Podemos, EU y Anova confirman sus diferencias sobre la continuidad de la marea gallega: Pablo Iglesias apuesta por un grupo gallego propio en el Congreso con Podemos

“Cada quen é libre de formular as propostas que considere oportunas, pero no BNG temos claro que Galiza precisa unha candidatura unitaria que permita lle permita unha representación forte no Congreso para defender os seus intereses”, salientou o portavoz nacional, Xavier Vence, preguntado pola visita de Pablo Iglesias a Galiza.
“Esa candidatura de unidade tería personalidade xurídica e respondería exclusivamente ao que se decida en Galiza”, afondou Vence, quen considera que as propostas feitas por forzas políticas estatais “son lexítimas, pero non responden aos intereses inmediatos e estratéxicos dos galegos e galegas”.
“O que cumpre facer para Galiza é todo o contrario do que estes días formula o señor Pablo Iglesias que ten toda a lexitimidade para construír unha forza política estatal que despraza as que xa existían”, declarou a preguntas dos medios.
Vence chamou a atención sobre as contradicións da proposta de Pablo Iglesias, nas antípodas de quen di representar “á nova política”.
“Aqueles que naceron contra as organizacións políticas e con vocación de antipartido resulta que se rebelan como os maiores defensores dunha marca e dunhas siglas, aqueles que se levantaron defendendo a iniciativa da cidadanía por abaixo e non desde as cúpulas vemos que, neste momento, son os que toman decisións de xeito máis vertical e tratan de impoñer as súas siglas para a conformación de candidaturas ao largo e ancho do territorio español”, argumento Vence.
Nesta enumeración de facer o contrario do que se di, o dirixente nacionalista, tamén sinalou que “aqueles que naceron dicindo que eran moi respectuosos co dereito a decidir o coas iniciativas das diferentes nacións, agora formulan unha estratexia política que resulta rechamantemente centralista en comparación mesmo co que son as propostas políticas que había tradicionalmente no Estado español”.
O BNG formulou unha proposta que pasa por renunciar as súas propias siglas en aras de sumar e conformar unha candidatura galega de unidade, - un suxeito político novo-, con todas as forzas políticas e con toda a cidadanía que comparta o obxectivo de que Galiza teña unha voz forte en Madrid a través dun grupo parlamentario propio.
Nota de Marea Atlántica en Facebook:
Estivemos a conversar con Pablo Iglesias (Podemos), sobre as vindeiras eleccións xerais. Na Marea Atlántica seguiremos camiñando e traballando para concretar a nosa proposta. Unha proposta de ruptura e protagonizada pola cidadanía.
Fotografía: https://www.facebook.com/mareAtlantica/photos/pcb.1032435306768263/1032434813434979/?type=1&theater
R.