Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Se constituyen las corporaciones municipales en Galicia tras las elecciones del 24-M: la capital de Galicia acoge a un Martiño Noriega que quiere recuperar el perfil y prestigio de la ciudad

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del Concello de Santiago de Compostela:

Martiño Noriega tomou posesión como novo alcalde de Santiago de Santiago de Compostela. Na súa intervención tras recibir o bastón de mando e prometer o seu cargo, solicitou á Corporación que sexa capaz de apostar polo "común denominador" en beneficio da cidade. Así, demandou que, máis alá das dinámicas partidarias e "dende o diálogo, a diferencia e a pluralidade", a cidade poida "recuperar o seu perfil, o seu latexo, o seu prestixio, e exercer como capital dun país que se sente orgulloso de tela como capital".

Noriega agradeceu ao pobo de Santiago "o apoio por esta encomenda, que acollo con ledicia e con moita responsabilidade" e comprometeuse a "gobernar para a maioría social", respondendo á "confianza dos veciños e veciñas" de Compostela.

Nas súas primeiras palabras como alcalde, Martiño Noriega recordou a Ánxel Casal, "unha das figuras que nós reivindicamos e que queremos recuperar na memoria desta cidade". Segundo apuntou, o editor e político galeguista, que tiña 40 anos -ao igual que Noriega- cando asumiu a Alcaldía de Santiago, encarnaba valores a recuperar para a cidade como a "sensibilidade social e cultural".

Entre os recordados nesta cita tamén estiveron a súa familia e persoas "excepcionais" coma o seu "mestre", Xosé Manuel Beiras, e os falecidos Isaac Díaz Pardo e Avelino Pousa Antelo, cuxa filla lle entregou unha flor de xasmín que luciu durante a cerimonia.

Ademais, o novo alcalde tivo palabras de lembranza para "os homes e mulleres que pasaron por esta Corporación e que axudaron a construír un relato de cidade que cómpre recuperar". Esta mención personificouna no ex alcalde Xerardo Estévez.

A última das reivindicacións de Martiño Noriega foi para Maruxa e Coralia "como mulleres e símbolos desta cidade, como persoas que deben ser o motor da nosa acción día a día, como persoas que deben estar por diante dos números, dos corsés e da burocracia, como persoas con principio e fin, que é a nosa razón de ser como representantes públicos".

Martiño Noriega foi elixido como alcalde na primeira votación por maioría simple, ao obter 12 votos a favor: os dez da súa formación, Compostela Aberta, e os dous do BNG. O Partido Popular votou a favor do seu candidato, Agustín Hernández, mentres que os catro edís PSdG-PSOE votaron en branco.

A composición da Corporación queda do seguinte xeito: Martiño Noriega, María Rozas, Jorge Duarte, Branca Noveneyra, Xan Duro, Concha Fernández, Manuel Dios, Marta Lois, Rafael Peña e Noa Morales, por Compostela Aberta; Agustín Hernández, María José Castro, Alejandro Sánchez-Brunete, María Antón, María José Corral, Manuel Martínez, Teresa Gutiérrez, Maite Cancelo e Claudio Montiel, polo PP; Francisco Reyes, María José Tobar, Gonzalo Muíños e Milagros Castro, polo PSdeG-PSOE; e Rubén Cela e Goretti Sanmartín, polo BNG.

Gabinete de Comunicación del Concello de Ourense:

Jesús Vázquez Abad tomou posesión como novo alcalde de Ourense no pleno da Constitución da Corporacion Municipal, que tivo lugar no salón de plenos do Concello. Vázquez Abad, candidato do PP, foi investido alcalde por ser o concelleiro/a que encabezou a lista que obtivo un maior número de votos nas eleccións municipais do dia 24 de maio.

O Pleno comezou coa toma de posesión dos 27 concelleiros e concelleiras que desde hoxe integran a Corporación Municipal: 10 polo Partido Popular, 8 por Democracia Ourensana, 6 por PSdeG-PSOE e 3 por Ourense en Común.

Trala votación para a elección de alcalde, o candidato do PP, Jesús Vázquez, recibiu 10 votos, o cabeza de lista de DO Gonzalo Jácome 8, José Ángel Vázquez Barquero, do PSdeG-PSOE obtivo 6 e Miguel Doval, de Ourense en Común, 3. Unha vez finalizado o escrutinio, ao non rexistrarse maioría absoluta, foi proclamado Jesús Vázquez, que encabezou a lista que obtivo o maior número de votos nas pasadas eleccións do 24 de maio.

Na súa investidura, o novo alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, expresou a súa vontade de ser o alcalde de tódolos ourensáns, e avanzou unha política de man tendida, diálogo, transparencia, centrada no beneficio colectivo e na busca do consenso.

Unha etapa de 4 anos de retos para a cidade, dixo, na que citou eixos estratégicos como o ordenamento urbanístico, as infraestruturas ferroviarias, o termalismo, turismo, comercio, coidado das persoas maiores e os servizos sociais, entre outros.

Fotografía: Gabinete de Comunicación del Concello de Santiago de Compostela
R.