Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

La Universidade de Santiago (USC) dice que no reclamará fondos a la Xunta como hace la UDC y el alcalde de Santiago se compromete a aplicar los acuerdos del Campus Vida

Nota de prensa del Gabinete de la Universidade de Santiago de Compostela (USC):

O reitor Juan Viaño mantivo unha xuntanza co alcalde de Santiago, Martiño Noriega, que abre unha etapa nova cunha “vocación clara de establecer unha interlocución estable e operativa” entre ambas institucións, na que o concello sinala a universidade compostelá como “un sector estratéxico da cidade” cuxo valor engadido debe repercutir en Santiago, sinalou o rexedor. Nun encontro cos medios de comunicación posterior á xuntanza, o concello manifestou a súa “absoluta vontade de acompañar a USC nas súas xustas reivindicacións”, en alusión á negociación do plan de financiamento, asunto no que Martiño Noriega avogou porque os recursos económicos “permitan unha viabilidade digna da USC acorde co seu peso e traxectoria”.

Na reunión abordáronse tamén cuestións relativas ao futuro Campus da Saúde que aglutinará as facultades de Medicina, Odontoloxía e Enfermería. Neste senso, o alcalde expresou a "vontade facilitadora" do Concello a un proxecto "ambicioso e complexo", que supón "unha aposta pola especialización e por un eixe de forza da USC". Neste sentido, apuntou a necesidade de "reactivar" a mesa a tres bandas entre Concello, Sergas e USC para avanzar na concreción destes equipamentos.

Outro dos temas enumerados por Juan Viaño foi o convenio que mantén a USC co Concello en relación ao mantemento de Campus Vida, respecto do que se vai estudar o contido do acordo, coa intención de avanzar no seu cumprimento, concretamente en materias como o mantemento da rede viaria ou exencións fiscais. Outras das propostas enumeradas polo reitor fixeron alusión a iniciativas conxuntas en materias como a divulgación científica, a colaboración na recepción de estudantes estranxeiros ou o proxecto universitario do Campus da Cidadanía.

Nota de prensa del Gabinete del Concello de Santiago:

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o reitor da Universidade de Santiago, Juan Viaño, mantiveron unha xuntanza en Raxoi. Neste primeiro contacto repasaron algúns dos temas comúns que afectan á cidade e á institución, abrindo así unha etapa de "interlocución estable e operativa", en palabras do rexedor municipal.

Na reunión abordáronse cuestións como o futuro Campus da Saúde, que aglutinará as facultades de Medicina, Odontoloxía e Enfermería. Noriega expresou a "vontade facilitadora" do Concello a un proxecto "ambicioso e complexo", que supón "unha aposta pola especialización e por un eixe de forza da USC". Neste sentido, apuntou a necesidade de "reactivar" a mesa a tres bandas entre Concello, Sergas e USC para avanzar na concreción destes equipamentos.

Ademais, falouse do convenio que mantén a USC co Concello en relación ao Campus Vida. O rexedor compostelán apuntou que se vai estudar o contido do acordo, coa intención de "ir cumprindo" o mesmo, xa que afirmou ter constatado incumprimentos por parte do Concello en materias como o mantemento da rede viaria ou exencións fiscais.

Tampouco faltaron na conversa as referencias ao financiamento universitario. Sobre as negociacións ao respecto, Martiño Noriega demandou para a USC "un financiamento que permita unha viabilidade digna e acorde co peso específico e coa traxectoria da Universidade".

O alcalde tamén escoitou as propostas do reitor en materias como a divulgación científica, a colaboración na recepción de estudantes estranxeiros ou o proxecto universitario do Campus da Cidadanía.

Juan Viaño agradeceu a "dispoñibilidade" de Martiño Noriega, coa que "nace unha nova etapa de colaboración". Así o reiterou tamén o alcalde, quen defendeu o carácter "estratéxico" da USC para a cidade e o "valor engadido" que lle achega á mesma.

Fotografía: Gabinete del Concello de Santiago
R.