Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Comienzan los trabajos en las nuevas corporaciones locales. En la capital de Galicia, el alcalde asume la portavocía, relaciones instituciones, régimen interior y política lingüística

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del Concello de Santiago:

O alcalde compostelán, Martiño Noriega, presentou en rolda de prensa o reparto de áreas do novo Goberno local, acompañado polos outros nove integrantes do mesmo. O reparto de competencias, dixo, responde a unha filosofía de "cooperación e transversalidade" e a unha vocación de propiciar a participación dunha "cidadanía activa" na toma de decisións.

Noriega destacou a "recoñecida solvencia profesional" dos responsables das nove áreas de goberno que, xunto a el, asumen a súa tarefa con "ilusión e responsabilidade". Así, apuntou que cada un dos concelleiros ten un perfil moi determinado, con experiencia nas áreas das que asumen agora a dirección.

A distribución de áreas e a composición da Xunta de Goberno é provisoria, á espera da resolución das conversas con PSdG-PSOE e BNG e da decisión que sobre as mesmas adopte Compostela Aberta. Non obstante, indicou que estes diálogos "non poden paralizar a vida municipal", e de aí un reparto que, en calquera caso, deberá ser ratificado no próximo Pleno municipal.

O propio alcalde asumirá varias competencias, como a de Réxime Interno, no que se inclúen materias como persoal, contratación, arquivo, innovación e informática. Tamén se ocupará de lingua e da participación e as relacións veciñais. Será tamén voceiro da Xunta de Goberno.

Rafael Peña ocuparase da Área de Medio Rural e Equilibrio Territorial. Ademais das competencias relacionadas coas parroquias do rural compostelán, terá asignada a Brigada de Obras.

Outra das áreas será a de Mocidade, Deporte e Benestar Animal, competencia esta última que inclúe o Refuxio de Animais de Bando. Dirixirá esta concellería Noa Morales.

Xan Duro encargarase dunha área, a de Medio Ambiente e Convivencia, que aglutinará varios departamentos, como os de sustentabilidade (RSU, auga, enerxía e consumo) ou parques e xardíns. Baixo o epígrafe de convivencia, o Goberno local sitúa a dirección de Policía Local, Bombeiros e Protección Civil. Duro será tamén o secretario da Xunta de Goberno.

Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo será a área dirixida por Marta Lois. Asumirá competencias en materia de igualdade, promoción económica, emprego, mercados, comercio e turismo.

Branca Novoneyra ocuparase da Área de Acción Cultural, na que quedará integrado o Auditorio de Galicia, o Teatro Principal e a rede de centros socioculturais. Tamén dirixirá o departamento de festas e será a terceira tenente de alcalde.

Das contas municipais, englobadas na Área de Economía e Facenda, encargarase María Rozas, con competencias en planificación económica e financeira, xestión tributaria, xestión orzamentaria e política fiscal. Ademais, asume a primeira Tenencia de Alcaldía.

Concha Fernández responsabilizarase da Área de Políticas Sociais e Diversidade. Nesta concellería xuntaranse as competencias de políticas sociais, diversidade e saúde, economía social, UMAD, UAMI e cooperación.

Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade será a área que dirixirá Jorge Duarte. Os departamentos de cidade histórica, planeamento, urbanismo, dereito á vivenda, mobilidade e rehabilitación quedarán integrados nesta área. Será igualmente segundo tenente de alcalde.

Finalmente, créase a Área de Educación e Cidadanía, á fronte da cal estará Manolo Dios, con competencias en educación, cidadanía e dereitos humanos. El será quen represente a Santiago na Deputación Provincial da Coruña.

A Xunta de Goberno, presidida polo alcalde e voceiro da mesma, estará integrada por María Rozas, Jorge Duarte, Branca Novoneyra, Xan Duro (secretario) e Concha Fernández.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del Concello de Ourense:

O alcalde asigna as atribucións aos concelleiros do goberno municipal. Jesús Vázquez nomea cinco tenentes de alcalde: Francisco González, María Sofía Godoy, Isabel María Castelo, José Araújo e Jorge Pumar

Na concelleira María Sofía Godoy Gómez-Franqueira, o alcalde delega o exercizo das seguintes atribucións:
-Asuntos Sociais
-Sanidade
-Muller
-Igualdade
-Xuventude
-Voluntariado
María Sofía Godoy Gómez-Franqueira (Ribadavia, 1968): Diplomada en Relacións Laborais, máster en Xestión de Cooperativas pola Universidade de Mondragón, máster en Dirección de Recursos Humáns, pola Escola de Negocios de Caixanova, advanced Management Program, polo Instituto de Empresa, programa Certificación Internacional experto en Coaching, polo Instituto Europeo de Coaching no Grupo Coren dende 1993, con diferentes responsabilidades na xestión de recursos humanoss, e dende 2008, xerente da Fundación Coren, onde puxo en marcha e xestionaba a área de responsabilidade social corporativa do Grupo Coren, cun plan específico que deu servizo a máis de 65.000 beneficiarios/as de toda Galicia, con maior incidencia en Ourense.
Tamén liderou plans de inclusión social, plans de emprego para persoas con discapacidade e posta en marcha de cooperativas para desempregados, así como formación para o desenvolvemento rural e programas de envellecemento activo para a terceira idade dos núcleos rurais.

No concelleiro Francisco González Bouzán:
-Portavocía do goberno
-Cultura
-Recursos Humanos
Francisco González Bouzán: (A Peroxa, 1960). Licenciado en Psicoloxía Xornalista. Experiencia en diferentes medios de comunicación (Radio Galega, Faro de Vigo e comunicacións institucional), Autor de varias publicacións sobre arte en Ourense, Técnico da Administración, Director do Centro Cultural da Deputación "Marcos Valcárcel", Director da Escola de Artes e Oficios da Deputación de Ourense

Na concelleira Ana María Fernández Morenza:
-Facenda
-Fondos Europeos
-Comercio
Ana María Fernández Morenza: (A Pobra de Trives, 1975) Licenciada en Dereito. Avogada. Foi membro da Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Avogados e responsable da Comisión sobre Violencia de Xénero e ponente. Mediadora de seguros titulada. Foi docente na Escola de Práctica Xurídica do Colexio Oficial de Avogados.

No concelleiro José Araújo Fernández:
-Infraestruturas
-Perímetro Rural
-Parques e Xardíns
-Medio Ambiente
-Servizo Eléctrico
-Limpeza
-Transporte Público
-Viceportavoz
José Araújo Fernández (Francia, 1971) Diplomado en Ciencias Empresariais. Empresario. Ex xerente do Festival de Cine de Ourense. Concelleiro dende 2003. Presidente do Distrito de A Ponte Centro

Na concelleira Isabel María Castelo Villanueva:
-Turismo e Termalismo
-Compras, suministros e contratación
-Formación Ocupacional
Isabel María Castelo Villanueva (Ourense, 1963). Licenciada en Dereito pola USC. Avogada. Foi maxistrada suplente da Audiencia Provincial de Ourense (1988/89). Foi Secretaria xeral do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela durante o curso académico 92/93. Desempeñou o cargo de Xefa de Gabinete do conselleiro da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia (IV Lexislatura)

No concelleiro Jorge Pumar Tesouro:
-Servizos Xerais
-Promoción Económica
-Portavoz terceiro
Jorge Pumar Tesouro (Ourense, 1975). Diplomado en Ciencias Empresariais. Máster en Axentes de Emprego e curso superior de Técnico na Administración Local. Técnico local de Emprego no Concello de Coles. Asesor do Grupo Municipal do PP no Concello de Ourense (2011/2015). Presidente do Distrito de Mariñamansa e vicesecretario xeral do PPOU

No concelleiro José Mario Guede Fernández:
-Deportes
Mario Guede (Ourense, 1952). Diplomado en Maxisterio. Mestre. Entrenador Nacional de fútbol. Concelleiro de Deportes (2003-2007). Xefe do servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia dende 2009

Na concelleira María Belén Iglesias Cortés:
-Participación Cidadá
-Educación
María Belén Iglesias Cortés (Ourense, 1963). Licenciada en Pedagoxía. Pedagoga. Concelleira do Grupo Municipal do PP de Ourense (2007-2011 e 2011-2015). Presidenta do Distrito San Francisco-Barrocás-Santa Mariña

No concelleiro José Jesús Cudeiro Mazaira:
-Urbanismo e Planeamento
José Jesús Cudeiro Mazaira (Ourense, 1952). Licenciado en Dereito. Avogado.
Asesor técnico na Deputación de Ourense. Ex director xeral de Urbanismo (1997/2003). Ex director xeral de desenvolvemento rural (2003/2005)

As delegacións efectuadas polo alcalde inclúen a autorización e disposición de gastos, as facultades de dirección e xestión dos servizos correspondentes así como a facultade de resolver mediante actos administrativos que afecten a terceiros e a resolución de recursos.
Deste decreto de delegación de atribucións darase conta ao Pleno do Concello, na primeira sesión que celebre.

As xuntas de área, de carácter informativo para os representantes dos diferentes grupos políticos serán as seguintes:

Urbanismo e Vivenda
Infraestruturas, Medio Ambiente e Participación Cidadá
Facenda, Persoal e Servizos Xerais
Cultura, Educación, Turismo e Termalismo
Benestar Social
Promoción Económica, Comercio e Emprego

Tenentes de Alcalde
O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, nomeará cinco tenentes de alcalde no seu goberno municipal. Serán os seguintes:
-Tenente de alcalde primeiro: Francisco González Bouzán
-Tenente de alcalde segundo: María Sofía Godoy Gómez-Franqueira
-Tenente de alcalde terceiro: Isabel María Castelo Villanueva
-Tenente de alcalde cuarto: José Araújo Fernández
-Tenente de alcalde quinto: Jorge Pumar Tesouro

Fotografía: Gabinete de Comunicación del Concello de Santiago
R.