El exconselleiro Dositeo Rodríguez, imputado en el caso de la Fundación Cela. Marina Castaño declara el 21 de julio por presunta malversación y fraude

La investigación se había iniciado a raíz de la denuncia presentada por Lola Ramos, una vecina de Iria Flavia, localidad en la que está ubicada desde el año 1991 la institución. Ramos había aportado a la Fiscalía de Galicia información relativa a supuestos trasvases de dinero efectuados entre la fundación, sin ánimo de lucro, y sociedades propiedad de Cela y Castaño. En esta situación, Dositeo Rodríguez explica que el cese de Cavanna "fue válidamente aprobado por el patronato de la fundación", con el "beneplácito" de la Xunta, y conforme al plan de viabilidad financiado con fondos públicos con cargo a la addenda del convenio entre la Xunta y la fundación, a través de las justificaciones establecidas en el propio documento.
Sin embargo, la jueza sospecha que hubo una simulación de despido del director gerente sobre la base de unos correos electrónicos en los que estarían tanto Dositeo como su hija. Frente a ellos, Dositeo Rodríguez asegura que Cavanna "nunca expresó su deseo de cese voluntario, sino todo lo contrario, siempre exigió que se formalizara conforme a los estatutos de la fundación y sujeto a la indemnización que le correspondiera".
También la Xunta de Galicia ha emitido un comunicado de prensa en la misma línea de Dositeo Rodríguez. En él, asegura que el cese del gerente era "un requisito imprescindible para garantizar la viabilidad de la fundación -tenía un coste de 102.000 euros anuales- y apunta que la indemnización (de 150.000 euros) "se realizó bajo los mismos parámetros de cálculo que el usado con el resto de empleados".
Marina Castaño, viuda del premio nobel Camilo José Cela, ha sido citada a declarar el 21 de julio imputada por la presunta comisión de malversación de fondos públicos, fraude con las subvenciones y apropiación indebida, ha informado este lunes el Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).
La juez que investiga un caso de supuesta malversación, estafa y apropiación indebida en la Fundación Camilo José Cela ha imputado al ex conselleiro de Manuel Fraga Dositeo Rodríguez, actual miembro del Consello de Contas en el área de Conta Xeral, por su vinculación con el despido del que fue director gerente de esta entidad, Tomás Cavanna Benet, y lo cita para declarar el próximo 22 de julio. También ha citado a su hija Covadonga Rodríguez, que ocupó un puesto directivo, y José Luis D.M-T.
Cavanna debe declarar también el día 21. La jueza también ha imputado a José Luis Delso.M., secretario de la fundación, y, de esta manera, son un total de cinco personas las llamadas a declarar entre el 21 y el 22 de julio por supuestos delitos de malversación de fondos públicos. Además, a Marina Castaño y Tomás Cavanna se les imputa fraude en subvenciones y apropiación indebida.
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
A Consellería de Cultura e Educación entende que a Fundación Camilo José Cela actuou en todo momento conforme a dereito e decidiu cesar ao seu director xerente, para salvagardar a viabilidade da devandita Fundación do único premio Nobel que ten Galicia.
Con anterioridade ao ano 2009 a Fundación atravesaba por graves dificultades económicas que fixeron preciso implantar un plan de viabilidade con carácter previo á súa conversión en fundación pública. Nese sentido influíu de forma esencial o decidido propósito de non perder para Galicia o patrimonio cultural doado por Camilo José Cela e depositado baixo a custodia da Fundación creada a tal efecto, polo propio autor.
Tendo en conta que os custos de persoal da Fundación privada supoñían unha carga superior a dúas terceiras partes do seu orzamento, unha das primeiras medidas para facer viable o seu futuro foi precisamente acometer unha reestruturación do seu cadro de persoal. De feito o propio xerente viña percibindo un salario anual superior a 100.000 euros, unha cantidade inasumible para o caso de converterse en pública a Fundación
Nese sentido, a indemnización aboada ao seu director xerente realizouse baixo os mesmos parámetros de cálculo que o usado co resto dos empregados, o que supuxo o pagamento dunha cantidade inferior á establecida na normativa laboral. A decisión foi acordada nunha reunión do padroado de 27 de maio de 2010, na que se someteu a consideración do seu cesamento, aos membros do mesmo. Entre os asistentes figuraban o exconselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela; o exsecretario xeral da presidencia, Valeriano García, o exrector da Universidade de Santiago de Compostela, Senén Barro; a filla do poeta García Nieto; ou Dositeo Rodríguez. A decisión foi adoptada por unanimidade, ao ter en conta a necesidade de garantir o futuro do legado do ilustre escritor.
Neste momento, o auto no que, no seu día, foron imputados Marina Castaño e Tomás Cavanna, foi extendido a Covadonga Rodríguez, na súa condición de subdirectora da Fundación; José Luis Delso, secretario da mesma e Dositeo Rodríguez, patrono nomeado por Camilo José Cela.
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación del PPdeG:
“De momento, non hai ningún motivo de incompatibilidade, pero si que hai motivos para a observación e o seguimento puntual do asunto”, manifestou o portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, respecto da imputación do conselleiro do Consello de Contas, Dositeo Rodríguez, polo despedimento do ex xerente da Fundación Camilo José Cela, Tomás Cavanna Benet.
Puy sinalou que “estaremos pendentes de como evoluciona este tema, respectando os tempos da Xustiza e tomando as decisións oportunas para que as propias institucións saian reforzadas dunha actuación do poder xudicial”. Neste sentido, lembrou que este asunto xurdiu como consecuencia da indemnización derivada do plan de axuste de gastos levado a cabo na Fundación Camilo José Cela en 2010, “que estaba en quebra e con risco de que Galicia perdera o patrimonio que representa a obra do único Premio Nóbel galego”.
O portavoz popular apuntou que a Xunta tivo coñecemento deste plan de axustes que afectaba aos gastos de persoal na Fundación. “Deste xeito, garantiuse a viabilidade da Fundación reducindo drasticamente os gastos de persoal, que no caso do seu xerente supoñían máis de 100.000 euros ao ano, polo que non estamos a falar de ningunha indemnización estraña”.
Ademais, Pedro Puy sinalou que “se trata dunha cuestión feita desde unha fundación naquel momento privada, na que o señor Rodríguez participaba con carácter individual e sen representación institucional”. En concreto, remarcou que “non estaba exercendo naquel momento ningún cargo de carácter público” e recordou que a súa toma de posesión no Consello de Contas foi tres anos despois.
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de AGE:
Alternativa Galega de Esquerda (AGE) esixe a dimisión inmediata de Dositeo Rodríguez como membro do Consello de Contas tras ser imputado nun suposto caso de malversación de fondos públicos na Fundación Camilo José Cela. Para AGE esta imputación é totalmente incompatible coa súa permanencia neste organismo que ten a misión de fiscalizar a xestión do Goberno galego. Dase ademais o caso que o Consello de Contas, a petición de AGE, terá que analizar e fiscalizar as contas da Fundación Camilo José Cela.
Para o grupo parlamentar de AGE estamos ante un novo caso que require unha resposta urxente e inmediata se realmente se quere avanzar cara a loita contra a corrupción e devolver á confianza da cidadanía nas institucións públicas e os seus representantes.
R.