficaces para os gandeiros.

Davila contrapuxo as afirmacións da Ministra cos feitos reais. “Os baixos prezos do leite é un problema vello que se está a levar por diante a miles de explotacións gandeiras de Galiza. De 40.000 que había hai pouco máis de quince anos apenas quedan 9.500, e a pesar diso aínda producen o 60% do leito do estado”.

A deputada do BNG alertou a Tejerina de que o 70% dos gandeiros galegos gañan menos do salario mínimo. Salientou que o propio Ministerio fixa os custes de produción en 34 céntimos, os gandeiros galegos perciben menos de 30 céntimos, dous céntimos por debaixo da media estatal e 6 menos que outras CC.AA.
“Mentras tanto, o Goberno nada fixo, e vostede agora non me acaba de contestar nada”, espetou á Ministra.

Lembroulle que o Paquete Lácteo, tanto o primeiro como a reforma última, “non garante unha negociación entre iguais e segue a negar a figura do mediador”. Recriminoulle o empeño do Ministerio en que sexa o mercado o que regule o prezo “mentras continúan permitindo que a distribución use o leite como reclamo comercial vendéndoa por debaixo do seu prezo”. Nese momento, Davila exhibiu unha foto que mostraba a venda do paquete de leite a 0,29 céntimos nunha grande superficie. “Unha imaxe bastante habitual”.

A deputada do BNG díxolle a Tejerina que “de nada sirve que digan que teñen abertas 300 inspecións á distribución se continúan permitindo que se faga dumping co leite”. Demandou á Ministra medidas contundentes para cun sector moi castigado que “ten que sofrer agora as consecuencias da eliminación das cotas”.

A Ministra falou de medidas como o fracasado Paquete Lácteo de 2012 que resultou ineficaz para parar a baixada de prezos e dar seguridade aos gandeiros, falou de controis para evitar que o leite sexa usado como produto de reclamo pero sigue a suceder como se ve nos hipermercados, ou do Real Decreto aprobado hai un mes e medio que foi moi criticado polo sector lácteo porque continúan estando desprotexidos fronte á industria e as cadeas de distribución. En canto á figura do intermediario Tejerina non concretou nada, unicamente sinalou que “estamos a traballar para introducir a figura do mediador”. Anunciou que haberá unha Conferencia Sectorial para abordar o Plan Nacional de Controis da Contratación no Sector Lácteo.

Fotografía: Carlos Rodríguez Arias.
R.