El PSdeG cree que la reforma de la Ley de Financiación de los partidos políticos es innecesaria e inoportuna. Besteiro aún confía en un gobierno progresista en la Diputación de Lugo

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, cualificou de “innecesaria e inoportuna” a nova Lei de Financiamento das Formacións Políticas, que foi aprobada en Comisión coa abstención dos socialistas galegos. O PP admitiu en ponencia un total de 40 emendas que evidencian as eivas do texto orixinal.
O responsable socialista recoñeceu que o debate parlamentario mellorou considerablemente o texto orixinal, presentado polo goberno galego logo dun trámite no Consello de Contas que provocou dúbidas por ser furtado ao pleno do órgano e aprobado co voto particular en contra do ex presidente da Xunta Emilio Pérez Touriño.
Méndez Romeu reclamou “manter o consenso básico en materia electoral”, que se mantivo durante 35 anos ata a chegada de Rajoy e Feijóo, e lembrou a esixencia de que a normativa galega estea de acordo co marco establecido pola norma estatal. Sinalou que “o marco xeral permite a libre concorrencia das formacións políticas, e a adaptación ás eleccións autonómicas non debera correr risco de confusión xurídica co marco xeral”.
Finalmente o trámite parlamentario evidenciou que os ponentes do PP que redactaron o texto no órgano consultivo “demostraron descoñecer a lexislación estatal sobre o réxime dos partidos políticos” que por outra banda está a ser modificada neste momento nas Cortes Xerais. O texto final ofrece mais seguridade xurídica e sortea as contradicións coa Lei de Réxime Electoral Xeral ou as competencias do Tribunal de Cuentas.
Lembrou que a norma regula unha modificación da lexislación electoral galega “absolutamente innecesaria” e abre unha nova liña de financiamento das formacións políticas galegas con representación parlamentaria que resulta “totalmente inoportuna”.
Polo camiño, dixo, o texto orixinal atentaba contra a autonomía da Cámara para autorregularse e fixar o financiamento dos grupos parlamentarios, o que logo do debate parlamentario “queda desbotado e non haberá incompatibilidade no réxime financeiro das forzas políticas e as subvencións”.
Os socialistas votaron en contra ao ditame da ponencia sobre a proposición de Lei de ILP e participación cidadá no Parlamento, presentada polo PP e que foi aprobada hoxe por este partido co voto en contra dos socialistas galegos, co que o texto será enviado a Pleno para o seu debate final.
Méndez Romeu sinalou que a Lei “non aporta novidades relevantes respecto da lexislación vixente” e regula unha “teórica apertura das canles de participación popular no Parlamento” que en realidade “xa existían”. Constitúe en definitiva un “texto absolutamente pouco innovador” que apenas regula “cambios meramente formais”.
Emprazou ao debate sobre a proposición de Lei de Reforma do Regulamento presentada polos socialistas galegos para abrir realmente a Cámara á participación cidadá e garantir a intervención directa da sociedade civil no debate parlamentario.
R.