Feijóo insiste en que volvería a anular el concurso eólico del gobierno bipartito mientras el BNG reprueba su actitud

Durante o Pleno, Feijóo referiuse tamén ás 12 sentencias do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que avalan a decisión do Goberno galego de anular o concurso eólico do bipartito; “un concurso –lembrou- cuestionado polo Consello Consultivo que dixo que tiña tachas de ilegalidade, polos propios membros do Goberno do bipartito e polos 55 recursos que ten aínda”, remarcou.
Diante desta situación, o responsable autonómico subliñou que o actual Goberno tomou a decisión de “derrogar o decreto, revisar o concurso e recuperar o tempo perdido”. “É dicir, cumprimos co compromiso de deixar sen efecto ese concurso con tachas de ilegalidade”, incidiu.
O titular da Xunta concluíu precisando que, na actualidade, o 83% do concurso eólico de 2010 está xa en trámite, cunha execución de 800 millóns de euros e a xeración de 1.800 postos de traballo. “E o canon eólico permitiu recadar 137 millóns que se están redistribuíndo nos concellos e na Xunta para facer, entre outras cousas, política social”, engadiu.
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación del BNG:
Qué opinión lle merece a sentenza do Tribunal Supremo que ratifica a ilegalidade da anulación do concurso eólico?, preguntou Jorquera a Feijóo.
Vostede chegou á Presidencia da Xunta apoiándose en grandes falsidades, a falsidade das fotos do anterior vicepresidente nun barco cunha persoa cuxa honorabilidade “ninguén puxo en dúbida”, fotos feitas anos antes de ser publicadas pero logo soubemos que existían outras fotos tamén en barcos, “as súas, señor Feijóo” cun coñecido narcotraficante.
Falsidades como a ilegalidade dun concurso eólico do que agora a Xustiza di que o seu goberno provocou “unha situación de inseguridade xurídica” e que a ilegalidade “cometérona vostedes” ao anulalo. Vai asumir responsabilidades ante a ilegalidade da suspensión do concurso eólico ou vai seguir mirando para outro lado?, concluíu Jorquera.
Tras a intervención do Presidente da Xunta que defendeu as súas políticas por non poder facer outra cousa por mor da crise económica
O parlamentario do BNG afirmou que aquela anulación foi unha “decisión sectaria, irresponsábel e aínda por riba ilegal”.
As consecuencias desa decisión, “pagámolas todos e todas” e esa ilegalidade pode dar lugar a múltiples reclamacións de indemnizacións ademais de supor a parálise e desfeita do sector eólico coa perda de milleiros de postos de traballo polo que, de novo, pediu responsabilidades ao Presidente da Xunta.
R.