Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Baja el paro en Galicia en casi 8.000 personas en junio y se registran 229.062 desempleados. La Seguridad Social gana 6.592 afiliados

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

Galicia cerró el mes de junio con 7.919 personas desempleadas menos que en mayo, lo que se traduce en términos porcentuales en una bajada del 3,34%, según los datos del paro registrado. De este modo, el número de inscritos en las oficinas de empleo se sitúa actualmente en las 229.062 personas.

La directora general de Empleo y Formación, Ana María Díaz, destacó que se trata de la quinta bajada intermensual en lo que va de año “y la mayor de todas ellas, tanto en términos absolutos cómo relativos”. Además, Galicia “se vuelve a comportar mejor” que el promedio estatal, tanto a nivel mensual como interanual.

Al respecto, Díaz López resaltó que ya se acumulan veinte bajadas consecutivas interanuales desde noviembre de 2013. Además, este mes de junio registró el segundo mayor descenso interanual, en tener absolutos y relativos, de toda la serie histórica (estadísticas desde 1996). En concreto, el descenso con respecto a junio del año anterior fue de 23.248 personas desempleadas, un -9,21 por ciento.

Gracias a este comportamiento, Galicia vuelve a niveles de paro inferiores a los que existían en 2011, esto es, “hoy tenemos menos inscritos en las oficinas de los que había hace cuatro años”.

En España, el desempleo bajó en 94.727 personas, un 2,25 por ciento, hasta situarse en los 4.120.304 parados. En tener interanuales, el paro en España disminuyó en un 7,40%.

Por sectores, el desempleo desciende en todos ellos, pero la principal merma de estos mes se concentra en el sector servicios (-4.397). A continuación se sitúa la construcción (-1.116), que es, además, el sector económico que presenta un mayor descenso en tener relativos. Le siguen la industria (-1.072), el colectivo sin empleo anterior (-1.027), y la agricultura y la pesca (-307)

Por provincias, el desempleo bajó en todas ellas, especialmente en Pontevedra (-3.513), seguida por la Coruña (-3.007), Ourense (-881) y Lugo (-518).

En la evolución de los contratos, este mes se registraron un total de 85.271 contratos, 16.998 más que en el mes anterior. De este total, 5.802 fueron indefinidos (6,81%), y 79.469 temporales (93,19%). En el campo de los contratos, también se registra una interanual positiva del 14,89%.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de CC.OO.:

O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO) estima positivo o descenso do paro durante o mes de xuño. Non obstante, o sindicato lamenta que este descenso do desemprego se produza á custa da precariedade laboral, con contratos «por días» e unha «elevada taxa de rotación». Segundo os datos oficiais, un amplo sector da poboación «foi contratado por escasos días numerosas veces», de media, doce por persoa.

Os datos das oficinas públicas de emprego sinalan que en xuño se formalizaron 79.469 contratos temporais para 6.592 afiliadas e afiliados á seguridade social; isto é, doce contratos temporais para cada nova persoa afiliada. Esta tendencia xa a apuntaba o Instituto Galego de Estatística (IGE) o pasado mes de maio, segundo o cal, o 35 % dos contratos rexistrados tiñan unha duración inferior á semana e unha porcentaxe similar era de duración indeterminada. Por esta razón, Maica Bouza coida que se está a crear un emprego «fráxil e sen dereitos» que, ademais, «ten data de caducidade, como xa alertamos cando se fixeron públicos os datos do paro rexistrado do mes de maio».

Por outra parte, CCOO observa que persiste aínda o abandono do mercado laboral galego, pois o paro rexistrado descendeu en 7.919 persoas, pero a afiliación á seguridade social só se incrementou en 6.592. A esta diferenza tamén contribúe que moitas persoas deixaron de recibir prestacións por desemprego e xa non acoden a renovar as súas demandas, é dicir, non constan como desempregadas. Precisamente, a cobertura por desemprego segue baixando de maneira alarmante: case cinco puntos nun só ano e cada vez máis persoas perciben subsidios por desemprego fronte ás perceptoras de prestacións contributivas.

Para CCOO, todo isto proba que «os poderes públicos seguen sen abordar o problema do emprego». Co actual modelo produtivo «créase emprego precario en sectores sen perspectiva de futuro», polo que se acabará «reproducindo» o acontecido durante a crise. É necesario outro modelo produtivo, con outro tipo de emprego, «porque así non saímos da crise nin as persoas saen da pobreza», sinala Bouza.

Ademais, cómpren «políticas que poñan as persoas no centro de atención e incrementen a protección social» para eliminar as situacións de pobreza e exclusión que se están a producir. Nesta liña CCOO e UGT impulsan unha iniciativa lexislativa popular de ámbito estatal, para implantar unha prestación de ingresos mínimos que ten como finalidade protexer moitas persoas hoxe excluídas da cobertura por desemprego. Trátase dunha prestación equivalente ao 80 % do IPREM (426 euros mensuais), destinada a quen leve máis dun ano en desemprego, que careza de rendas e que non reúna os requisitos para acceder a prestacións contributivas ou asistenciais de ningún tipo.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de CIG:

A análise da contratación tamén amosa unha realidade preocupante, xa que dos 85.271 contratos rexistrados en Galiza durante o mes de xuño só un 6,8% se inscribiron baixo algunha das modalidades de contratación indefinida existentes. En xuño de 2014 o número de contratos indefinidos fora do 7,3%.

O secretario confederal de Emprego e Industria da CIG, Miguel Malvido, indica que estes datos, no seu conxunto, amosan unha vez máis o fracaso das políticas que está a aplicar o Goberno español e a Xunta do PP. “Non se ve a recuperación económica que nos queren vender por ningún lado, e ademais vese que é falso que cando medra o PIB aumenta o emprego”, sostén.

Ao mesmo tempo, denuncia que o único que non deixa de crecer é o emprego precario e en consecuencia o número de persoas en risco de exclusión social, “xa que cada vez son máis os parados/as que non teñen ningún ingreso”.
R.