El PPdeG hace efectivo en el Parlamento de Galicia su bloqueo a la designación del socialista Gómez Besteiro como senador autonómico

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, cualificou de “exercicio de autoritarismo sen precedentes” o veto de Feijóo e do PP á designación do secretario xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, como senador por representación autonómica. O PP suspendeu hoxe un Pleno Extraordinario convocado oficialmente “só para boicotear a capacidade de representación do Grupo Socialista”.
O responsable socialista lembrou que ao Grupo Socialista correspóndelle designar ao senador autonómico para suplir a baixa da tamén senadora socialista por designación autonómica Paula Fernández Pena. “Hoxe, sorprendentemente, -engadiu- o Grupo Maioritario vota a supresión dese punto na orde do día”, que era o único dun Pleno Extraordinario celebrado antes do Pleno ordinario.
Subliñou que “estamos en actitude de diálogo, e non podemos aceptar autoritarismo de parte nin caprichos” de Feijóo derivados de “non saber aceptar os resultados electorais”. Méndez Romeu acusou ao PP de acudir a unha “triquiñuela legal” para “impedir o dereito deste grupo a contar cun senador por representación autonómica” e “obstaculizar e boicotear a capacidade de representación do Grupo Socalista”.
Subliñou que “se se engade que o candidato era o propio secretario xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, queda claro que estamos diante dun ataque á posibilidade de que o secretario xeral exerza un escano no Senado en representación de Galicia”. Cualificou este veto do PP de “manobra infantil, caprichosa e inútil”, ademais de “autoritaria e despótica coas normas”.
O portavoz socialista lembrou, en declaracións aos medios de comunicación, que este boicot é semellante ao que o propio PP mantivo en Valencia para impedir “durante moitos meses” o nomeamento dun senador por designación autonómica”. Resumiu que se trata duns “usos infantís incompatibles coas conviccións democráticas”.
José Luis Méndez Romeu apelou á “honestidade” de Feijóo para “restaurar o funcionamento normal das institucións galegas” e lembrou que logo do Pleno ordinario de esta semana terá lugar un novo pleno extraordinario previsto para o mes de xullo.
Méndez Romeu confirmou que “non hai relación causa – efecto” da designación do senador que lle corresponde ao Grupo Socialista con “outros asuntos como a renovación do Consello de Contas”, que “seguen a súa propia dinámica: non hai acordo e adíase a elección ata que exista dito acordo”.
Acusou así ao vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, de “faltar á vedade” e “mezclar churras con merinas para tentar de confundir á opinión pública” ao apelar a un suposto “pacto” que incluiría a designación do senador coa renovación de outros órganos que o PP mantén bloqueados.
Lembrou que “hai tres órganos pendentes de renovación”, que son o Consello de Contas, onde “non existe acordo” por unha “discrepancia sobre o perfil” das propostas, e mentres o PP veta ao candidato socialista polo seu “perfil político”, ao tempo que presentan como candidato propio “unha persoa con practicamente o mesmo perfil político”
Outro dos órganos pendentes é o Valedor do Pobo, un proceso de renovación adiado dende hai 3 anos e que ven de ser “iniciado con normalidade”. Mentres, o PP mantén paralizada a aplicación da Lei de medios públicos de comunicación para impedir a renovación da CRTVG e “porque o goberno non quere deixar de continuar tendo un órgano –o Consello da CRTVG- politizado de costas ás necesidades informativas do país”.
R.