Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

24-M: el PPdeG perdería la mayoría absoluta en la capital de Galicia, según el CIS. Las distintas fuerzas políticas arrancan la campaña

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PPdeG:

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, inaugura en Vigo a campaña do partido de cara as eleccións municipais coa tradicional pegada de carteis na medianoite do xoves para o venres. Ademais deste popular pistoletazo de saída, o partido tamén organizará un acto de inicio de campaña en Ourense, ao que asistirá o líder dos populares galegos.

A idea do PPdeG é que o presidente acuda ás cidades galegas polo menos en dúas ocasións ao longo da campaña. Do mesmo xeito, Alberto Núñez Feijóo tamén visitará vilas e pequenos concellos ao longo de toda a xeografía galega para reforzar aos candidatos locais. En total, o presidente participará en máis de medio centenar de actos.

O PPdeG aclara que Alberto Núñez Feijóo declinou varias peticións para que participase en actos electorais noutras comunidades autónomas debido ao seu expreso desexo de centrarse na campaña galega e apoiar candidatos do PP galego. Así, o líder do PPdeG centrará os seus esforzos nos vindeiros días en compaxinar os seus deberes con Galicia co apoio aos candidatos populares na campaña electoral. Así mesmo, o PPdeG reitera que, unha vez máis, nesta campaña a axenda de Alberto Núñez Feijóo non será tan intensa como na época na que o partido non gobernaba a comunidade, posto que a prioridade do presidente desde que Galicia lle encomendou o mandato de gobernar é a axenda institucional da Xunta.

O PPdeG contará coa presenza do presidente do partido a nivel nacional, Mariano Rajoy, o vindeiro 15 de maio, para asistir a actos en Vigo e Pontevedra, sen descartar algún outro máis sempre se a súa axenda o permite. O secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, ao igual que outros membros do partido, levarán a cabo unha axenda de actos de campaña paralela á de Alberto Núñez Feijóo, de forma que se poderá percorrer de forma máis efectiva a comunidade para apoiar e apuntalar ao máximo número de candidatos.

Os populares galegos insisten en que todo o protagonismo desta campaña recaerá nos actores principais do 24 de maio, que non son outros que os aspirantes ás 314 alcaldías de Galicia. O papel do presidente, do secretario xeral e doutros cargos do partido será o de servir de apoio a ditas candidaturas ao longo de toda a xeografía galega.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:

O secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, manifestou en Pontevedra que “o binomio Feijóo-Rajoy foi letal nas políticas sociais, que son o eixe central para os socialistas nos concellos nos que gobernamos”. O líder dos socialistas galegos, xunto ao candidato á alcaldía de Pontevedra, Agustín Fernández, visitou hoxe as instalación de Cogami. “Os orzamentos en políticas sociais baixaron en 4.000 millóns de euros co PP, un 23% dos fogares están en risco de exclusión social e 7.000 dependentes morreron en Galicia desde 2012 sen recibir a axuda que tiñan recoñecida”, afirmou Besteiro. “Temos que recordalle ao PP que poden aplicarse clásulas sociais desde as administracións para apoiar ás persoas con discapacidade, as políticas sociais teñen que aumentar e reforzarse en tempos de crise como sempre fixemos os socialistas”, asegurou.

O secretario xeral do PSdeG apuntou que “a recuperación do emprego, as políticas sociais, o control das contas públicas, a transparencia e o bo goberno serán os eixes dos alcaldes socialistas, como xa pasa nas administracións donde gobernamos”. “Empeza unha campaña que afrontamos con optimismo, unha campaña limpa e centrada nos problemas dos cidadáns, queremos cidades e vilas con máis ilusión e con máis futuro”, rematou.

O candidato Agustín Fernández engadiu que “a defensa dunha política social baseada nos dereitos das persoas e non na beneficiencia será fundamental para nós, en Pontevedra temos ademáis un grave problema de paro con 8.000 desempregados”.
R.