El diputado socialista Francisco Caamaño renuncia a su escaño y regresa a la docencia universitaria
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:O deputado socialista Francisco Caamaño anunciou a súa renuncia ao escano e a reincorporación á cátedra de dereito constitucional en Valencia. Caamaño ofreceu unha rolda de prensa para para facer pública a súa retirada agora para cumprir co prazo de tres meses necesarios antes da incorporación á vida académica.
O responsable socialista confirmou a súa decisión de continuar sendo “militante activo” do PSOE para desenvolver, defender e impulsar as políticas de esquerda en Galicia e “levar a voz de Galicia onde queira que estea”.
Francisco Caamaño trasladou públicamente a súa gratitude ao secretario xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, e a toda a executiva galega, ademais de aos traballadores e membros da Cámara, especialmente aos compañeiros do Grupo Socialista e nomeadamente ao seu portavoz, José Luis Méndez Romeu. Tamén tivo palabras de agarimo para os socialistas de A Coruña.
Fotografía: PSdeG
R.
