Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

El líder del PPdeG interpreta las elecciones generales como una segunda vuelta de las municipales y aboga por celebrar sin retraso la conferencia política de su partido

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PPdeG:

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, salientou a necesidade de que as institucións reciban o respecto que supón representar democraticamente á xente. Segundo apuntou o mandatario, “Galicia e os seus concellos precisan un marco institucional previsible”. Sen embargo, en palabras de Feijóo contemplamos como “nunha cidade un partido di unha cousa, exactamente a contraria noutra cidade e, á súa vez, a contraria que a primeira e a segunda na terceira cidade”.

Trátase, dixo, de “espectáculos que lamento profundamente como político” e algo polo que, engadiu, “a xente está sorprendida” pois “estas actitudes de pouco rigor e respecto polas institucións non se tiñan dado no municipalismo galego”. Por último apuntou que esas formas de actuar “nin son correctas, nin respectuosas coas urnas e a xente”.

Na última das catro xuntas directivas provincias que celebrou o partido en Galicia, e que tivo lugar en Ourense, Feijóo lembrou que aínda que o PPdeG conseguiu gañar no 65 por cento dos concellos galegos e ser a primeira forza política “de forma clara e nítida sobre o PSdeG, BNG e Podemos en Galicia” o resultado “non é satisfactorio”

Segundo apuntou o líder popular, “somos o partido maioritario de Galicia e queremos que siga sendo así, polo que precisamos que as maiorías sexan máis amplas”. Por isto dixo que “traballamos dende xa para que entender a mensaxe dos cidadáns. Non hai tempo que perder”. “Galicia e a sociedade galega van cambiando e o PPdeG ten que acompasar a súa propia organización a eses cambios”, concluíu.

Así, sinalou que os cambios plantexados serán no eido das políticas, as actitudes e os equipos e se desenvolverán dacordo co calendario que plantexe o Partido Popular a nivel nacional.

Do mesmo xeito informou da presentación dunha ponencia política no mes de xullo, algo que para él, “non é susceptible de retraso”. A este respecto dixo que “vou propoñerlle aos compañeiros de Ourense que nos trasladen cales son eses cambios de políticas e actitudes que proponen, pois queremos escoitar con interés as propostas nesta provincia”.

Reiterou o seu agradecemento do PPdeG ao PP de Ourense polo seu apoio nestas eleccións. “Agradecemos aos compañeiros de Ourense os mellores resultados das catro provincias. Algo “salientable” pois “non era fácil nestes momentos”.

O presidente dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, afirmou que renovar o PPdeG ao ritmo da renovación da sociedade é o camiño para que a formación siga a ser o partido que máis se parece a Galicia. Ademáis, asegurou que o PPdeG está a disposición dos cidadáns para garantir a estabilidade dos concellos galegos. “Estamos a disposición dos galegos para garantir a estabilidade nos concellos, para garantir gobernos de catros anos, para garantir que se aproben presupostos e, en definitiva, para garantir que a política é útil e non un reparto de cargos entre grupos minoritarios”.

Segundo indicou o presidente, "vai haber grupos minoritarios que van gobernar cidades e concellos moi importantes desde a minoría, porque hai outros que non queren entrar nos Gobernos dado que non queren comprometerse para que os electores non poidan tomar nota de cara as eleccións xerais e se dean conta de que hai un engano electoral claro”.

Neste senso apuntou que estamos vendo como “partidos que comprometeron nunca pactar cos Podemos galegos están agora entregando cidades e pobos a eses cos que dixeron que non pactarían”. Algo do que, dixo, “os galegos están dándose conta e tomando boa nota”. Nas súas verbas, “a política é entender o resultado das urnas”, polo que, indicou “temos catro anos ata as próximas municipais para conseguir máis alcaldías, máis maiorías e recuperar voto nas áreas urbanas”. Por isto incidiu na importancia de ”seguir renovándose, porque a sociedade galega segue renovándose”. Neste senso apuntou que, aínda que o PPdeG acadou en Galicia 150 maiorías absolutas e gañou no 65 por cento dos concellos, “somos o partido maioritario e queremos ampliar as maiorías, que é o noso obxectivo”.

Fotografía: Gabinete de Comunicación del PPdeG
R.